Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, da consultoría e asistencia técnica consistente na identificación e selección de comarcas críticas nas que levar a cabo o desenvolvemento dun proxecto piloto de mobilización de terras na Comunidade Autonóma de Galicia, así como a definición das liñas básicas do dito proxecto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: identificación e selección de comarcas críticas nas que levar a cabo o desenvolvemento dun proxecto piloto de mobilización de terras na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a definición das liñas básicas do dito proxecto.

b) División por lotes e número: un (01) lote.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: desde o asinamento do contrato ó 15 de marzo de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas.) (90.151,82 euros).

5. Garantía.

a) Provisional: trescentas mil pesetas (300.000 ptas.) (1.803,00 euros).

b) Definitiva: seiscentas mil pesetas (600.000 ptas.) (3.606,00 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: 981 54 47 27.

e) Telefax: 981 54 57 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborais, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://ww..xunta.es/conselle/ag/index.htm.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: exenta.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación:o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 1 de febreiro de 2000.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artígo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Aperturas de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela 15771.

d) Data: 4 de febreiro de 2000.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997,

DOG nº 243, do 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria