Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 618

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1999 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 937/1997, do 17 de xullo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0004819/1994, interposto por Autopistas del Atlántico, Conces. Española, S.A. contra a orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, do 13 de maio de 1993 (DOG do 14 de xuño) e contra a desestimación presunta do recurso de reposición formulado contra ela o 13 de xullo de 1993, sobre aprobación do programa de actuación urbanística do solo urbanizable non programado C-1, San Blas, en Pontevedra, dictouse a sentencia 937/1997, do 17 de xullo, agora firme, pola que se estimaba o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve darlle publicidade á parte dispositiva da sentencia 937/1997, do 17 de xullo, que a seguir se transcribe:

«Decidimos que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por Autopistas del Atlántico, Conces. Española, S.A., contra resolución do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, do 13 de maio de 1995, sobre a aprobación definitiva do programa de actua

ción urbanística do solo urbanizable non programado C-1, San Blas, en Pontevedra, así como contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición formulado contra a mencionada resolución e, en consecuencia, debemos anular e anulámo-los actos impugnados, que son contrarios a dereito».

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda