Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 618

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1999 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 575/1999, do 22 de xullo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0005424/1996, interposto por Ramón Manuel Varela Lafuente, contra desestimación, por silencio administrativo, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia do recurso ordinario formulado contra outro da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña do 23-3-1995, que aprobou definitivamente o proxecto das normas subsidiarias de planeamento municipal de Arteixo; dictouse a sentencia 575/1999, do 22 de xullo, agora firme, pola que se estimaba parcialmente o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e coa fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve dar publicidade á parte dispositiva da sentencia 575/1999, do 22 de xullo, que a seguir se transcribe:

«Decidimos: que estimando parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Ramón Manuel Varela Lafuente contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso ordinario formulado por Ramón Manuel Varela Lafuente contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña, do 23 de marzo de 1995, sobre aprobación definitiva do proxecto de normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Arteixo, debemos anular e anulámo-lo mencionado acordo nos seguintes extremos nos que tal acordo é desconforme a dereito:

-Clasificación como urbano do solo dos núcleos rurais delimitados de Galo, Loureda, e dos núcleos rurais delimitados ó oeste de Baer, ó oeste do Monte de Arcas e ó oeste de Ervedíns.

-Cualificación do Monte Penouqueira como UA-44 con ordenanza URTA-2; con desestimación das restantes pretensións.»

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1999.

P.D. (Orde do 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda