Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2000 Páx. 812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula o instructor dos expedientes sancionadores E.N. 42/1999 e tres máis (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan, as propostas de resolución dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres estanse a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 20 de decembro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Precepto infrinxido

-Precepto sancionador

-Sanción

E.N. 42/1999José Luis Ansias Campos

San Roque, nº 16, Cangas

Practicar windsurf, deporte prohibido (prohibición perfectamente sinalizada), no complexo intermareal A Umia-O Grove, nas inmediacións da marisma do Vao. Feitos denunciados ás 18.30 horas do día 10 de agosto de 1999, nas inmediacións do Vao.Artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.Artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.10.000 ptas.

-Expediente

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Precepto infrinxido

-Precepto sancionador

-Sanción

E.N. 43/1999Santiago Sanz Bartolomé

r/ Ibiza, 29, Madrid

Circular cun vehículo, estacionándoo nas dunas sitas ó carón do estacionamento norte da praia da Lanzada, alterando as condicións dun espacio natural protexido, complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta Carreirón. Feitos denunciados ás 18 horas do día 22 de agosto de 1999, nas dunas da Lanzada.Artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.Artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.10.000 ptas.
E.N. 46/1999Santiago Sanz Bartolomé

r/ Ibiza, 29, Madrid

Circular cun vehículo, estacionándoo nas dunas sitas ó carón do estacionamento norte da praia da Lazanda, alterando as condicións dun espacio natural protexido, complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta Carreirón. Feitos denunciados ás 18.50 horas do día 26 de agosto de 1999, nas dunas da Lanzada.Artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.Artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.25.000 ptas.
E.N. 47/1999Mª del Carmen Mariño Álvarez

Tte. Domínguez 27-2º A, O Grove

Ter un quiosco sen a debida autorización administrativa nunha zona suxeita legalmente a limitacións no seu destino e uso e alterando as condicións do espacio natural complexo intermareal Umia-O Grove. Feitos denunciados o 15 de xullo de 1999, na praia da Lanzada.Artigo 38.2º e 38.12º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.Artigo 38.2º e 38.12º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.25.000 ptas.