Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.320

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación de sentencia (197/1998).

No procedemento de referencia dictouse a resolución con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia nº 303.

En Santiago de Compostela o dous de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número catro dos do partido, estes autos de xuízo executivo nº 197/1998, sobre póliza de liquidación, responsabilidade e garantía de operacións mercantís, seguidos por instancia da entidade Banco Pastor, S.A., con CIF A-15.000.128, con domicilio no Cantón Pequeno, nº 1, da Coruña, baixo a representación procesual do procurador Victorino Regueiro Muñoz, e coa asistencia letrada de Ángel Mª García Fernández, contra a entidade Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L., con NIF B-15.289.127, con domicilio en Vía Faraday P-69 do polígono do Tambre, desta cidade, en situación procesual de rebeldía, sendo parte demandada igualmente María Teresa Ramos Vigo, maior de idade, con DNI 33.206.835-X, con domicilio en Angrois, 43-45 desta cidade, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido:

Que estimando a demanda interposta polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, na representación que ten acreditada a entidade Banco Pastor, S.A., debo mandar e mando seguir adiante a execución dos bens embargados á entidade Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L. e María Teresa Ramos Vigo, ata facer trance e remate deles e co seu producto facer enteiro e cumprido pagamento ó acredor da suma de 12.712.049 ptas. por principal debido á executante como capital e xuros devengados pola referida póliza, máis o xuro pactado desde a data de certificación co corredor de comercio e ata que se fixese efectivo o pagamento do principal, condenando así mesmo a dita demandada ó pagamento das custas causadas e que se causen ata a súa total e completa liquidación, as cales foron orzadas en 6.000.000 de ptas.

Lévese testemuño desta sentencia ós autos de que dimana e notifíqueselle á parte demandada rebelde na forma ordinaria de non solicitarse pola actora a notificación persoal dentro de tres días, facendo saber ás partes que contra esta resolución se poderá impoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña no termo de cinco días.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da parte demandada, redáctase este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e nove.

O/a secretario

Rubricado