Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación da resolución do expediente sancionador por infracción en materia de espectáculos públicos LU-E 121/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado as resolucións dictadas nos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos; a súa contía e número cítanse no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñe-lo interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma terá que aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Recadación de multas e sancións de espectáculos públicos número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se rematará este. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 2 de decembro de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº expediente-Precepto

infrinxido

-Último domicilio-Multa

Mambo Tropical, S.L.B-27.215.581LU-E 121/199926 e) LO 1/1992San Martiño de Monte de Meda, Guntín20.000 ptas.