Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7063; XG-437, Lugo-A Fonsagrada-O Acevo, con anexos por substitución e unificación das concesións: V-1554; XG-095, entre Lugo e A Fonsagrada, e V-3330, entre Lugo e Navia de Luarca (incorporación anexo Lugo-O Acevo pola Fonsagrada).

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 2 de decembro

de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa HER-VEI, S.L., a concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7063; XG-437, Lugo-A Fonsagrada-O Acevo, con anexos por substitución e unificación das concesións: V-1554; XG-095, entre Lugo e A Fonsagrada, e V-3330, entre Lugo e Navia de Luarca (incorporación anexo Lugo-O Acevo pola Fonsagrada), de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I.-Itinerarios e puntos de parada.

*Lugo, Fazai, Bascuas, Romeán, Paderne, Sampaio, Recesende, Castroverde, Vilalle, O Cádavo, A Fontaneira, A Lastra, Paradavella, Cerredo, Vilardongo, A Fonsagrada, Barbeitos, Fonfría, Cabreira e O Acevo.

*A Lastra, Arco, Freixo, Preiroa, Antiguallas, Córneas, Escanlar, Teixeira, Albaredo, Xestoso, Corveira e O Cádavo.

*Barbeitos, O Xipró, Mesón O Novo e Vilarchao.

*Bascuas, A Gondar, Barredo, Meda, Córneas, Vilafrío, Francelos, Castedo, Serés, Rebordaos, Penalonga e Recesende.

*O Cádavo, Corveira, Quintá, Camporredondo, Pedrafita, Val Penarrubia e Neira de Rei.

*Paradavella, Rieiro, Goxe, Piñeira e Silvadrosa.

*Goxe, O Mido, Gulpilleiras, Estremeiro e Castañosín.

*Estremeiro, A Boucisca e Piñeira.

*Rieiro e A Pastoriza.

II. Expedicións.

Lugo-Bascuas-Sampaio-Recesende-O Cádavo-Lastra-Paradavella-A Fonsagrada (62 km).

*Catro expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

*Tres expedicións de ida e volta os sábados laborables.

*Dúas expedicións de ida e volta os dimingos e festivos.

*Unha expedición de volta os domingos e frestivos, vespera de lectivo.

Lugo-Bascuas-Sampaio-Recesende-O Cádavo (31km).

*Dúas expedicións de ida e unha de volta de luns a venres laborables.

*Unha expedición de volta de luns a venres lectivos.

Lugo-Bascuas-Sampaio-Recesende-O Cádavo-Corveira-Neira de Rei (41,7 km).

*Unha expedición de ida e volta os luns e venres laborables.

Lugo-Bascuas-Sampaio-Recesende-O Cádavo-A Lastra-Paradavella-A Fonsagrada-O Acevo (75 km).

*Unha expedición de ida en véspera de días non lectivos e una de volta en véspera de día lectivo.

Lugo-Bascuas-Gondar-Meda-Serés-Recesende (36 km).

*Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables durante o período lectivo.

A Lastra-Preiroa-Córneas-Teixeira-Corveira-O Cádavo (29 km).

*Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables durante o período lectivo.

Goxe-Estremeiro-Castañosín-Estremeiro-Piñeira-Silvadrosa-Piñeira-Goxe-Rieiro-A Pastoriza-Rieiro-Paradavella (21,8 km).

*Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables durante o período lectivo.

A Fonsagrada-Barbeitos-Vilarchao (14,5 km).

*Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables durante o período lectivo.

III. Tarifas.

Tarifa aplicable.

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 11,0184 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,7896 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,6527 pesetas.

Contra o citado acto administrativo, que pon fín a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo dous meses, computados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes