Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de montes M-8/1999-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei de montes do 8 de xuño de 1957.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992 citada, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, no

prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso de alzada sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2000.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural

ANEXO

Expediente sancionador: M-8/1999-PO.

Artigo infrinxido: 410 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: 0 pesetas.

Denunciado: Camilo Iglesias Pena.

Último enderezo coñecido: A Fonte Santa, Vigo.