En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación e restauración da concesión Virgen de la Pena, situado nos concellos de Lourenzá e Mondoñedo, provincia de Lugo e promovido por Pizarras Vega, S.L.
2. Para os devanditos efectos informativos, porase a disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.
-Concellos de Lourenzá e Mondoñedo.
3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2000.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental