Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.824

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Plásticos de Galicia, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Plásticos de Galicia, S.A., con nº de código 3602502, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-12-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 19-10-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de decembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Reunidos a dirección e o comité de empresa de Plásticos de Galicia, S.A., acordan a aplicación do seguinte pacto de extensión ó XII convenio xeral da industria química, e sucesivos, aplicable en Plásticos de Galicia, S.A., sito en 1ª Travesía Alcalde Portanet, nº 8, Vigo (Pontevedra).

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

Este pacto afectará a totalidade do cadro de persoal de Plásticos de Galicia, S.A., tanto actual como futuro e a tódolos seus centros de traballo.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Terá vixencia para os anos 1999, 2000, 2001, 2002, 2003 e 2004; prorrogarase automaticamente mentres non sexa denunciado por calquera das partes asinantes. A denuncia deste pacto poderá facerse por escrito, entregándollo para o efecto á outra parte dentro do cuarto trimestre do ano 2004. Calquera pacto posterior que anule ou modifique este deberá ser notificado e rexistrado na mesma delegación provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ca este, para a súa constancia oficial.

Os efectos económicos retrotraeranse ó 1 de xaneiro de 1999 para o primeiro ano de vixencia, ó 1 de xaneiro de 2000 para o segundo ano de vixencia, ó 1 de xaneiro de 2001 para o terceiro ano de vixencia, ó 1 de xaneiro do 2002 para o cuarto ano de vixencia, ó 1 de xaneiro do 2003 para o quinto ano de vixencia e ó 1 de xaneiro de 2004 para o sexto ano de vixencia.

Artigo 3º.-Garantías persoais.

Con independencia de que este documento recolla as melloras que colectivamente desfrutarán tódolos traballadores de Plásticos de Galicia, S.A., como extensión ó convenio xeral da industria química, ademais respectaranse as mellores condicións que cada traballador viñera desfrutando a título individual.

Artigo 4º.-Pagamento de salarios.

O pagamento de salarios farase efectivo, dentro da xornada laboral, por meses de 30 días ou ben mediante cheque ou transferencia bancaria. Cando o traballador optase pola transferencia bancaria, a empresa deberá asegurarse de que o aboamento na conta corrente ou cartilla de aforro do traballador se faga dentro do último día laborable do mes na empresa. Se o pagamento se fai por cheque, este seralle entregado ó traballador o día anterior ó último día laborable do mes na empresa.

1. Distribución do salario.

A distribución do salario farase en doce mensualidades ordinarias de 30 días de salario total e catro pagas extraordinarias da contía e nas datas que a seguir se indican: dúas pagas extras de 30 días de salario total cada unha, que serán aboadas como data límite o 15 de xullo a primeira, e o 15 de decembro a segunda. As outras dúas pagas extras serán 15 días de salario total cada unha, que serán aboadas a primeira conxuntamente coa paga ordinaria de marzo, e a segundo conxuntamente coa paga ordinaria de novembro de cada ano.

2. Salarios mínimos garantidos.

Quedan establecidos os seguintes salarios mínimos garantidos para cada categoría profesional de acordo coa táboa que se xunta como anexo I. (Tódolos traballadores de novo ingreso incluiranse nos grupos profesionais que correspondan en concordancia co convenio xeral da industria química; os seus salarios serán así mesmo os actualizados da táboa salarial

do anexo I). Estes salarios mínimos garantidos serán incrementados coas porcentaxes resultantes da aplicación dos incrementos e revisións salariais que cada ano fixe o convenio xeral da industria química.

Artigo 5º.-Incapacidade laboral transitoria ILT.

Ós traballadores en situación de ILT, a empresa complementarálle-las prestacións ata o 90% do salario total (así como se vén facendo ata a data), desde o primeiro día da baixa. Nos casos de hospitalización, accidente de traballo, enfermidade profesional ou maternidade, a empresa complementará as prestacións ata o 100% do salario total desde o primeiro día da baixa, así como a súa convalecencia posterior.

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

Os días durante os que se traballará en Plásticos de Galicia, S.A., serán 225 días laborables/ano, de luns a venres, e 1.743 horas con 45 minutos de xornada laboral anual efectiva, a cal non se reducirá ata que se iguale coa do convenio xeral da industria química.

Establécese unha xornada partida nas seguintes seccións: administración e comercial, materiais e coloreado, manipulados e montaxe, expedicións e almacén cos horarios seguintes:

1. De 8.30 h a 13.30 h e de 15 h a 17.45 h en administración e comercial.

2. De 9 h a 14 h e de 16 h a 19 h en exportación.

3. De 8 h a 13.15 e de 15 h a 17.30 h en materiais e coloreado, manipulados e montaxe, expedicións e almacén, oficina de producción.

Dúas quendas de traballo en matricería e xornada partida segundo as seccións, tales como banco e axustes e oficina técnica cos horarios seguintes:

1. De 7 h a 15 h o primeiro e de 15 h a 23 h o segundo en matricería.

2. De 8 h a 13.15 h e de 15 h a 17.30 h en banco e axuste.

Tres quendas na sección de máquinas inxectoras cos horarios seguintes:

1. De 6 h a 14 h o primeiro, de 14 h a 22 h a segunda e de 22 h a 6 h a terceira.

O bocadillo no traballo a quendas non se tomará fóra da empresa, senón no propio posto de traballo, compensando a empresa os 15 minutos de cada xornada traballada, pagando ese período a razón do prezo da hora ordinaria de traballo ou co correspondente descanso, segundo o criterio da propia empresa, asegurando así que non diminúan a cantidade e a calidade da producción.

A empresa comprométese ó acondicionamento da cantina.

Acordo sobre o establecemento da 4ª quenda en inxección, que completará as tres actualmente existentes, cando se adquiran novas máquinas inxectoras, acordándose no seu momento as condicións da súa organización e retribución económica.

Artigo 7º.-Vacacións.

As vacacións de verán empezarán o primeiro sábado de agosto, rematarán en domingo e a súa duración

será de 30 días (excepto as situacións excepcionais previstas na lexislación vixente ou o previsto no artigo 8º. Así mesmo, estableceranse quendas organizadas para garanti-lo servicio de pedidos durante o mes de agosto de forma voluntaria. Se o número de persoas voluntarias fose inferior a quince, as que falten serán fixadas de forma obrigatoria por sorteo. O cadro de distribución das vacacións será exposto nos taboleiros de anuncios para xeral coñecemento como data límite o día 30 de abril de cada ano.

As vacacións serán retribuídas conforme a media obtida por cada traballador, por tódolos conceptos salariais en xornada normal nos tres meses anteriores á data de inicio destas.

Aqueles traballadores que estean de baixa por ILT ou accidente de traballo ó inicio das vacacións, comezarán a desfrutalas en canto sexan dados de alta, se o proceso productivo o permite. (En calquera caso dentro do ano en curso).

Tódolos traballadores de Plásticos de Galicia, S.A., independentemente do tempo que estean de baixa por maternidade, ILT ou accidente de traballo, desfrutarán de 30 días de vacacións.

Artigo 8º.-Días inhábiles e días sobrantes.

1. Inhábiles.

Os días 5 de xaneiro, 24 e 31 de decembro serán considerados días inhábiles (no caso de non chega-lo número de días que se van traballar para alcanza-los 225 días, calquera destes poderán ser considerados días de vacacións e, polo tanto, serían reducidos os días laborais que correspondesen das vacacións de verán).

2. Días sobrantes.

Unha vez completados os festivos, fixadas as vacacións e computados os inhábiles (parágrafo anterior), de existiren días laborables que excedan os 225, estes serán considerados inhábiles e desfrutados en pontes ata un máximo de tres, o resto, de habelos, serán fixados de común acordo pola dirección e o comité de empresa, e de non haber acordo para fixar estas datas, estes serán fixados no período de Nadal ou de peche de inventario.

Para o ano 2000 ámbalas partes comprométense a te-lo calendario laboral aprobado antes do 31 de xaneiro do mesmo ano.

Artigo 9º.-Licencias e permisos.

Cadro de licencias retribuídas para o persoal desta empresa.

(Aprobado pola empresa o 20-10-1982).

1. Quince días naturais nos casos de casamento.

2. Dous días por nacemento de fillos/as, que poderán ser prorrogados por dous máis en caso de xustificación de enfermidade ou cando o traballador teña necesidade de realizar un desprazamento para o efecto.

3. Tres días naturais en caso de grave enfermidade ou morte dos pais, pais políticos, avós, avós políticos, fillos, fillos políticos, netos, esposa ou esposo, irmáns e irmáns políticos, que poderán ampliarse a cinco cando medie necesidade de desprazamento para o efecto.

4. Un día natural en caso de morte de tíos e tíos políticos.

5. Un día natural en caso de casamento de fillos, pais ou irmáns, na data de celebración da cerimonia.

6. Un día por traslado do domicilio habitual.

7. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e compensación económica.

8. Polo tempo establecido para desfrutar dos dereitos educativos xerais e da formación profesional, nos supostos e na forma regulados pola lexislación vixente.

9. As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións.

En canto ó sinalado dos números 1 ó 3, nos casos extraordinarios debidamente acreditados, tales licencias serán outorgadas polo tempo que sexa preciso segundo as circunstancias, convíndose as condicións da concesión e podendo acordarse a non-percepción de haberes.

Nota aclaratoria:

O aviso das ausencias debe ser previo, razoablemente previo, segundo as circunstancias; a xustificación pode ser posterior, e normalmente serao, porque esta consiste na proba de que efectivamente a ausencia se empregou no motivo legal avisado previamente.

Artigo 10º.-Axuda escolar.

Creouse este fondo de axuda escolar como parte da masa salarial para os traballadores e os seus fillos. Para optar á súa concesión deberán xuntarse coa solicitude, os comprobantes de estar matriculado nos estudios ou cursos oficiais para os cales se solicita. Será aboada pola empresa antes do 30 de setembro de cada ano para os traballadores que teñan entregada a documentación o 25 de setembro; ós restantes seralles aboada unha vez entregada a documentación para o efecto. Serán beneficiarios desta, tanto os traballadores coma os seus fillos na contía que se indica no anexo IV, que deberá ser incrementada cada ano na mesma porcentaxe có incremento salarial e revisións salariais do ano en cuestión.

Artigo 11º.-Complementos obrigatorios.

Os complementos de nocturnidade, toxicidade e penosidade calcularanse a razón do 25% sobre a táboa de salarios base indicada no anexo II, aumentándoa cada ano na porcentaxe de incremento e revisións salariais fixadas no convenio colectivo.

Artigo 12º.-Antigüidade.

As bases para o cálculo da retribución por antigüidade quedaron conxeladas nas súas bases de cálculo vixentes o 31 de decembro de 1991 para cada categoría e grupos profesionais que se xunta como anexo III. A retribución por antigüidade consistirá en dous trienios e cinco quinquenios que se cal

cularán sobre estas bases da seguinte maneira: 5% ós 3 anos de antigüidade; 10% ós 6 anos: 20% ós 11 anos; 30% ós 16 anos; 40% ós 21 anos; 50% ós 26 anos; 60% (tope máximo) ós 31 anos. As novas antigüidades comezarán a devengarse no mesmo mes en que estas se cumpran, cando a data de ingreso do traballador na empresa sexa do 1 ó 5 de cada mes, ámbolos dous incluídos. Se a data de ingreso do traballador fose do día 6 á fin de mes, a nova antigüidade empezará a devengarse, e polo tanto a cobrala, a partir do mes seguinte.

Artigo 13º.-Complemento de convenio.

Os conceptos salariais vixentes ata o ano 1991 da prima de asistencia, prima de puntualidade e gratificación voluntaria, refundíronse nun único concepto de carácter persoal e individual para cada traballador, que pasa a denominarse complemento de convenio. Este complemento percibirao cada traballador en proporción ó tempo de traballo nas mesmas condicións có salario base.

Artigo 14º.-Incrementos salariais.

O criterio de aplicación para Plásticos de Galicia, S.A. do incremento salarial para o ano 1999 será do 2,2% da masa salarial bruta, tal e como se indica no artigo 32 do XII convenio xeral da industria química, excepto para os traballadores que se rexen polas categorías da antiga ordenanza laboral da industria química o incremento salarial das cales será cero.

1. Grupo 0.

Para os efectos de cuantifica-la masa salarial de Plásticos de Galicia, S.A., sen grupo 0, tal como indica o epígrafe Notas C do artigo 32 do convenio xeral, excluirase a masa salarial correspondente ós membros da dirección que, para o ano 1998, esta fixada en 57.747.185 pesetas que corresponden a 9 persoas, quedando a masa salarial do ano 1998 depurada e homoxeneizada fixada na cantidade de 443.430.160 pesetas.

2. Incrementos.

O incremento propiamente dito aplicarase con suxeición literal e estricta á letra do convenio xeral, sendo este o 2,2% da masa salarial bruta depurada e homoxeneizada, que o convenio indica no número II A do artigo 32, que se utilizará para incrementar de maneira directamente proporcional o salario total, exceptuando a antigüidade de forma que os dous conceptos salariais sobre os que se aplicará o 2,30% resultante, serán: salario base (segundo a categoría de cada traballador) e o complemento de convenio (persoal de cada traballador), aumentando ámbolos dous na mesma proporción cós seus valores vixentes o 31 do 12 de 1998, excepto para os traballadores que se rexen polas categorías da antiga ordenanza laboral da industria química o incremento salarial das cales será cero.

3. Incremento dos complementos obrigatorios.

Tal como se vén aplicando nos anos anteriores, as bases para o cálculo dos complementos de nocturnidade, toxicidade e penosidade, son as corres

pondentes ó ano 1998 incrementadas co 2,2% indicado no XII convenio xeral da industria química para o ano 1999 sen detraccións, excepto para os traballadores que se rexen polas categorías da antiga ordenanza laboral para a industria química o incremento das cales será cero.

Así mesmo para o ano 2000 o incremento das bases para o cálculo dos ditos complementos será o que se fixe no punto II B do artigo 32 do XII convenio xeral da industria química sen detraccións, excepto para os traballadores que se rexen polas categorías da antiga ordenanza laboral da industria química o incremento das cales será cero.

Para o ano 2001 o incremento das bases para o cálculo dos ditos complementos será o que se fixe no capítulo salarial do convenio xeral da industria química sen detraccións, excepto para os traballadores que se rexen polas categorías da antiga ordenanza laboral da industria química o incremento das cales será cero.

Igualmente para os anos 2002 e 2003 o incremento das bases para o cálculo destes complementos será o que se fixe no capítulo salarial do convenio xeral da industria química sen detraccións, excepto para os traballadores que se rexen polas categorías da antiga ordenanza laboral da industria química o incremento das cales será o 50 e 75% respectivamente.

Para o ano 2004 o incremento das bases para o cálculo destes complementos será o 100% do incremento que se fixe no capítulo salarial do convenio xeral da industria química sen detracción, para tódalas categorías e grupos profesionais que figuran no anexo II.

4. Débedas salariais.

As débedas salariais existentes na data de hoxe serán regularizadas da seguinte forma:

-A débeda anterior a setembro de 1999 será aboada ó longo do ano 2000 o máis rapidamente que se poida.

-A débeda xerada en setembro de 1999 será aboada antes do 30 de novembro de 1999.

Artigo 15º.-Incremento ano 2000.

O incremento salarial para 2000, será tal como indica o punto II B artigo 32 do convenio xeral da industria química, excepto para os traballadores que se rexen polas categorías da antiga ordenanza laboral da industria química o incremento das cales será cero.

Artigo 16º.-Incremento ano 2001.

O incremento salarial para o ano 2001 será o que se fixe no capítulo salarial do convenio xeral da industria química, excepto para os traballadores que se rexen polas categorías da antiga ordenanza laboral da industria química o incremento das cales será cero, entendéndose que o criterio de aplicación deste incremento será o mesmo que se aplicou nos anos 1999 e 2000.

Artigo 17º.-Incremento ano 2002.

O incremento salarial para o ano 2002 será o que se fixe no capítulo salarial do convenio xeral da

industria química, excepto para os traballadores que se rexen polas categorías da antiga ordenanza laboral da industria química o incremento salarial das cales será o 50% do incremento pactado no convenio xeral da industria química, entendéndose que o criterio de aplicación deste incremento será o mesmo que se aplicou nos anos 1999, 2000 e 2001.

Artigo 18º.-Incremento ano 2003.

O incremento salarial para o ano 2003 será o que se fixe no capítulo salarial do convenio xeral da industria química, excepto para os traballadores que se rexen polas categorías da antiga ordenanza laboral da industria química o incremento salarial das cales será o 75% do incremento pactado no convenio xeral da industria química, entendéndose que o criterio de aplicación deste incremento será o mesmo que se aplicou nos anos 1999, 2000, 2001 e 2002.

Artigo 19º.-Incremento ano 2004.

O incremento salarial para o ano 2004 será o 100% do incremento que se fixe no capítulo salarial do convenio xeral da industria química, para tódolos traballadores, entendéndose que o criterio de aplicación deste incremento será o mesmo que se aplicou nos anos 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003.

Artigo 20º.-Cláusula de revisión salarial.

A revisión salarial para os anos 1999 e 2000 será tal e como indica o artigo 36 (cláusula de revisión salarial, 36 A para 1999 e 36 B para 2000) do convenio xeral da industria química, excepto para os traballadores que se rexen polas categorías da antiga ordenanza laboral da industria química a revisión das cales será cero.

Para o ano 2001 a cláusula de revisión salarial será a que se fixe no artigo correspondente a ela no convenio xeral da industria química vixente para o dito ano, excepto para os traballadores que se rexen polas categorías da antiga ordenanza laboral da industria química a revisión das cales será cero.

Así mesmo, para os anos 2002, 2003 e 2004 a cláusula de revisión salarial será a que se fixe no artigo correspondente a ela no convenio xeral da industria química vixente para os ditos anos, excepto para os traballadores que se rexen polas categorías da antiga ordenanza laboral da industria química a revisión das cales será do 50% e 75% para os anos 2002 e 2003 respectivamente e do 100% para o 2004.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

O importe das horas extraordinarias para tódolos traballadores da empresa será a razón do 120% sobre o salario base máis a antigüidade en cómputo anual, tendendo a realiza-las mínimas posibles.

Artigo 22º.-Retribución variable.

Fixación de acordo co comité de empresa das bases e importes dunha retribución variable que compense o maior e menor traballo, establecéndose previamente o rendemento ou saturación cen por cento (sistema Bedaux) do operario, que equivale ó salario que actualmente percibe, fixándose para o rende

mento superior, a correspondente compensación económica.

Artigo 23º.-Contratacións.

Nas futuras contratacións que realice a empresa terán preferencia os actuais traballadores con contrato temporal ós que non se lles renove o seu contrato, sempre que sexan adecuados para o posto de traballo que se pretende cubrir, a criterio dos responsables da empresa.

Artigo 24º.-Aprendizaxe.

Respectarase a conversión dos contratos de aprendizaxe en vigor en contratos fixos, sempre e cando a valoración do traballo desenvolvido ata a data polo aprendiz, fose positiva en opinión dos responsables da empresa.

Artigo 25º.-Mobilidade funcional.

Poderá levarse a cabo unha mobilidade funcional de tódolos traballadores, respectando a súa categoría e retribución económica, con explicación ó comité de empresa das causas que a motiven, sen que isto implique o seu consentimento previo. Esta mobilidade, en ningún caso, poderá contravi-lo indicado no artigo correspondente do convenio xeral da industria química.

Artigo 26º.-Traslado.

Sendo conscientes ámbalas partes da necesidade futura do traslado da fábrica, acordan que se darán tódalas facilidades posibles ó traslado ós polígonos industriais máis convenientes e próximos ás actuais instalacións, producíndose o traslado dentro do ordenamento legal vixente.

Artigo 27º.-Comisión paritaria.

Establécese a comisión paritaria do pacto de extensión ó XII convenio xeral da industria química como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do pacto de extensión antes citado.

Para todas aquelas cuestións que se deriven da interpretación do XII convenio xeral da industria química observarase o disposto no capítulo XV do citado convenio.

A comisión paritaria estará integrada por tres representantes dos traballadores e por tres representantes da empresa.

Disposición adicional

Garantías colectivas.

Os acordos contidos neste pacto de empresa son considerados condicións máis beneficiosas para os traballadores de Plásticos Galicia, S.A., con relación ó convenio xeral da industria química.

Vigo, 19 de outubro de 1999.

Pola empresa:

Miguel Edo Salvador.

DNI: 73.372.989.

Polo comité de empresa:

Antonio Vidal Herbello.

DNI: 36.011.857.

Antonio Ferreiro Iglesias.

DNI: 35.988.797.

Ventura Lago Paz.

DNI: 35.972.284.

Pelayo Martínez Alonso.

DNI: 36.015.853.

Jorge Muñiz Rodríguez.

DNI: 36.013.727.

Manuel Costa Soage.

DNI: 35.931.490.

Ángel Barreiro Solla.

DNI: 35.989.366.

Bernardo Costas Fernández.

DNI: 36.000.723.

J. Ramón Comesaña Vila.

DNI: 36.076.757.

ANEXO I

Táboa salarial base 1999

Incremento do 2,30%

OrdeCategoríaPtas./mesPtas./ano

1Director técnico Admvo. ou financeiro282.8484.242.720

2Xerente282.8484.242.720

3Médico282.8484.242.720

4Técnico medio237.7253.565.875

5Axudante técnico206.0123.090.180

6Encargado179.1792.687.685

7Capataz168.0132.520.195

8Debuxante artístico237.7253.565.875

9Debuxante de primeira186.1692.792.535

10Delineante proxectista196.2062.943.090

11Programador de ordenadores179.3642.690.460

12Operador de ordenadores172.4322.586.480

13Xefe de sección191.2232.868.345

14Técnico de organización165.7722.486.580

15Auxiliar de organización157.7312.365.965

16Xefe Administr. de primeira237.7263.565.890

17Xefe Administr. de segunda209.0703.136.050

18Oficial Administr. de primeira182.0742.731.110

19Oficial Administr. de segunda172.3112.584.665

20Auxiliar administrativo153.3992.300.985

21Telefonista153.3992.300.985

22Oficial de 1ª A - oficios auxiliares176.9092.653.635

23Oficial de 1ª B - oficios auxiliares166.7102.500.650

24Oficial de 1ª C - oficios auxiliares160.0862.401.290

25Oficial de 2ª A - oficios auxiliares156.9702.354.550

26Oficial de 2ª B - oficios auxiliares151.8732.278.095

27Oficial de 3ª - oficios auxiliares150.6252.259.375

28Profesional de 1ª151.8732.278.095

29Profesional de 2ª150.6252.259.375

30Axudante especialista148.0762.221.140

31Garda147.1402.207.100

32Peón148.0762.221.140

33Limpadora147.0532.205.795

OrdeCategoríaPtas./mesPtas./ano

41Grupo profesional 1110.6151.659.224

42Grupo profesional 2118.2021.773.023

43Grupo profesional 3127.9601.919.399

44Grupo profesional 4142.0552.130.822

45Grupo profesional 5161.5652.423.482

46Grupo profesional 6188.6752.830.124

47Grupo profesional 7228.7883.431.817

48Grupo profesional 8289.5034.342.543

ANEXO II

Táboa salarial base 1999: complemento de

penosidade, toxicidade e nocturnidade

Incremento do 2,2%

OrdeCategoríaPtas./mesPtas./ano

1Director técnico Admvo. ou financeiro265.8873.988.305

2Xerente265.8873.988.305

3Médico265.8873.988.305

4Técnico medio223.1443.347.160

5Axudante técnico193.1062.896.590

6Encargado167.6902.515.350

7Capataz157.1112.356.665

8Debuxante artístico223.1443.347.160

9Debuxante de primeira174.3082.614.620

10Delineante proxectista183.8162.757.240

11Programador de ordenadores167.8632.517.945

12Operador de ordenadores161.2972.419.455

13Xefe de sección179.0962.686.440

14Técnico de organización154.9892.324.835

15Auxiliar de organización147.3732.210.595

16Xefe Administr. de primeira223.1463.347.190

17Xefe Administr. de segunda196.0012.940.015

18Oficial Administr. de primeira170.4222.556.495

19Oficial Administr. de segunda161.1842.417.760

20Auxiliar administrativo143.2682.149.020

21Telefonista143.2682.149.020

22Oficial de 1ª A - oficios auxiliares165.5402.483.100

23Oficial de 1ª B - oficios auxiliares155.8782.338.170

24Oficial de 1ª C - oficios auxiliares149.6032.244.045

25Oficial de 2ª A - oficios auxiliares146.6502.199.750

26Oficial de 2ª B - oficios auxiliares141.8222.127.330

27Oficial de 3ª - oficios auxiliares140.6412.109.615

28Profesional de 1ª141.8222.127.330

29Profesional de 2ª140.6412.109.615

30Axudante especialista138.2282.073.420

31Garda137.3402.060.100

32Peón138.2282.073.420

33Limpadora137.2582.058.870

41Grupo profesional 1102.5961.538.933

42Grupo profesional 2109.7781.646.672

43Grupo profesional 3119.0101.785.148

44Grupo profesional 4132.3471.985.199

OrdeCategoríaPtas./mesPtas./ano

45Grupo profesional 5150.8102.262.156

46Grupo profesional 6176.4642.646.954

47Grupo profesional 7214.4243.216.357

48Grupo profesional 8271.8774.078.148

ANEXO III

Táboa salarial base antigüidade

OrdeCategoríaPtas./mesPtas./ano

1Director técnico Admvo. ou financeiro196.8452.952.675

2Xerente196.8452.952.675

3Médico196.8452.952.675

4Técnico medio165.2022.478.030

5Axudante técnico142.9632.144.445

6Encargado124.1461.862.190

7Capataz116.3151.744.725

8Debuxante artístico185.2022.478.030

9Debuxante de primeira129.0481.935.720

10Delineante proxectista136.0862.041.290

11Programador de ordenadores124.2751.864.125

12Operador de ordenadores119.4141.791.210

13Xefe de sección132.5921.988.880

14Técnico de organización114.7441.721.160

15Auxiliar de organización109.1051.636.575

16Xefe Administr. de primeira165.2032.478.045

17Xefe Administr. de segunda145.1072.176.605

18Oficial Administr. de primeira126.1771.892.655

19Oficial Administr. de segunda119.3291.789.935

20Auxiliar administrativo106.0671.591.005

21Telefonista106.0671.591.005

22Oficial de 1ª A - oficios auxiliares122.5541.838.310

23Oficial de 1ª B - oficios auxiliares115.4021.731.030

24Oficial de 1ª C - oficios auxiliares110.7571.661.355

25Oficial de 2ª A - oficios auxiliares108.5701.628.550

26Oficial de 2ª B - oficios auxiliares104.9961.574.940

27Oficial de 3ª - oficios auxiliares104.1221.561.830

28Profesional de 1ª104.9961.574.940

29Profesional de 2ª104.1221.561.830

30Axudante especialista102.3351.525.025

31Garda101.6781.525.170

32Peón102.3351.535.025

33Limpadora101.6171.525.255

41Grupo profesional 174.3201.114.800

42Grupo profesional 279.5221.192.330

43Grupo profesional 386.2111.293.165

44Grupo profesional 495.8731.438.095

45Grupo profesional 5109.2471.638.705

46Grupo profesional 6127.8301.917.450

47Grupo profesional 7155.3282.329.920

48Grupo profesional 8196.9472.954.205

ANEXO IV

Axuda escolar: curso 1999-2000

Importe por curso:

Pesetas

C. 1999/2000

Preescolar7.500

Ensino xeral básico: 1º e 2º8.500

Ensino xeral básico: 3º e 4º12.100

Ensino xeral básico: 5º e 6º14.100

Ensino xeral básico: 7º e 8º17.000

Bacharelato unificado polivalente (BUP)19.100

Formación profesional19.100

Curso de orientación universitaria (COU)21.600

Escolas técnicas e maxisterio35.400

Universidade35.400

Escola Of. idiomas universidade. P/ cada idioma10.400