Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.320

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 10 de xaneiro de 2000 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan (Ponteareas e catro máis).

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 25 de outubro de 1999 (BOE do 16 de novembro), e, de conformidade cos artigos 23 , 88 e demais concordantes do Regulamento notarial; os decretos da Xunta de Galicia 351/1997, do

9 de decembro, 227/1998 do 10 de xullo, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes:

RESOLVO:

Nomea-los notarios que a seguir se relacionan para prove-las notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

Luis Darrieux de Ben, notario de Ponteareas, 1ª, para a notaría de Pontevedra.

José Javier Corral Martínez, notario de oposición 1997, para a notaría de Celanova (Ourense).

Germán Aguilera Cristóbal, notario das Palmas, 1ª, para a notaría de Lugo.

María del Carmen Piñeiro Pena, notaria de Muxía, 3ª, para a notaría de Ponteceso (A Coruña).

María Teresa Bouzas Rodríguez, notaria de Allariz, 3ª, para a notaría de Muros (A Coruña).

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2000

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais