Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 636

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1999 pola que se fai público o acordo plenario do día 29 de decembro de 1999 polo que se establece o número, distribución de asuntos e composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 2000.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 287/1996, do 12 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia esta presidencia

RESOLVE:

Facer público o acordo plenario do 29 de decembro de 1999 do Consello Consultivo de Galicia, polo que se establecen o número, distribución de asuntos e composición das seccións do devandito consello para o ano 2000, do teor literal seguinte:

Segundo o disposto nos artigos 15 e 16 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, de creación do Consello Consultivo de Galicia e concordantes do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 287/1996, suscítase unha quenda de debate entre os membros do Pleno, chegándose finalmente por unanimidade ó acordo de:

1. Establece-lo número e composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 2000 da forma seguinte:

Sección primeira:

Presidente: José Luis de la Torre Nieto.

Conselleiros: Pablo Moure Mariño.

Antonio Carro Fernández-Valmayor.

Sección segunda:

Presidente: José María Gómez y Díaz-Castroverde.

Conselleiros: Antonio Carro Fernández-Valmayor. Pablo Moure Mariño.

2. A distribución de asuntos entre elas efectuarase por quenda alternativa segundo a orde de entrada da solicitude de dictames.

3. Que conforme o parágrafo segundo do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1999.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia