Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2000, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación da subministración de material para a realización de traballos de supervisión de dirección de obras.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: contratación da subministración de material para a realización de traballos de supervisión de dirección de obras.

Prazo de entrega: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: sete millóns seiscentas corenta e catro mil duascentas corenta e dúas (7.644.242) pesetas, IVE incluído.

5. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata: cento cincuenta e dúas mil oitocentas oitenta e catro (152.884) pesetas.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata: trescentas cinco mil setecentas sesenta e oito (305.768) pesetas.

7. Documentación e información.

Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados,

durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Os Basquiños nº 2.

Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do Prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro do 2000.

P.d. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente