Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 10 de decembro de 1999, da Delegación Provicial de Lugo, pola que se fai pública a notificación da resolución do expediente sancionador S-LU-1/3/1999, en materia de patrimonio cultural de Galicia, instruído con motivo das obras de remoción de terras no soar sito no número 11 da rúa Ánxel Fole de Lugo, contra a empresa C&M Investiment, S.A., NIF A27102920 (presidida e representada por Domingo Canto Vila).

En cumprimento do establecido polo artigo 58 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (parcialmente modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), notifícase a resolución recaída no procedemento sancionador incoado, o 8 de marzo de 1999, á persoa que se sinala no anexo co seu último enderezo coñecido.

A persoa interesada dispón da resolución na Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Lugo e do dereito de interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo está cédula en Lugo o 10 de decembro de 1999.

P.A.

Manuel Gulín Rodríguez

Instructor do procedemento

ANEXO

Expediente: S-LU-1/3/1999.

Interesado: C&M Investiment, S.A., NIF A27102920 (presidida e representada por Domingo Canto Vila).

Enderezo: Xeneral Franco 6-1º, 27001 Lugo.

Feitos: realización de obras de remoción de terras levadas a cabo no soar nº 11 da rúa Ánxel Fole da cidade de Lugo, carecendo da preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultura.

Precepto infrinxido: artigo 91 h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultura de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95.2º da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultura de Galicia.