Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/138-2, 5157 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: centro de reparto e C.T. na central hidroeléctrica de Xerdiz.

Situación: Ourol.

Descricións técnicas: centro de reparto da central hidroeléctrica de Xerdiz (comprende a instalación de celas de liña e cambio de tensión de 6 kV a 20 kV). Centro de transformación de interior da central hidroeléctrica de Xerdiz de 400 kVA de potencia e relación de transformación 20/60 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 25 de novembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo