Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da canteira de granito para perpiaño Penido, situada no concello de Carballeda de Avia (provincia de Ourense), promovido por José Vidal Alejos.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da canteira de granito para perpiaño Penido, situado no concello de Carballeda de Avia, (provincia de Ourense) e promovido por José Vidal Alejos.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.

* Concello de Carballeda de Avia.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental