Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 13 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de pesca fluvial OU 169/99P (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 7/1992 de 24 de xullo, de pesca fluvial (Diario Oficial de Galicia nº 151, do 5 de agosto) e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza desta resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º planta, en Ourense. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade coa previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 13 de xaneiro de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

-Expediente: OU 169/99-P.-Denunciado: Alberto Puigdomenech Jiménez.-DNI: 34.901.059.-Último enderezo coñecido: Finca Fierro, rúa A, número 9, Barbadás (Ourense).-Feito probado: ceba-las augas con fins de pesca.-Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.14º da Lei de pesca fluvial.-Cualificación: menos grave.-Sanción: multa de 50.001 pesetas e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.