Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 13 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P.3/1999 por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula notifícase a Pastelería Nieto Antaño Artesanos, S.L. propiedade de Antaño Artesanos, S.L., a resolución do expediente sancionador nº P.3/1999 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra, e que consta nos locais da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, (Camiño do Francés, 10-baixo, Santiago de Compostela), para que o expedientado poida ter coñecemento do seu contido.

Fáiselle saber, así mesmo, o dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de conformidade coa sanción deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal de Santiago de Compostela.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: P.3/1999.

Denunciado: Pastelería Nieto Antaño Artesanos, S.L.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: artigos 6.4º, 6.7º, 7.5º, 10 do R.D. 2419/1978. Capítulo I: 2 c, 2 d, 3, capítulo II: 1 d do R.D. 2207/1995.

Precepto sancionador: Lei 14/1986 (xeral de Sanidade). R.D. 1945/1983 (infraccións e sancións).

Sanción proposta: 500.001 ptas.