Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 623

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 27 de decembro de 1999 pola que se regulan axudas e subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller.

O Estatuto de autonomía, no seu artigo 4, determina que lles corresponde ós poderes públicos de Galicia promove-las condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos nos que

se integra sexan reais e efectivas, remove-los obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilita-la participación de tódolos galegos na vida política, económica, cultural e social.

Así mesmo, o artigo 27.23º do Estatuto de autonomía asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social, e no seu artigo 33.2º establécese que lle corresponde o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de Seguridade Social.

A Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, establece no seu artigo 3 como funcións do servicio promover, coordinar e avaliar plans e programas de acción e o desenvolvemento de actividades que, para a consecución dos obxectivos previstos na dita lei, realicen deputacións e concellos; así como incentiva-la participación das mulleres na vida política, económica, cultural, educativa e social.

O Decreto 488/1997, do 26 de decembro, modificado polo Decreto 117/1999, do 23 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no seu artigo 1 atribúelle á dita consellería as competencias en materia de muller de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e nos termos sinalados pola Constitución española.

No Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000, establécense os requisitos xerais aplicables ás subvencións concedidas pola Administración autonómica, normativa á que, en consecuencia, se adaptará esta orde, tendo en conta en todo caso os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

A tramitación desta orde acóllese ó disposto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, toda vez que o Consello da Xunta de Galicia na súa sesión celebrada o día 14 de outubro de 1999 aprobou o proxecto de orzamentos xerais para a Comunidade Autónoma para o ano 2000.

Estas axudas financiaranse con cargo ás partidas orzamentarias 14.50.212A.460.0, 14.50.212A.480.0 e 14.50.212A.483.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 2000 e o importe global destinado a elas ascenderá a 167.500.000 pesetas.

Por todo isto

DISPOÑO:

Artigo 1.- Obxecto

1. O obxecto desta orde da convocatoria, que se rexerá polo disposto no Decreto lexislativo 1/1999,

do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no proxecto de Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o ano 2000 é conceder axudas e subvencións en réxime de concorrencia competitiva para programas e actividades, destinadas a faceren posible a incorporación da muller na vida política, económica, cultural, social e laboral e o coñecemento do seu contorno, e a fomenta-la relación e colaboración entre as asociacións de mulleres, para acada-la igualdade real e efectiva e a non discriminación entre homes e mulleres; así como axudas económicas ás entidades que presten servicios de atención á muller e centros onde se presten os ditos servicios.

2. Para os efectos desta orde consideraranse centros e servicios para a muller:

a) Os servicios e centros de información e asesoramento sobre temas xurídicos, laborais, de servicios sociais, e calquera outro que supoña a promoción da muller en tódolos ámbitos.

b) As casas de acollida e pisos tutelados para mulleres víctimas de malos tratos.

c) Centros de atención a mulleres en situacións de especial dificultade.

Artigo 2º.-Destinatarias

Poderán solicita-las subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que sexan titulares de centros, presten algún dos servicios establecidos no artigo anterior ou realicen calquera outra actividade de carácter social, sempre que se atopen inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, previsto no artigo 32 da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, e desenvolvido polo Decreto 291/1995, do 3 de novembro e pola Orde do 18 de xaneiro de 1996, ou que teñan presentada a correspondente solicitude de inscrición, aínda que non se poderá aboa-lo importe das ditas axudas ata que non se efectúe a inscrición.

Poderán solicitalas tamén as entidades locais que presten algún dos servicios ou sexan titulares dalgúns dos centros ós que se refire o artigo anterior.

Artigo 3º.-Tipos de axuda.

Os tipos de axuda que se poderán solicitar son os seguintes:

a) Promoción de actividades.

a.1) De carácter formativo.

a.2) De carácter asociativo ou comunitario

a.3) De asistencia a congresos e convencións de mulleres.

a.4) De información e asesoramento.

a.5) De elaboración de estudios e estatísticas sobre a situación da muller galega.

As actividades incluídas nos puntos a.1 e a.2 deberán incluír obrigatoriamente un módulo de políticas de igualdade.

b) De realización de programas de atención especializada a mulleres.

Artigo 4º.-Normas xerais sobre as subvencións.

1. Tódalas axudas reguladas por esta orde poderán estar suxeitas á formulación dun convenio de vixencia anual entre o destinatario e o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. A formulación do devandito convenio non eximirá a entidade destinataria de presentar solicitude en exercicios posteriores.

2. Para os distintos tipos de axuda a subvención poderá significa-lo financiamento total ou parcial do gasto, sen que en ningún caso implique duplicidade, de tal xeito que a suma das subvencións concedidas por todo tipo de organismos públicos, percibidas coa mesma finalidade, non supere o 100% do importe do gasto efectuado.

3. A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller poderán efectua-las comprobacións que considere oportunas en canto ó cumprimento dos requisitos esixidos pola Lei de servicios sociais de Galicia e demais normativa de desenvolvemento ás entidades prestadoras de servicios sociais.

Artigo 5º.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes formalizaranse mediante instancia segundo o modelo oficial que se xunta como anexo I e II a esta orde, debidamente cuberto, dirixidas á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

2. Documentación que se xuntará á solicitude:

2.1. Documentos comúns para tódalas axudas:

a) Fotocopia do DNI da persoa que asina a solicitude e, se representa a unha entidade, documentación acreditativa da dita representación.

b) Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal.

c) Se a entidade peticionaria é unha federación ou confederación, certificación asinada polo representante acreditativa das asociacións ou federacións integradas, especificando o nome, CIF e o número asignado no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais a cada unha delas.

d) Orzamento desagregado dos gastos previstos para cada actividade, programa ou servicio, así como os recursos humanos e materiais cos que conta para o seu funcionamento.

e) Certificación bancaria de existencia de conta.

f) Compromiso de cubri-la diferencia que resulte entre o importe da actividade ou do programa e a subvención concedida.

g) Declaración subscrita polo representante da entidade de tódalas solicitudes de axudas efectuadas ou concedidas polas distintas administracións públicas ou por calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, para o financiamento das actividades ou programas de atención especializada solicitados ó abeiro desta orde.

Cando a solicitante sexa unha entidade local, ademais da documentación prevista nas letras b), d), e), f) e g) deste número, deberá xunta-lo seguinte:

a) Certificación da contía establecida nos orzamentos da entidade local destinada ó mantemento e desenvolvemento dos servicios obxecto da solicitude.

b) Certificado do acordo da entidade local de solicita-la subvención e, no caso de prórroga, de que continúa na prestación dos servicios nas mesmas condicións do ano anterior.

2.2. Documentos específicos para cada tipo de axuda.

2.2.1. Para subvencións de promoción de actividades:

-Proxecto no que figura a actividade ou actividades que se realizarán (incluíndo, se é o caso, a descrición específica do módulo de políticas de igualdade), descrición dos obxectivos, metodoloxía, calendario, poboación e ámbito xeográfico do desenvolvemento da actividade.

-Número asignado no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais na área de actuación específica da muller.

2.2.2. Para subvencións de programas de atención especializada a mulleres:

-Denominación do programa, breve resumo do seu contido, colectivo de atención, número de usuarios/as directos/as, obxectivos, localización territorial e área de influencia, descrición pormenorizada das actuacións incluídas na programación, así como da metodoloxía empregada.

Artigo 6º.-Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes e maila documentación requirida presentaranse, de conformidade cos modelos normalizados, no Rexistro Xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, nas delegacións provinciais da consellería, ou por calquera dos medios previstos nas normas reguladoras do procedemento administrativo.

Artigo 7º.-Tramitación dos expedientes.

1. No caso de tratarse de entidades de iniciativa social, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o órgano encargado do seu rexistro emitirá certificación relativa ás entidades inscritas e ás que solicitaron a inscrición pero que están pendentes de resolución no rexistro nesa data, para comproba-lo disposto no artigo 2, e remitiralla ó Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

2. O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller comprobará que os expedientes reúnen tódolos requisitos recollidos na presente orde e procederá a reclamarlles por escrito ós interesados os datos, documentos e aclaracións que consideren

necesarios para completa-lo expediente, de conformidade co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

3. Revisados os expedientes e completados, se é o caso, remitiránselle á comisión para propoñe-la aprobación ou a denegación de axudas, seguindo os criterios recollidos nesta orde.

Artigo 8º.-Comisión de valoración.

A comisión de valoración estará constituída do seguinte xeito:

Presidenta: a secretaria xeral do Servicio Galego de Promoción de Igualdade do Home e da Muller

Vocais: o xefe de servicio de Cooperación, Estudios e Programas e o xefe de Servicio de Administración Xeral, que actuará como secretario.

Artigo 9º.-Criterios de valoración das axudas.

1. Axudas para promoción de actividades:

1.1.- Adecuación das actividades á finalidade e obxecto desta orde.

1.2. Fomento e tecnificación do asociacionismo.

1.3. Intercambio e coordinación entre distintas asociacións de mulleres para a realización de actividades conxuntas.

1.4. O número de persoas ás que se dirixen as actividades, especialmente aquelas dirixidas a mulleres beneficiarias da RISGA.

1.5. A realización de programas, publicacións, conferencias e encontros que sexan de interese para as mulleres.

1.6. O ámbito territorial de desenvolvemento da actividade.

1.7. O alcance social da actividade e, en especial, a súa contribución ó desenvolvemento persoal e á integración social do colectivo ó que se dirixe.

1.8. Os elementos innovadores das actividades.

1.9. A non percepción doutras subvencións para a mesma finalidade.

1.10. O maior número de socios/as ou afiliados/as.

2. Axudas para a realización de programas de atención especializada.

2.1. A súa adecuación ós obxectivos incluídos no vixente Plan de Igualdade de Oportunidades das Mulleres Galegas.

2.2. O maior grao de participación económica na execución dos programas, por parte da entidade solicitante.

2.3. A continuidade no funcionamento dos centros e servicios que recibiron subvención no ano anterior, sempre que os resultados acadados fosen positivos.

2.4. O maior ámbito territorial de desenvolvemento do programa.

3. Cando se trate de entidades locais terase en conta ademais como criterio de valoración a exis

tencia de partida orzamentaria destinada a actuacións a prol das mulleres.

Artigo 10º.-Resolución.

1. A resolución das axudas, unha vez emitido o informe-proposta pola Comisión de Valoración e fiscalizado pola intervención, correspóndelle á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. A dita resolución poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse postestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

2. A notificación das resolucións deberase producir no prazo de 6 meses, contados a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o devandito prazo sen que recaese resolución expresa, esta entenderase desestimada.

Artigo 11º.-Pagamento e xustificación das subvencións.

Unha vez dictada a resolución pola que se concede a subvención, procederase ó pagamento e xustificación, na forma que a continuación se indica, agás nos casos nos que se establezan convenios nos que se aplicará o que neles se sinale.

As subvencións poderanse facer efectivas de conformidade co establecido na Lei de orzamentos para o ano 2000:

1. Subvencións que non superan o 1.000.000 de pesetas.

No suposto de subvencións correntes a institucións ou concellos en materia de muller que non superen o 1.000.000 de pesetas, o/a beneficiario/a poderá solicita-lo pagamento parcial con carácter de anticipo ata o 80% do importe da subvención.

O 20% restante da contía da subvención farase efectiva unha vez presentada, antes do 31 de xaneiro do ano 2001, perante o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller a seguinte documentación:

a) Axudas a entidades de iniciativa social para programas de atención especializada:

-Certificación expedida polo/a representante da entidade que acredite que os gastos realizados foron aplicados para o fin para o que a subvención foi concedida, xunto cos orixinais ou copias compulsadas das facturas ou xustificantes documentais do gasto efectuado.

-Balance de ingresos e gastos que abranga todo o ano natural conforme o anexo IV.

-Declaración suscrita polo/a representante da entidade de tódalas axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas, ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para a realización dos programas de atención especializada subvencionados ó abeiro desta orde.

b) Axudas a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades:

-Certificación expedida polo/a representante da entidade que acredite que os gastos realizados foron aplicados para o fin para o que a subvención foi concedida, xunto cos orixinais ou copias compulsadas das facturas ou xustificantes documentais do gasto efectuado.

-Certificación descritiva das actividades realizadas cos seus importes conforme o anexo V.

