Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da xestión do servicio público de explotación da Residencia asistida para persoas maiores de Ribeira (A Coruña), en réxime de concesión.

Obxecto do contrato: xestión do servicio público de explotación da Residencia asistida para persoas maiores de Ribeira (A Coruña).

Tramitación: ordinaria.

Forma de adxudicación: concurso público aberto.

Orzamento base:

Prezo praza/día asistida: 7.980 ptas. IVE incluído.

Prezo praza/día válida: 5.600 ptas. IVE incluído.

Duración do contrato: 10 anos.

Fianza provisional: 28.500.000 ptas.

Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas e técnicas estarán á disposición dos interesados na copistería situada na rúa Xeneral Pardiñas, 2-Santiago de Compostela, (Telf. 981 58 89 38) durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de ofertas: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas del vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó de publicación

do concurso no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Documentación para presentar polos licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Servicios Sociais a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó de peche do prazo de presentación de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Corina Porro Martínez

Directora xeral de Servicios Sociais