Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2000 Páx. 813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador E.N. 60/1999 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mª Asunción Buceta Canay.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 20 de decembro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Precepto infrinxido

-Precepto sancionador

-Sanción

E.N. 60/1999Jesús Patiño López

Castiñáns, 85, Bueu

Executar sen autorización un pozo de barrena, realizando unha perforación de 42 m de profundidade, nas inmediacións da casa nº 89 da Illa de Ons, estando en trámite o Plan de Ordenación de Recursos Naturales de las Islas Atlánticas no que se inclúe a illa. Feitos denunciados o día 23 de agosto de 1999.Artigo 38.12º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación co artigo 7 desta lei.Artigo 38.12º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación co artigo 7 desta lei.10.001 ptas. que hai que pagar conxunta e solidariamente co outro denunciado do expediente E.N. 60/1999.