Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente por infracción da Lei de pesca fluvial OU 111/99P.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúen, por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (Diario Oficial de Galicia nº 151 do 5 de agosto) e máis do seu regulamento aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións consideren pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º planta, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiráselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

Ourense, 13 de xaneiro de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 111/99P.

Denunciado: José Ramón Gómez-Ogando Conde.

DNI: 34.598.260.

Derradeiro enderezo coñecido: Reza, nº 13-1º. Ourense.

Feito probado: pescar cangrexos, sen licencia de pesca, ás 2.50 horas da noite, empregando nasas.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 35.19º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: multa de 500.001 pesetas e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante dous anos.