Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2000 Páx. 814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-86/1999 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a incoación do expediente sancionador, por infracción a Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Que así mesmo, designo instructor do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achega-los documentos ou as probas que conveñan o seu dereito, advertíndolle que de non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 21 de decembro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 86/1999.

Denunciado: Agustín Nieto Bugallo; enderezo: Rúa Pintor Lugrís, 2-B-Vigo.

DNI: 16.483.004.

Feitos denunciados: cazar estando reducida a visibilidade por circunstancias meteorolóxicas (néboa densa), de forma que poidan producirse perigos para as persoas ou para os seus bens, ás 11.45 horas do día 31-10-1999, lugar Monte do Seixo, concello Cerdedo.

Data do acordo da incoación: 10-11-1999.

Precepto infrinxido: 58.38º, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas., retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante 1 ano e 1 día.