Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 632

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 27 de decembro de 1999 pola que se convocan bolsas de especialización para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en Galicia.

A Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller establece entre os seus obxectivos o de realizar estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades.

Na Conferencia Mundial da Muller celebrada en Pekín en setembro de 1995, baixo os auspicios de Nacións Unidas aprobouse o documento «Plataforma de Acción», obrigándose tódolos estados membros do mundo a desenvolve-las distintas áreas contidas nela; é o Consello da Unión Europea nas súas decisións do 22 de decembro de 1995, modificada por decisión do 2 de decembro de 1996, relativa ó cuarto programa de acción comunitaria a medio prazo para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, establece como un medio de execución das áreas previstas na Plataforma de Acción as de realización de estudios sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Parece conveniente tratar de impulsar estudios específicos sobre determinadas áreas, mediante bolsas de estudios que impulsen os traballos relacionados coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes na sociedade galega e nas áreas que se relacionan no anexo III.

A tramitación desta orde acóllese ó disposto na Orde do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, toda vez que o Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do día 14 de outubro de 1999, aprobou o proxecto de orzamentos xerais para a Comunidade Autónoma para o ano 2000.

Na sua virtude, en uso das facultades que teño atribuídas e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para o fin para o que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de tres (3) bolsas ou axudas económicas dun ano de duración, para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades de mulleres e homes en Galicia.

Este número verase reducido no caso de prórroga das bolsas concedidas no anterior exercicio, convocadas pola Orde do 21 de decembro de 1998.

A concesión destas axudas rexerase polas bases do anexo I desta orde.

Artigo 2º

O importe global máximo que alcanzarán as axudas é de tres millóns novencentas sesenta mil pesetas (3.960.000 ptas.), a razón dun millón trescentas vinte mil pesetas (1.320.000 ptas.) por bolsa, das que serán deducidas as correspondentes retencións fiscais, que serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 14.50.212A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión das bolsas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado nos orzamentos para este fin detraídas, se é o caso, as cantidades destinadas a sufraga-las prórrogas das bolsas outorgadas no exercicio anterior.

Segunda.-O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas nesta orde constituirá causa determinante de revogación da bolsa e do seu reintegro polo bolseiro, segundo o disposto no artigo 78.5º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller para dicta-las resolucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO I

BASES

Primeira.-Obxecto e dotación.

O obxecto desta convocatoria é a concesión de bolsas de acordo co establecido no artigo 1º desta orde.

A contía das axudas será dun millón trescentas vinte mil pesetas (1.320.000 ptas.) cada unha, aboables en doce mensualidades de cento dez mil pesetas (110.000 ptas.) nas que se aplicará a correspondente retención fiscal.

Segunda.-Carácter da bolsa.

Dado o seu carácter formativo e de apoio ó estudio que realizará o/a bolseiro/a, a concesión destas bolsas non implica relación laboral ou administrativa entre o/a beneficiario/a e o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, aínda que si

a necesaria e natural coordinación e supervisión, nin dará lugar á súa inclusión na Seguridade Social.

O/a bolseiro/a deberá dedicarse de maneira plena a realiza-los estudios para os que foi concedida a bolsa, con aceptación das indicacións da dirección do traballo. É incompatible o desfrute da bolsa coa percepción doutras remuneracións, bolsas ou axudas.

Terceira.-Condicións xerais.

Para optar a estas bolsas é necesario:

a) Ser galego/a, maior de idade, a teor do artigo 3º do Estatuto de autonomía de Galicia.

b) Posuír, na data da solicitude, a titulación de licenciado/a universitario/a referida á área do estudio que se vai realizar.

c) Que no momento de presentación da solicitude non transcorresen máis de cinco anos desde a obtención da devandita licenciatura.

Cuarta.-Centros de realización.

Os estudios ou traballos serán realizados en calquera centro universitario ou departamento de investigación de Galicia, ó que o/a bolseiro/a se incorporará, segundo o que se estableza no escrito de aceptación do dito centro sobre a realización e dirección do estudio.

Quinta.-Documentación e trámites.

1. A solicitude destas bolsas farase mediante escrito dirixido á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, segundo modelo do anexo II, xunto ós seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI compulsada.

b) Currículum vitae do/a solicitante, cos documentos acreditativos dos méritos alegados.

c) Certificación académica completa e fotocopia do título de licenciatura correspondente ou, no seu defecto, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición.

d) Outros datos que se poidan xustificar documentalmente e que o/a solicitante considere de interese en relación coa bolsa.

e) Escrito da entidade ou departamento onde se vai desenvolve-lo traballo no que figure a súa aceptación expresa.

f) Escrito do/a director/a do traballo manifestando a súa aceptación e o compromiso de dirixilo.

g) Memoria descritiva do estudio que se vai realizar, con mención dos seus obxectivos, metodoloxía, tempo de duración previsto, e cantos outros se consideren de interese, en especial se o dito estudio foma parte dun proxecto máis amplo realizado pola entidade na que se integra o/a bolseiro/a.

A memoria debe estar conformada polo/a director/a do traballo.

h) No caso de formar parte dun proxecto máis amplo, memoria sinxela onde se relacionen os traballos xa realizados e en curso, e composición e pequeno currículo do equipo que o integra, asinado polo/a director/a do proxecto.

i) Declaración das bolsas solicitadas ás distintas Administracións públicas competentes para a realización do estudio.

2. A presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (praza de Europa, 15 A-2º. Área Central. As Fontiñas, Santiago de Compostela) ou ben por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999.

3. O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

4. O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller comprobará que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e exporá no taboleiro de anuncios da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e no Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, así como nas delegacións provinciais da mencionada consellería unha resolución coa lista de admitidos e excluídos, indicando, se é o caso, as causas de exclusión. Contra a dita resolución poderán os/as interesados/as formular reclamación, para emendar erros e faltas de documentos, ante a Dirección Xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, no prazo de 10 días a partir da publicación da resolución, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Se transcorrido este prazo algún dos solicitantes non corrixiu as causas de exclusión, procederase a declaralo desistido da súa petición, nos termos previstos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Sexta.-Outorgamento das bolsas.

1. As bolsas serán adxudicadas pola directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, por proposta da comisión de selección.

2. A comisión de selección será nomeada pola directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, e a súa composición farase pública no taboleiro de anuncios do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

3. Na fase de selección teranse en conta como criterios de valoración:

a) Obxecto do estudio que se vai realizar, que en todo caso corresponderá a algunha das áreas relacionadas no anexo III.

b) Expediente académico e currículum vitae.

c) A integración do estudio obxecto da bolsa en programas de traballo máis amplos, e en equipos de investigación que xa traballen sobre o tema.

Só se valorarán os méritos acreditados documentalmente.

Ademais, a comisión poderá convoca-los solicitantes para unha entrevista persoal e para as probas obxectivas que coide procedentes.

4. Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller fará pública a relación provisional de beneficiarios/as seleccionados/as mediante anuncio no taboleiro do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, no da consellería e as súas delegacións. Contra esta resolución poderase formular reclamación no prazo de 10 días; transcorrido o dito prazo, a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller para que resolva.

5. A resolución da directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, pola que se adxudicarán as bolsas, publicarase no Diario Oficial de Galicia. Esta resolución poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse postestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

6. Se, transcorridos 10 días desde a publicación da resolución de adxudicación no Diario Oficial de Galicia, o/a bolseiro/a non formalizase a adscrición, consideraráselle desistido/a da súa solicitude, logo de resolución, e procederase a cubri-las vacantes co/coa suplente nomeado/a.

7. As solicitudes entenderanse desestimadas se, nun prazo de seis meses contados a partir do día seguinte á publicación desta orde, non se publicou a resolución de adxudicación.

Sétima.-Do pagamento e efectividade.

1. Formulada a adscrición e ratificada polo/a director/a do estudio, procederase ó pagamento da cantidade mensual fixada na base primeira, con efecto a mes vencido.

O abandono inxustificado da realización dos traballos será causa de perda da bolsa, e a devolución das cantidades percibidas.

2. a) A Dirección Xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, poderá, en calquera momento da realización da bolsa, solicitarlle ó/á bolseiro/a un informe sobre as súas actividades. En todo caso, o/a bolseiro/a remitirá trimestralmente, contado desde o outorgamento da bolsa, o citado informe.

b) Con anterioridade ó aboamento da derradeira mensualidade, o bolseiro achegará unha declaración que acredite que durante o período de desfrute da bolsa non percibiu ningunha axuda, remuneración, nin outra bolsa.

c) O/a bolseiro/a fará entrega do estudio realizado no prazo máximo dun mes a contar desde o pagamento

da última mensualidade e un informe por escrito do traballo desenvolvido ó que se xuntará informe do/a director/a do proxecto. O incumprimento inxustificado deste requisito dará lugar á perda da bolsa e á devolución da cantidade percibida.

Oitava.-Renuncia á bolsa concedida.

No caso de renuncia á bolsa concedida, o/a bolseiro/a presentará a correspondente solicitude fundamentada. Neste suposto, reintegraranse ó Servicio

Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller os importes percibidos ata a citada data.

Novena.-Publicación do estudio.

O/a bolseiro/a cederá en exclusiva ó Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller os dereitos de propiedade intelectual que se deriven do estudio realizado, reservándose por conseguinte este organismo a facultade da súa publicación total e/ou parcial.