-Declaración subscrita polo/a representante da entidade de tódalas axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas, ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para a realización das actividades subvencionadas ó abeiro desta orde.

c) Axudas a concellos para programas de atención especializada e promoción de actividades:

-Certificación expedida polo órgano municipal competente que acredite que se realizou o gasto e que este foi destinado para o fin para o que a subvención foi concedida.

-Declaración subscrita polo órgano municipal competente de tódalas axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas, ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para a realización das actividades e dos programas de atención especializada subvencionados ó abeiro desta orde.

2. Subvencións que superan o 1.000.000 de pesetas.

No caso de supera-lo importe de 1.000.000 de pesetas, poderán acordarse pagamentos parciais ata o máximo do 80%, a conta da liquidación e xustificación final, a medida que o beneficiario xustifique ter realizado un gasto equivalente, mediante ceritificación expedida polo representante da entidade, xunto cos orixinais ou copias compulsadas das facturas ou xustificantes documentais do gasto efectuado.

O 20% restante da contía da subvención farase efectiva unha vez presentada, antes do 31 de xaneiro do ano 2001, perante o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller a seguinte documentación:

a) Axudas a entidades de iniciativa social para programas de atención especializada:

-Certificación expedida polo/a representante da entidade que acredite que os gastos realizados foron aplicados para o fin para o que a subvención foi concedida, xunto cos orixinais ou copias compulsadas das facturas ou xustificantes documentais do gasto efectuado.

-Balance de ingresos e gastos que abranga todo o ano natural conforme o anexo IV.

-Declaración subscrita polo/a representante da entidade de tódalas axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de reso

lución, das distintas administracións públicas, ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para a realización dos programas de atención especializada subvencionados ó abeiro desta orde.

b) Axudas a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades:

Certificación expedida polo/a representante da entidade que acredite que os gastos realizados foron aplicados para o fin para o que a subvención foi concedida, xunto cos orixinais ou copias compulsadas das facturas ou xustificantes documentais do gasto efectuado.

Certificación descritiva das actividades realizadas cos seus importes conforme o anexo V.

Declaración subscrita polo/a representante da entidade de tódalas axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas, ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para a realización das actividades subvencionadas ó abeiro desta orde.

c) Axudas a concellos para programas de atención especializada e promoción de actividades:

Certificación expedida polo órgano municipal competente que acredite que se realizou o gasto e que este foi destinado para o fin para o que a subvención foi concedida.

Declaración subscrita polo órgano municipal competente de tódalas axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas, ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para a realización das actividades e dos programas de atención especializada subvencionados ó abeiro desta orde.

En tódalas axudas concedidas ó abeiro desta orde, a entidade deberá presentar perante o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller unha memoria dos programas e actividades desenvolvidos (anexo III). O cumprimento deste trámite será requisito previo para a concesión de subvencións nos exercicios seguintes.

Artigo 12º.-Obrigas dos/as adxudicatarios/as das subvencións.

1. Para a promoción de actividades:

a) Facer constar en todo tipo de publicidade e información a condición de que a actividade está subvencionada polo Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

b) Remitir en calquera momento a información e informes que soliciten os órganos competentes do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

c) Autoriza-la inspección e control dos órganos competentes do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, sobre os seus centros e actividades.

d) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autó

noma, o Tribunal de Cuentas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

e) Remitir unha memoria final das actividades desenvolvidas que deberá conter como mínimo os datos sinalados no anexo III desta orde.

2. Para programas de atención especializada a mulleres:

a) Remitir trimestralmente memoria descritiva do estado de execución do programa indicando o nº de mulleres beneficiadas e unha memoria final que deberá recolle-los contidos que sinale o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller que alomenos serán os sinalados no anexo III desta convocatoria.

b) Autoriza-la inspección e control dos órganos competentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, sobre os seus centros ou actividades.

c) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Cuentas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión de axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado nos orzamentos para este fin detraídas, se é o caso, as cantidades destinadas a sufraga-los importes dos convenios subscritos durante a súa vixencia.

Segunda.-O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas nesta orde constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto no artigo 78.5º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Terceira.-Se por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que examina-las solicitudes, algún dos compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designe o órgano competente para o outorgamento das axudas e, sempre que sexa posible, o dito nomeamento deberá recaer noutra persoa do mesmo servicio cá substituída.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude