Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 120/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade,

do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo de 1 mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

A Coruña, 10 de novembro de 1999.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente sancionador: Secretaría 120/1999.

Denunciado/a: Bingo Área Central.

DNI/CIF:

Derradeiro enderezo coñecido: Área Central (As Fontiñas). Santiago de Compostela.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: cen mil pesetas (100.000 ptas.).