Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencia segundo a Orde do 17 de decembro de 1997, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Obxecto: organización e montaxe dos stands institucionais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos seguintes certames feirais que terán lugar durante o 2000: Alimentaria (Barcelona, España) e European Seafood Exposition (Bruxeles, Bélxica).

Adxudicatario: Viajes Atlántico, S.A.

Importe: 89.500.000 ptas.

Obxecto: realización dunha campaña publicitaria promocional dos productos pesqueiros capturados pola flota galega de cerco.

Adxudicatario: Idea Creatividad y Comunicación, S.L.

Importe: 38.790.400 ptas.

Obxecto: realización dun informe sobre a flota pesqueira galega de cerco.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Importe: 5.940.000 ptas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 199 do regulamento.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1999.

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura