Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2000 Páx. 76

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 30 de decembro de 1999 pola que se regula o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión das axudas ós productores de determinados cultivos herbáceos na campaña de comercialización 2000/2001 e determinadas primas gandeiras para o ano 2000, na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Regulamento (CEE) 3508/1992 do consello, do 27 de novembro, establece un sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axuda comunitarios, que ten como obxectivo fundamental aumenta-la eficacia e rendibilidade dos mecanismos de xestión e control co fin de que non se perciba unha dobre axuda con base nunha superficie concreta ou por un animal determinado.

No Regulamento (CEE) 3887/1992 da comisión, do 23 de decembro, establécense as normas de aplicación do sistema integrado de xestión e control relativo ós réximes de axuda ós productores de determinados cultivos herbáceos, de prima en favor dos productores de carne de vacún e de carne de ovino e caprino.

Polo que se refire a cultivos herbáceos, o Regulamento (CE) 1251/1999 do consello, do 17 de maio, establece un réxime de apoio ós productores de determinados cultivos herbáceos, baseado na concesión de pagamentos compensatorios, por unha superficie que estea sementada de cultivos herbáceos ou que fora retirada do cultivo e que non supere unha superficie básica rexional.

As disposicións de aplicación dos pagamentos compensatorios mencionados establécense nos regulamentos (CE) da comisión 1586/1997, do 29 de xullo, e 2316/1999, do 22 de outubro.

Así mesmo o Regulamento (CE) 1308/1970, do consello, do 29 de xuño, polo que se establece a organización común de mercados no sector do liño e do cánabo, dispón a concesión dunha axuda para o liño destinado á producción de fibras e para o cánabo.

Noutra orde de cousas, o Regulamento (CE) 1577/1996 do consello, do 30 de xullo, polo que se establece unha medida específica en favor de determinadas leguminosas de gran, prevé unha axuda por hectárea para as sementeiras de lentellas, garavanzos, vezas e ervella brava, cunha superficie máxima garantida de 400.000 ha para o conxunto da Unión Europea. Así mesmo, establece que se aplicará o sistema integrado de xestión e control á devandita medida.

Polo que se refire ás primas gandeiras, o Regulamento (CE) 1254/1999 do consello, do 17 de maio, establece a nova Organización Común de Mercados no sector da carne de vacún, no que se prevén varias axudas para os productores que exercen a actividade no sector; e o Regulamento (CE) 2467/1998 do consello, do 3 de novembro, que establece a Organización Común de Mercados no sector das carnes

de ovino e caprino, prevendo a concesión dunha prima en beneficio dos productores de carne de ovino e caprino, con obxecto de compensa-las súas perdas de renda durante a campaña de comercialización. Así mesmo, establécese, a partir da campaña 1993, tanto para a prima a vacas nutrices como para a prima en beneficio dos productores de carne de ovino e caprino, un límite individual de dereitos á prima por productor.

Por outra parte, o Regulamento (CE) 1323/1990 do consello, do 14 de maio, establece unha axuda específica á cría de ovinos e caprinos en determinadas zonas desfavorecidas da Comunidade.

Debe terse en conta, ademais, que o Regulamento (CE) 820/1997, do consello, establece un sistema de identificación e rexistro dos animais, e que o Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, incorpora requisitos relativos á identificación e o rexistro dos animais da especie bovina.

Por último, nos reais decretos 1893/1999, do 10 de decembro, sobre pagamentos por superficie a determinados productos agrícolas, e 1973/1999, do 23 de decembro, sobre determinadas axudas comunitarias en gandería, especifícanse os marcos básicos da tramitación, resolución, pagamento e control desas axudas en España.

O Ilgga, creado pola Lei 7/1994, do 29 de decembro, ten atribuídas, entre outras, competencias para a xestión das accións derivadas da política agrícola común (PAC), o que se desprende tamén do disposto no Decreto 128/1996, do 14 de febreiro, que desenvolve a anterior e establece a súa estructura orgánica, así como o Decreto 25/1998, do 22 de xaneiro, que modifica o anterior.

De acordo coa normativa comunitaria aplicable, constituída basicamente polo Regulamento 729/1970, do consello, do 21 de abril, desenvolto polo Regulamento 1663/1995, da comisión, do 7 de xullo, e co Real decreto 2206/1995, do 28 de decembro, que crea o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) como organismo de coordinación dos diversos organismos pagadores que puideran constituírse nas distintas Comunidades Autónomas, constituíuse en Galicia, como organismo pagador dos gastos financiados polo FEOGA-Garantía, o Ilgga, segundo o disposto no Decreto 359/1996, do 13 de setembro, modificado polo Decreto 93/1998, do 20 de marzo.

De acordo con todo o anterior, a razón desta orde, sen prexuízo da aplicabilidade directa da normativa comunitaria correspondente que, en parte, se transcribe para unha maior operatividade, é defini-las normas de aplicación e o procedemento para a tramitación e concesión das respectivas axudas nesta Comunidade Autónoma, determinando a súa imputación económica con cargo ó orzamento de gastos do Ilgga para o exercicio do ano 2000.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.1º 3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das

facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988,

DISPOÑO:

Capítulo I

Xeneralidades

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito.

1. Esta orde regula o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión ós titulares de explotacións agrarias situadas en Galicia das seguintes axudas para o ano 2000:

a) Os pagamentos compensatorios, previstos no Regulamento (CE) 1251/1999 do consello, do 17 de maio, ós productores de determinados cultivos herbáceos.

b) As axudas por superficie para certas leguminosas gran (lentellas, garavanzos, vezas e ervella brava) establecidas no Regulamento (CE) 1577/1996, do consello, do 30 de xullo.

c) A prima especial ós productores de carne de vacún establecida no artigo 4 do Regulamento (CE) 1254/1999, do consello, do 17 de maio.

d) A prima en beneficio ós productores que manteñan na súa explotación vacas nutrices, establecida no artigo 6 do citado Regulamento (CE) 1254/1999, do consello.

e) A prima nacional complementaria ós productores de vacas nutrices, establecida no mencionado artigo 6.

f) O pagamento por extensificación para os beneficiarios da prima especial, prima á vaca nutriz ou ambas, establecida no artigo 13 do Regulamento (CE) 1254/1999, do consello.

g) A prima por sacrificio de bovinos cando este se realice dentro da Unión Europea ou cando se exporten a un terceiro país, de acordo co artigo 11 do citado Regulamento (CE) 1254/1999, do consello.

h) Os pagamentos adicionais segundo o disposto nos artigos 15 e 16 do dito regulamento.

i) A prima en beneficio dos productores de ovino e caprino establecida no artigo 5 do Regulamento (CE) 2467/1998.

j) A axuda específica para a cría de ovinos e caprinos en determinadas zonas desfavorecidas da Comunidade, establecida polo Regulamento (CE) 1323/1990.

2. Así mesmo, esta orde establece as bases para a aplicación en Galicia do sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axudas comunitarios, de acordo co previsto nos Regulamentos (CE) 3508/1992, do consello, e (CE) 3887/1992, da comisión.

3. Para os efectos do disposto nesta orde, para que unha explotación agraria se considere situada en Galicia deberá atoparse nunha das dúas situacións seguintes:

a) No caso de que o productor presente solicitude de axuda por superficies ou declaración de superficies forraxeiras, cando a maior parte da superficie das parcelas relacionadas na dita solicitude se atope en Galicia.

b) Nos demais casos, cando a maior parte da superficie da súa explotación dedicada á alimentación do gando polo que se solicite a prima se atope en Galicia.

4. Os cultivadores de liño téxtil que presentaran a solicitude de axuda superficies no prazo establecido no artigo 3º, deberán presentar unha solicitude de axudas específica de acordo co establecido no Regulamento (CE) 1164/1989, da comisión, do 28 de abril, relativo ás disposicións de aplicación da axuda para o liño téxtil e o cánabo.

Artigo 2º.-Condicións das solicitudes de axuda.

1. Os interesados en obte-los pagamentos por superficie de cultivos herbáceos e leguminosas gran, declaración de superficies forraxeiras, primas por vacas nutrices, pagamentos por extensificación e primas de ovino-caprino deberán presentar unha única solicitude para todos aqueles polos que solicite.

2. Para a prima especial ós productores de carne de vacún, para a prima ó sacrificio e pagamentos adicionais, poderase presentar máis dunha solicitude ó longo do ano.

3. As solicitudes realizaranse nos formularios que se indican no anexo I.

Para facilita-la tramitación das axudas ós productores que as solicitaron en 1999, o Ilgga porá á súa disposición, nas axencias de Extensión Agraria, presolicitudes ou formularios personalizados que conteñen a información do ano 1999 para que sexa actualizada coa esixida pola normativa reguladora das axudas para o ano 2000.

4. As solicitudes deberán ser asinadas polo titular da explotación ou persoa debidamente autorizada por el no seu nome.

5. Coas solicitudes achegaranse, ademais dos específicos de cada tipo de axuda, os seguintes documentos:

a) Fotocopia do CIF, DNI ou etiqueta de identificación fiscal do solicitante e do cónxuxe, no caso de novos solicitantes ou variación dos datos da solicitude preimpresa. No caso de que o DNI non leve a letra do NIF, será necesario presentar ademais fotocopia do NIF.

b) Certificado bancario indicando o código conta-cliente da titularidade do solicitante para a transferencia das axudas, no caso de novos solicitantes ou variación dos datos da solicitude preimpresa.

Artigo 3º.-Prazo de presentación e de admisión de solicitudes.

1. O prazo para a presentación das solicitudes de axuda por cultivos herbáceos, leguminosas gran, da declaración de superficies forraxeiras, primas por vacas nutrices, pagamentos por extensificación, primas de ovino caprino e prima especial de vacún, empezará ó día da publicación desta orde no DOG e rematará o día 10 de marzo do mesmo ano.

2. Non obstante o anterior:

a) As solicitudes á prima especial ós productores de carne de vacún poderanse presentar ata o 31 de decembro do ano 2000.

b) As solicitudes de primas ó sacrificio e de pagamentos adicionais presentaranse dentro dos 3 meses seguintes ó do sacrificio e, en todo caso, nos seguintes períodos:

a) Do 1 ó 31 de marzo de 2000.

b) Do 1 ó 30 de xuño de 2000.

c) Do 1 ó 30 de setembro de 2000.

d) Do 1 de decembro do ano 2000 ó 31 de xaneiro do ano 2001.

A primeira das solicitudes de prima ó sacrificio presentada por un productor constituirase en declaración de participación no réxime de axuda, de acordo co disposto no artigo 34 do Regulamento (CE) 2342/1999.

No caso de animais que se exporten vivos a terceiros países, o prazo de 3 meses contarase a partir da data de exportación.

3. De acordo co previsto no Regulamento (CEE) 3887/1992, as solicitudes presentadas dentro dos vintecinco días naturais seguintes á finalización dos prazos establecidos nas alíneas 1 e 2 b) serán aceptadas, pero o importe das axudas será reducido nun 1% por cada día hábil de atraso, salvo que este se producira por causas de forza maior. Se a declaración de superficies forraxeiras se presentase dentro do citado prazo de vintecinco días, a penalización do 1% por cada día hábil aplicarase, ademais, sobre o importe das axudas no sector vacún, con independencia de que as solicitudes correspondentes a aquel se presentasen dentro do prazo establecido.

4. As solicitudes presentadas transcorridos vintecinco días naturais despois de rematados os prazos mencionados na alínea 1 e 2 b), consideraranse como non presentadas.

Artigo 4º.-Lugar de presentación das solicitudes.

Sen prexuízo do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as solicitudes de axuda presentaranse, preferentemente, nas axencias de Extensión Agraria da bisbarrra na que está situada a explotación ou, de se-lo caso, onde estea a maior parte da superficie da relación de parcelas agrícolas incluídas na solicitude de axuda por superficie.

Artigo 5º.-Definicións.

1. Definicións relativas a axudas por superficie e declaración de superficie forraxeira:

a) Explotación: o conxunto de unidades de producción xestionadas polo titular da explotación que se atopan no territorio do Estado español.

b) Titular da explotación: o productor agrícola individual, persoa física ou xurídica ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, cando a súa explotación se atope no territorio do Estado español.

c) Parcela agrícola: a superficie continua de terreo na que un único titular de explotación realice un único tipo de cultivo.

Considerarase como parcela agrícola a que conteña á súa vez árbores, sempre que o cultivo herbáceo ou os labores de barbeito, no caso de que sexa afectada ó cumprimento do requisito de retirada de terras, poidan ser realizados en condicións similares ás das parcelas non arbóreas da mesma zona. Neste caso, a superficie que se considerará para os efectos de solicitude e concesión das axudas será a resultante de minora-la superficie ocupada polas árbores.

d) Superficie forraxeira: a superficie da explotación dispoñible durante todo o ano natural para a cría de bovinos, ovinos ou caprinos. Non se contabilizará nesta superficie:

-As construccións, os bosques, os estanques e os camiños.

-As superficies que se empreguen para outros cultivos beneficiarios dun réxime de axuda comunitario ou que se utilicen para cultivos permanentes ou hortícolas, agás dos pastos permanentes polos que se concedan pagamentos por superficie en virtude do artigo 17 do Regulamento (CE) 1254/1999 e do artigo 19 do Regulamento (CE) 1255/1999, do consello.

-As superficies ás que se aplique o réxime de apoio fixado para os productores de determinados cultivos herbáceos, utilizadas para réxime de axuda para as forraxes desecadas ou obxecto dun programa nacional ou comunitario de retirada de terras.

A superficie forraxeira incluirá as superficies utilizadas en común e as que estean dedicadas a un cultivo mixto.

e) Terra de pastoreo: a superficie ocupada por calquera producción vexetal espontánea ou sementada que proporciona alimento ó gando vacún ou ovino mediante pastoreo ou de maneira mixta (pastoreo e como forraxe, en verde ou conservado).

2. Definicións correspondentes ás axudas ó sector vacún:

a) Productor de carne de vacún: o gandeiro, persoa física ou xurídica ou agrupación destas persoas físi

cas ou xurídicas, cando a súa explotación se atope no territorio do Estado español e se dedique á cría de animais da especie bovina.

b) Explotación de vacún: o conxunto de unidades de producción administradas polo productor e situadas en territorio do Estado español.

c) Touro: un animal macho non castrado da especie bovina.

d) Boi: un animal macho castrado da especie bovina.

e) Vaca nutriz: a vaca que pertenza a unha raza cárnica ou que proceda dun cruzamento con algunha desas razas e que forme parte dun rabaño que estea destinado á cría de tenreiros para a producción de carne.

f) Xovenca: o bovino femia a partir dos oito meses de idade que non parira.

3. Definicións correspondentes ás axudas ó sector ovino e caprino:

a) Productor de carne de ovino e caprino: o gandeiro individual, persoa física ou xurídica, que asuma de xeito permanente os riscos e a organización da cría de, alomenos, dez ovellas e, en todo caso, dez ovellas ou cabras nas explotacións situadas nas provincias de Ourense e Pontevedra ou nas zonas de montaña das de Lugo e A Coruña, tal como se definen no artigo 18 do Regulamento (CE) 1257/1999, do consello, do 17 de maio, relativo a axudas ó desenvolvemento rural.

b) Explotación de ovino/caprino: o conxunto de unidades de producción administradas polo productor ou postas á súa disposición e situadas en territorio español.

c) Productor de cordeiros lixeiros: todo productor de gando ovino que comercialice leite de ovella ou productos lácteos a base de leite de ovella.

d) Productor de cordeiros pesados: o resto dos productores de ovino.

e) Productor en zona desfavorecida: aquel que teña situada a súa explotación nas zonas definidas no artigo 17 do Regulamento (CE) 1257/1999, do consello.

En caso de que teña unidades de producción en distintas zonas, tamén será considerado productor en zona desfavorecida cando alomenos o 50% da superficie utilizada para a alimentación do gando ovino e caprino estea en zona desfavorecida.

f) Ovella elixible: toda femia da especie ovina que parira alomenos unha vez ou teña como mínimo un ano o último día do período de retención.

g) Cabra elixible: toda femia da especie caprina que parira alomenos unha vez ou teña como mínimo un ano o último día do período de retención.

Capítulo II

Das solicitudes de axudas por superficie

Artigo 6º.-Plan de rexionalización e índices de barbeito.

1. As zonas homoxéneas de producción, determinadas de acordo co establecido no Plan de Rexionalización Productiva, así como os rendementos medios dos cereais en secaño, de cereais en regadío, de millo en regadío e doutros cereais en regadío, diferenciados por provincia e bisbarra agraria que servirán de base para a aplicación do sistema de pagamentos por superficie ós productores de determinados cultivos en Galicia, son os que se indican no anexo 2.

2. Os índices comarcais de barbeito tradicional para as terras de cultivo de secaño (expresados en hectáreas de barbeito por cada 100 ha acollidas ó sistema de cultivos herbáceos) que se respectarán con carácter xeral para poder beneficiarse dos pagamentos por superficie, son os que figuran na última columna do anexo 2. Se na declaración do agricultor, correspondente a cada campaña, non se respecta este valor, cunha franquía de 10 puntos, o conxunto da superficie para a que se solicita axuda será axustado de xeito proporcional a esa diferencia, ata que se alcance o valor do índice de barbeito correspondente. Non obstante, se determinadas explotacións xustifican que as características físico-químicas dos solos das parcelas correspondentes lle permiten realiza-las prácticas agronómicas do plan de cultivos presentado, poderán aplicar un índice de barbeito diferente.

Artigo 7º.-Requisitos para a concesión das axudas. Beneficiarios.

1. O pagamento compensatorio por cereais, oleaxinosas e proteaxinosas, liño non téxtil e retirada de terras concederase segundo un sistema:

a) Xeral, aberto a tódolos productores.

b) Simplificado, soamente para os pequenos productores.

2. Consideraranse pequenos productores aqueles que soliciten os pagamentos compensatorios por unha superficie que non sexa maior cá necesaria para producir, de acordo co rendemento cerealista medio da súa rexión de producción, 92 toneladas de cereais.

Os pequenos productores que soliciten un pagamento compensatorio non estarán suxeitos á obriga de retirada de terras da producción. No caso de optaren por non retirar terras da producción, serán considerados do sistema simplificado.

3. Os productores que soliciten un pagamento compensatorio de acordo co sistema xeral estarán suxeitos á obriga de retirar da producción un 10 % da

superficie para a que se solicitan pagamentos compensatorios, de acordo coas modalidades previstas no artigo 11 do Real decreto 1893/1999.

4. O pagamento por superficie ós productores de liño téxtil estará supeditado á utilización de sementes certificadas nas doses míminas establecidas no anexo 3. Non obstante, cando reutilicen as sementes procedentes da campaña anterior, as doses incrementaranse nun 20 %.

Non se poderá sementar liño téxtil nas parcelas que estiveran dedicadas a este cultivo na campaña 1999/2000 co fin de respecta-la rotación de cultivos.

5. O pagamento por superficie ós productores de oleaxinosas estará supeditado á utilización das doses mínimas establecidas no anexo 3 e axustarase ó disposto no R (CE) 2316/1999, da comisión.

Artigo 8º.-Superficie mínima pola que se poden solicitar axudas.

A superficie mínima pola que se poden solicitar pagamentos compensatorios para cereais, oleaxinosas e proteaxinosas é de 0,30 hectáreas.

Artigo 9º.-Contido das solicitudes de axudas por superficies.

1. Na solicitude de axuda por superficie deberán incluírse a totalidade das parcelas agrícolas da explotación, pero poderán excluírse as correspondentes a cultivos arbóreos, arbustivos e/ou aproveitamentos exclusivamente forestais diferentes das parcelas declaradas como retiradas da producción e das referentes á forestación e barbeito ambiental segundo o disposto no Regulamento (CE) 1257/1999, do consello.

2. Para cada parcela agrícola deberá, así mesmo, indicarse:

a) A superficie neta, en hectáreas con dous decimais.

b) O sistema de explotación: secaño ou regadío.

c) A especie cultivada, indicando a variedade, cando se trate de liño téxtil, e o grupo de cultivo ó que pertence en función da finalidade da declaración realizada, segundo se especifica nos anexos 4 e 6 desta orde.

Se é o caso, o solicitante diferenciará se a parcela agrícola debe ser tida en conta como superficie forraxeira (non percibindo daquela pagamentos compensatorios ou axudas por superficie para os cultivos subvencionables sementados nela) ou se está sementada de cultivos subvencionables (cereais, millo, oleaxinosas, proteaxinosas, leguminosas ou liño téxtil).

O solicitante especificará, tamén, se o cultivo declarado non se quere ter en conta nin para os efectos de recibi-los pagamentos compensatorios ou axudas por superficie, nin para a súa consideración como superficie forraxeira para os efectos do cálculo do factor densidade gandeira.

d) No caso de liño téxtil especificarase a data da sementeira, a dose de semente utilizada e a superficie realmente abrochada.

e) O tipo de barbeito ou de retirada de cultivo, diferenciando entre: barbeito tradicional e outros, retirada obrigatoria (especificando se se trata de fixa ou non fixa) e retirada voluntaria. Especificarase en tódolos tipos de barbeito se se manterá a terra núa ou cunha cuberta vexetal ou outro tipo, segundo se indica no anexo 6.

f) As referencias identificativas, que serán as alfanuméricas correspondentes á parcela ou parcelas catastrais que, en todo ou en parte, constitúen a correspondente parcela agrícola, e as superficies totais e sementadas nas ditas parcelas.

g) Nos casos de superficies forraxeiras de montes veciñais en man común ou similares, utilizadas conxuntamente por varios productores, anotaranse unicamente as referencias catastrais relativas á situación das distintas parcelas (provincia e municipio) con indicación expresa do tipo de utilización (uso común).

h) As superficies ou parcelas agrícolas dedicadas á alimentación do gando ovino ou caprino, nos casos previstos no artigo 26º.

i) As superficies ou parcelas agrícolas declaradas para os efectos do cálculo do factor de densidade gandeira da explotación, con indicación expresa, se é o caso, da parte destas que se considerarán como terras de pastoreo.

j) No caso de terras de pastoreo, indicarase se corresponden a superficies pastables ou de aproveitamento mixto (pastoreo e como forraxe verde ou conservada), de acordo co indicado no anexo 12.

3. A declaración de superficies para a presente campaña deberá facerse de acordo co catastro vixente na data de publicación do padrón do ano 1999, aínda no caso de que o catastro fora renovado con posterioridade.

4. Naqueles termos municipais ou partes deles onde se estea executando a concentración parcelaria ou se procedera á reordenación da propiedade e para os que non se dispoña dun catastro renovado, poderanse admiti-las novas preferencias identificativas alfanuméricas contidas nos planos oficiais de concentración parcelaria en tanto non se dispoña dos novos datos de catastro. Estas zonas indícanse no anexo 8.

Artigo 10º.-Declaración de superficies forraxeiras.

1. Os productores que queiran obter algunha das axudas a explotacións gandeiras relativas á prima por vaca nutriz, prima nacional complementaria, prima especial a productores de carne de vacún ou pagamentos por extensificación, deberán presentar unha declaración de superficies forraxeiras.

2. Non obstante o anterior, estarán exentos de presentar declaración de superficies forraxeiras os pro

ductores que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

a) Productores de vacas nutrices e de bovinos machos, cando o número de animais que deban tomarse en consideración para a determinación da carga gandeira da súa explotación non supere as 15 UGM e que, ademais, non desexen beneficiarse do pagamento por extensificación.

b) Productores de vacún que desexen beneficiarse, exclusivamente, das primas por sacrificio establecidas no artigo 20º desta orde.

c) Productores de ovino e caprino que non desexen beneficiarse de primas no sector vacún con excepción das primas por sacrificio establecidas no artigo 20º desta orde, ou que desexen beneficiarse das primas de vacún pero se atopen englobados na letra a) deste punto.

Artigo 11º.-Documentación complementaria das solicitudes de axudas por superficies e declaración de superficies forraxeiras.

1. Ademais da documentación indicada no número 4 do artigo 2º, as solicitudes de axuda para superficies ou declaración de superficies forraxeiras deberán ir acompañadas de:

a) Fotocopia do padrón catastral correspondente ó ano 1999 ou certificado expedido polo Centro de Xestión Catastral Provincial, no caso de parcelas non incluídas na presolicitude ou formulario personalizado correspondente ó ano 1999.

b) Certificado da autoridade competente, segundo modelo do anexo 9, no caso de montes veciñais en man común ou similares onde existan as superficies utilizadas conxuntamente por varios productores.

c) Esbozos acotados que permitan situar e localiza-las parcelas agrícolas (excepto montes veciñais en man común ou similares), no caso de parcelas catastrais con superficie catastral superior a 10 ha e declaradas parcialmente.

d) Documento xustificativo das prácticas agronómicas da explotación, no caso de que o barbeito respecto á superficie de secaño para a que se solicitan pagamentos compensatorios sexa menor, en máis de 10 puntos, ó correspondente coeficiente comarcal.

e) Para as superficies de regadío, certificado expedido polas xerencias territoriais do catastro no que se acredite a superficie de regadío das parcelas catastrais que forman parte das parcelas declaradas. Quedarán exentos desta obriga os solicitantes que recibiran pagamentos compensatorios como superficie de regadío na campaña anterior.

2. Nos controis que se efectúen poderáselle pedir ó titular da explotación que acredite a titularidade das parcelas e, se é o caso, que presente facturas de compra de sementes utilizadas na sementeira, así como a documentación complementaria xustificativa das circunstancias indicadas na solicitude.

A xustificación insuficiente derivada do punto anterior poderá dar lugar á exclusión das parcelas controladas das axudas.

3. Os cultivadores de liño téxtil que presentaran a solicitude de axuda superficies que regula esta orde deberán presentar unha solicitude de axuda específica.

Artigo 12º.-Modificación das solicitudes de axuda por superficies e os seus requisitos.

1. De acordo co establecido na normativa comunitaria, os titulares de explotacións agrarias que presentaran as solicitudes de axuda superficies, poderán modificalas, sen ningunha penalización, ata o 31 de maio de 2000, excepto no caso do cultivo do liño téxtil, no que a data límite será o 30 de abril. Terase en conta o seguinte:

a) Non poderán engadirse novas parcelas agrícolas agás en casos especiais, debidamente xustificados mediante título lexítimo, tales como o de matrimonio, falecemento, compravenda ou arrendamento.

b) Nos casos de parcelas de retirada da producción ou de superficies forraxeiras, será necesario, ademais, que as parcelas que se pretendan engadir foran declaradas como retiradas da producción ou como superficies forraxeiras nunha solicitude doutro agricultor, e que dita solicitude fora corrixida axeitadamente.

c) Cando un agricultor decida utilizar para un cultivo afectado polo sistema integrado unha parcela agrícola inicialmente declarada para un cultivo non afectado polo sistema integrado, poderá incrementa-lo número de parcelas retiradas sempre que estas foran declaradas anteriormente e cumpran os requisitos esixidos para as parcelas de retirada no artigo 3 do Regulamento (CE) 762/1994, da comisión, do 10 de abril.

d) No que se refire á utilización ou ó réxime de axuda de que se trate, poderán introducirse modificacións en tódolos casos.

2. De conformidade co previsto no último parágrafo da letra a) do número 2 do Regulamento (CE) 762/1994, unha parcela poderá eliminarse da solicitude de axuda superficies sempre que o agricultor o notifique por escrito ó Ilgga, antes de que este organismo lle dirixa calquera comunicación relativa ós resultados dos controis administrativos que teñan consecuencia sobre a parcela en cuestión, ou anunciado unha visita de inspeccións á explotación de que se trate.

3. As modificacións das solicitudes de axudas superficies recollidas neste artigo presentaranse no mesmo tipo de impresos específicos indicados no anexo 1, modelos S1 e S2, e na súa cabeceira escribirase con letras maiúsculas a frase «MODIFICACIÓN DE SOLICITUDE», especificando o número de expediente asignado á súa solicitude, o dato ou datos suxeitos a modificación e a súa documentación xustificativa. Non obstante, cando se trate de pequenos productores do sistema simplificado ou que soamente teñan

declarado superficies forraxeiras, poderá utilizarse o impreso do anexo 10.

4. Os cultivadores de liño téxtil que no momento de presenta-la súa declaración de superficies de acordo co impreso de solicitude de axuda superficies non poidan presentar toda a información necesaria para cumprir cos requisitos esixidos pola declaración de cultivo, deberán presenta-la dita información ata o 15 de maio de 2000.

Artigo 13º.-Notificación de non sementeira.

1. As datas límites de sementeira para tódolos cultivos herbáceos incluídos no Regulamento (CE) 1251/1999 e liño téxtil son:

a) 31 de maio de 2000 para tódolos cultivos herbáceos incluídos no Regulamento (CE) 1251/1999.

b) 30 de abril de 2000 para liño téxtil.

2. Os titulares de explotacións agrarias que, con posterioridade á presentación da súa solicitude de axuda a superficies ou, se é o caso, da solicitude de modificación, decidan que non van sementar na súa totalidade as superficies previstas, deberán notificalo ata as datas límites sinaladas no punto anterior.

Para realizar esta modificación cubrirase o formulario para a solicitude de axuda superficies indicado no anexo 1, modelos S1 e S2, e na súa cabeceira escribirase con letras maiúsculas a frase «NOTIFICACIÓN DE NON SEMENTEIRA», especificando o número de expediente asignado á súa solicitude, o dato ou datos suxeitos a modificación e a súa documentación xustificativa. Non obstante, cando se trate de pequenos productores do sistema simplificado ou que soamente declararan superficies forraxeiras, poderá utilizarse o impreso do anexo 10.

As notificacións, na forma e prazos anteriormente indicados, presentaranse preferentemente na mesma oficina en que se presentou a solicitude de axuda, de acordo co previsto no artigo 4º desta orde.

Capítulo III

Das solicitudes de primas gandeiras

Sección primeira: prima por vacas nutrices

Artigo 14º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios da prima por vaca nutriz prevista no punto 4º do artigo 6 do Regulamento (CE) 1254/1999, os productores que así o soliciten, teñan asignados dereitos individuais de prima e posúan un rabaño de vacas nutrices alomenos igual ó 80% do número total de animais polos que se solicita prima e un número de xovencas que non supere o 20% do citado número total, que cumpran as condicións indicadas nos artigos 28º, 29º e 30º desta orde e que se atopen incluídos nalgún dos seguintes supostos:

a) Que non vendan leite ou productos lácteos procedentes da explotación durante os 12 meses seguintes á presentación da solicitude.

b) Que, aínda vendendo leite ou productos lácteos na explotación, teñan unha cantidade de referencia individual asignada a 31 de marzo do ano 2000 igual ou inferior a 120.000 quilogramos.

Cando na explotación se venda leite, para determina-lo número de cabezas primables, a pertenza dos animais ó censo de vacas leiteiras ou ó de nutrices establecerase mediante a relación entre a cantidade de referencia para producción de leite do beneficiario e o rendemento leiteiro medio para España de 4.650 kg/vaca. Non obstante, os productores que acrediten oficialmente un rendemento leiteiro superior, poderán utilizar este último para a realización do cálculo.

c) Para ter dereito á prima, as vacas nutrices e as xovencas deberán pertencer a unha raza cárnica ou proceder dun cruzamento destas razas, e que formen parte dun rabaño destinado á cría de tenreiros para a producción de carne. Para estes efectos non se considerarán vacas ou xovencas de raza cárnica as razas bovinas enumeradas no anexo 11 desta orde.

2. Os solicitantes de prima a productores con vacas nutrices comprométense:

a) No caso dos productores incluídos na letra a) do número 1, a non realizar entregas de leite ou productos lácteos procedentes da súa explotación a compradores, durante o período de doce meses a partir do día de presentación da solicitude.

b) No caso dos productores contemplados na letra b) do número 1, a non incrementa-la súa cantidade de referencia individual de leite asignada por riba dos 120.000 quilogramos, durante o período de doce meses a partir do día da presentación da solicitude.

Artigo 15º.-Prima nacional complementaria.

Os beneficiarios por vaca nutriz regulada no artigo anterior obterán unha prima nacional complementaria de 24,15 euros por idéntico número de cabezas.

Sección segunda: prima especial a productores de carne de vacún

Artigo 16º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios da prima especial indicada no artigo 4 do Regulamento (CE) 1254/1999 os productores de bovinos machos que o soliciten e cumpran as condicións descritas nesta orde e na normativa estatal e comunitaria aplicables.

2. A prima especial concederase por un máximo de 90 animais por explotación e grupo de idade. No caso dos touros, un mesmo animal non poderá ser obxecto de máis dunha solicitude de prima. Os bois poderán ser obxecto de prima unha vez por cada un dos grupos de idade que se indican na letra b) do número seguinte.

3. Só poderán ser obxecto de subvención os animais que na data inicial do período de retención:

a) Teñan como mínimo 7 meses, no caso de touros.

b) Teñan como mínimo 7 meses e como máximo 19 no primeiro grupo de idade, ou como mínimo 20 meses no segundo grupo de idade, no caso de bois.

4. Non obstante o disposto no número 2, os cebadeiros comunitarios nos que os socios posúan vacas nutrices e nos que unicamente se ceben animais nacidos das ditas vacas e que cumpran co resto das condicións establecidas no número 1º do artigo 7 do Real decreto 1473/1999, poderán beneficiarse da prima especial polo número máximo de animais indicado no punto 2º do dito artigo 7.

5. Os documentos administrativos ós que se refire o artigo 9 do Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, presentados xunto coa solicitude de prima especial correspondentes a cada un dos animais polos que se solicita a prima, serán devoltos ó productor unha vez rematado o período de retención.

6. De acordo co artigo 3 do Regulamento (CE) 2342/1999, respecto dos animais excluídos do beneficio da prima por aplicación do factor de densidade gandeira ou do previsto no artigo 27º desta orde, condiderarase que teñen recibido a prima.

7. No caso de que un bovino macho sexa obxecto dun traslado a outro Estado membro da Comunidade Europea, o documento administrativo citado no número 5 utilizarase como documento administrativo de intercambio comercial, de acordo co disposto no artigo 4 do Regulamento (CE) 2342/1999, para os efectos de control no dito Estado membro.

8. Igualmente, se un productor establecido en España adquire bovinos machos noutro Estado membro, para poder solicita-la prima en España para os mencionados animais, deberá presentar á autoridade ante a que deposite a súa solicitude de prima o documento administrativo de intercambio comercial correspondente, expedido polas autoridades competentes do Estado membro de procedencia ou o documento equivalente que se estableza en aplicación do establecido no Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro.

Sección terceira: pagamentos por extensificación

Artigo 17º.-Pagamentos por extensificación. Condicións xerais de concesión.

1. Os beneficiarios da prima especial, da prima por vacas nutrices ou de ambas recibirán, logo de solicitude, un pagamento por extensificación, segundo o previsto no artigo 13 do Regulamento (CE) 1254/1999, cando a carga gandeira da súa explotación sexa inferior ou igual a 1,4 UGM por hectárea.

2. Para estes efectos, os solicitantes poderán acollerse, á súa elección, a dúas modalidades de acceso ó réxime de pagamento por extensificación:

a) Réxime simplificado, para aqueles productores que se comprometan a manter tódolos días, ó longo do ano natural, unha densidade gandeira igual ou inferior a 1,4 UGM por hectárea.

b) Réxime por media, para aqueles productores que manteñan durante o ano unha densidade gandeira igual ou por baixo de 1,4 UGM por hectárea, calculada en forma de media aritmética, sobre a base do censo da explotación en cinco datas de reconto establecidas no artigo 24 do Real decreto 1473/1999, sobre determinadas axudas comunitarias en gandería.

3. En ambas modalidades, e non obstante o disposto no artigo 28º desta orde, para o acceso ó pagamento por extensificación a carga gandeira determinarase:

a) Tendo en conta tódolos bovinos, machos e femias, presentes na explotación durante o ano de que se trate, así como tódalas cabezas de gando ovino e caprino polas que se teña presentado solicitude de prima, e

b) Tomando en consideración unha superficie forraxeira, que se compoñerá, nun 50 %, alomenos, de terras de pastoreo segundo se definen nos artigos 5º 1 e) e 18º. Non poderán considerarse superficies forraxeiras, para estes efectos, as empregadas para a producción de cultivos herbáceos segundo a definición do anexo 1 do Regulamento (CE) 1251/1999, do 17 de maio, polo que se establece un réxime de apoio ós productores de determinados cultivos herbáceos.

4. O número de animais converterase en UGM da forma descrita no artigo 28º, punto 4 b) desta orde.

Artigo 18º.-Terras de pastoreo.

1. Para os efectos do establecido no artigo anterior e no marco da definición de terras de pastoreo do artigo 5º 1 e) desta orde consideraranse terras de pastoreo na Comunidade Autónoma de Galicia as definidas no anexo 12 desta orde.

2. Co fin de garanti-la axeitada aplicación desta orde naquelas explotacións nas que a terra de pastoreo se atope xeograficamente separada do resto da explotación, o productor deberá demostrar que existe aproveitamento dela. Para tales efectos as terras consideraranse xeograficamente separadas cando sexa necesario utilizar un medio de transporte para desplaza-los animais ás ditas terras.

Artigo 19.-Declaracións de carga gandeira.

1. Os productores de vacún que desexen beneficiarse do pagamento por extensificación de acordo coa modalidade media descrita na letra b) punto 2 do artigo 17º desta orde deberán declara-lo censo de gando vacún da súa explotación en cinco datas de reconto ó longo do ano establecidas aleatoriamente, e publicadas no Boletín Oficial del Estado.

2. No prazo dun mes trala publicación das datas de reconto no BOE, os productores deberán presentar ante os servicios provinciais do Ilgga unha declaración do censo de vacún presente nas súas explotacións nas ditas datas no impreso especificado no anexo 13 desta orde.

3. Non se efectuarán pagamentos por extensificación a aqueles productores que nas súas declaracións de carga gandeira mostren un censo de animais igual a cero en máis dunha das ditas datas. Así mesmo, se o contido da declaración demostra, nunha data de reconto, un censo inferior nun 70% á medida aritmética das cinco datas, o productor deberá demostrar ante o Ilgga que tal censo obedece a prácticas habituais de xestión da explotación.

Sección cuarta: prima por sacrificio de vacún

Artigo 20.-Condicións xerais.

1. Os productores de gando vacún poderán obter, logo de solicitude, de acordo co modelo do anexo 1, SA1, a prima por sacrificio establecida no artigo 11 do Regulamento (CE) 1254/1999, cando os seus animais se sacrifiquen no interior da Unión Europea ou se exporten vivos a un terceiro país.

2. Só terán dereito a subvención os bovinos que, na data do sacrificio:

a) Teñan máis de 8 meses de idade (prima por sacrificio de bovinos adultos), ou

b) Teñan máis de 1 mes e menos de 7 meses e un peso en canal inferior a 160 quilogramos (prima polo sacrificio de tenreiros).

En caso de animais de menos de 5 meses de idade, a condicción relativa ó peso entenderase respectada.

Nos demais casos, para a determinación do peso en canal terase en conta a presentación e faenado dos canais que se describe no anexo 14 desta orde.

Se, por circunstancias excepcionais, non é posible determina-lo peso en canal dos animais, considérase que cumpren as condicións regulamentarias sempre que o peso vivo non supere os 290 kg.

Artigo 21º.-Declaración de participación dos matadoiros.

1. Co fin de simplifica-la xestión de primas ó sacrificio, así como de facilita-lo seu control, os centros de sacrificio autorizados nos que se produza o sacrificio dos animais obxecto de solicitude, deberán comunicar previamente a súa participación no réxime de prima ó sacrificio, mediante escrito dirixido á dirección do Ilgga.

2. Para tal fin, a dita comunicación de participación conterá, alomenos, os seguintes extremos:

a) Identificación do matadoiro ou centro de sacrificio autorizado, incluíndo o seu número de rexistro sanitario e o número de explotación gandeira, en virtude do diposto no Real decreto 1980/1998.

b) O compromiso de levar un rexistro, que poida estar informatizado, relativo ó sacrificio de tódolos animais que cumpran os requisitos para a obtención de prima, que inclúa, como mínimo:

-Data de sacrificio.

-Número de identificación dos animais, de acordo co establecido no Real decreto 1980/1998.

-Número de identificación dos canais, relacionados cos animais.

-Peso de cada un dos canais de bovinos de idades comprendidas entre os cinco e sete meses.

c) A descrición da presentación e o faenado habitual dos canais dos bovinos de máis de 1 mes e menos de 7 meses que se emprega no matadoiro e o compromiso de realiza-la determinación do peso dos canais conforme o procedemento descrito no anexo 14 desta orde.

d) A identificación das persoas autorizadas para a emisión dos certificados de sacrificio mencionados no artigo 22º, incluída a reproducción das súas sinaturas.

e) O compromiso de someterse ós controis que estableza a autoridade competente e de colaborar na súa realización.

3. O incumprimento dalgún dos compromisos na declaración de participación dará lugar á exclusión do matadoiro ou centro autorizado da participación no réxime de primas, durante un ano, sen prexuízo de calquera outra responsabilidade na que puideran incorrer.

Artigo 22º.-Certificado de sacrificio.

1. Os centros e matadoiros que participen no sistema expedirán, por solicitude do productor, un certificado de sacrificio para cada animal con dereito a axuda, que incluirá, como mínimo, os datos recollidos no anexo 15 desta orde. O certificado poderá substituírse por unha factura comercial sempre que a dita factura conteña os datos mencionados.

2. Non obstante, o certificado poderá incluír a varios animais no caso de partidas de animais sacrificados no mesmo día, pertencentes a un mesmo productor e coa mesma orixe.

Artigo 23º.-Concesión de prima no caso de expedición ou exportación dos animais fóra de España.

1. No caso de expedición de animais subvencionables a outro Estado membro da Unión Europea, a prima prevista no artigo 20º solicitarase e concederase en España. As condicións aplicables serán as descritas no citado artigo 20º. O certificado de sacrificio, que se axustará ás disposicións do artigo anterior, será emitido polo matadoiro do Estado membro de destino.

2. Se os animais son exportados a un país que non pertenza á Unión Europea, as condicións serán as mesmas, pero o certificado do sacrificio será substituído pola presentación das probas de exportación como parte da documentación que se cita no artigo 31º d) desta orde.

Sección quinta: pagamentos adicionais a productores de gando bovino

Artigo 24º.Pagamentos adicionais.

1. En aplicación do artigo 14 do Regulamento (CE) 1254/1999, do consello, establécese nesta Comu

nidade Autónoma un pagamento anual por cabeza de gando para o ano 2000 como pagamento adicional ós productores de gando bovino, que en todo caso terá un límite máximo de 5.000 pesetas por cabeza.

2. Este pagamento concederase ós productores polos animais bovinos de máis de oito meses, como importe adicional por unidade de prima por sacrificio, establecida no artigo 20º desta orde.

3. O importe do pagamento adicional para o ano 2000 para os productores con explotacións na Comunidade Autónoma de Galicia é de 302.798.202 pesetas.

4. O citado importe repartirase entre os productores, proporcionalmente ós animais que foran obxecto de prima no ano 2000, de acordo co indicado no punto 2.

Sección sexta: primas a productores de ovino-caprino

Artigo 25º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios da prima por ovella e cabra prevista no Regulamento (CE) 2467/1998, os productores de carne de ovino e caprino, tal como se definen no artigo 5º 3 a) desta orde, que o soliciten, de acordo co modelo 01 do anexo 1, ou teñan asignado un límite individual de dereitos de prima e asuman os compromisos recollidos no artigo 30º.

2. O importe da prima correspondente ós productores de cordeiros lixeiros e de cabras será do 80% da que corresponda ós productores de cordeiros pesados.

Artigo 26º.-Productores que desexen acollerse á prima específica a favor dos productores en zonas desfavorecidas.

1. Poderán obte-la axuda específica prevista no Regulamento (CE) 1323/1990, como complemento da prima descrita no artigo anterior, os productores de ovino e caprino con explotación situada en zona desfavorecida, tal e como se definen na letra e) do punto 3 do artigo 5º.

2. Tódolos productores de ovino e caprino indicarán na súa solicitude os termos municipais onde están situadas as superficies que dedican á cría de ovinos e caprinos, se estes son diferentes ó municipio onde radique a explotación.

3. Non obstante, cando teñan situadas as súas superficies dedicadas á cría de ovinos e caprinos en termos municipais con distinta catalogación no que se refire a zonas desfavorecidas e zonas non desfavorecidas, deberán sinala-lo seguinte:

a) Se non presentan a solicitude de axudas superficies por non estaren obrigados a iso, indica-la superficie dedicada á cría de ovinos e caprinos en cada termo municipal en formulario de solicitude da prima.

b) Se presentan a solicitude de axudas superficies, indicarán as parcelas agrícolas dedicadas á cría de ovinos e caprinos nos formularios correspondentes á citada solicitude.

4. O Ilgga determinará, en función das solicitudes e comprobacións efectuadas, se os productores de ovino e caprino incluídas no punto 1, se axustan á definición de productor en zona desfavorecida á que fai referencia no punto 3.e) do artigo 5º.

Sección sétima: condicionantes comúns a varias primas gandeiras

Artigo 27º.-Reducción do número de animais con dereito a prima por superación dos límites.

1. Toda solicitude de prima á vaca nutriz e de prima en beneficio dos productores de ovino e caprino, presentada para un número de animais que supere o dos dereitos individuais asignados ó productor en cada un dos réximes, será reducida ata o número de animais correspondentes ós citados dereitos. Se a solicitude de prima en beneficio dos productores de ovino e caprino corresponde a un rabaño mixto, a dita reducción será proporcional ó número de animais de cada especie que compoña o rabaño.

2. Se o número total de animais polo que se presenta unha solicitude de prima especial para o primeiro tramo de idade, e que responda ás condicións para ser primados, supera o límite máximo nacional establecido no artigo 4.4º do Regulamento (CE) 1254/1999, do consello, o número de animais con dereito a prima por productor reducirase ata o dito límite.

Artigo 28º.-Factor de densidade gandeira da explotación.

1. A concesión de axudas ó vacún establecidas nos artigos 14º a 16º desta orde estará supeditada a que o factor de densidade gandeira da explotación do solicitante non exceda de 2 unidades de gando maior (UGM) por hectárea dedicada ós animais nela mantidos, de acordo coa declaración de superficie forraxeira realizada polo solicitante.

2. Non obstante, os productores quedarán exentos da aplicación do factor de densidade gandeira cando o número de animais que manteñan na súa explotación e que deba tomarse en consideración para a determinación da dita carga non supere as 15 UGM, e ademais, non desexen percibi-lo pagamento por extensificación.

3. O número de bovinos machos e de vacas nutrices primables estará limitado pola aplicación do factor de densidade gandeira indicada no número 1.

4. Para a determinación do factor de densidade gandeira da explotación terase en conta:

a) As vacas nutrices e xovencas que sexan obxecto da solicitude de prima, así como os bovinos machos

e os ovinos e caprinos polos que se solicitan as primas correspondentes con cargo ó ano 2000. Así mesmo, as vacas leiteiras para produci-la cantidade de referencia de leite asignada individualmente ó productor a 31 de marzo do ano 2000.

A conversión do número de animais así obtido en UGM farase de acordo coa seguinte táboa de conversión:

-Bovinos machos e xovencas de máis de 24 meses de idade, vacas nutrices e vacas leiteiras: 1,0 UGM.

-Bovinos machos e xovencas de 6 meses a 2 anos: 0,6 UGM.

-Ovinos e caprinos: 0,15 UGM.

b) A superficie forraxeira segundo se define no artigo 5º 1 d) desta orde.

5. En virtude do disposto no Regulamento (CE) 2342/1999, o Ilgga determinará para cada productor o número de UGM que corresponde ó número de animais polo que poderán ser concedidas primas no sector de vacún, tendo en conta a superficie forraxeira da explotación de acordo co seguinte cálculo:

nmUGM = (superficie forraxeira determinada en hectáreasx2)-(VLx1+OCx0,15) sendo:

a) nmUGM: o máximo de UGM con dereito á prima especial e prima ás vacas nutrices.

b) Superficie forraxeira determinada: a declarada ou validada polo Ilgga unha vez aplicadas as normas de control integrado.

c) VL: o número de vacas leiteiras necesarias para produci-la cantidade de referencia individual asignada ó productor o 31 de marzo anterior ó inicio do período de 12 meses de aplicación da taxa suplementaria que empece o ano natural correspondente á solicitude da prima. Este número calcularase mediante o cociente enteiro por exceso entre a citada cantidade de referencia e o rendemento medio para España que se establece en 4.650 quilogramos por vaca e ano. Non obstante, se o productor presenta un certificado oficial de control leiteiro no que se faga consta-lo rendemento medio da súa explotación, poderá utilizarse esta cifra en lugar da mencionada.

d) OC: o número de ovellas e cabras polas que se solicite a prima correspondente para a campaña de comercialización 2000, o número de dereitos á prima por ovino-caprino dos que é titular o productor, no caso de que este número sexa inferior.

Artigo 29º.-Identificación e rexistro dos animais da especie bovina.

1. Cada animal polo que se solicite unha axuda deberá estar identificado, rexistrado e dotado do documento de identificación conforme as disposicións do Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro,

polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina.

2. Así mesmo, para beneficiarse das axudas, os productores deberán observa-la totalidade das esixencias establecidas no citado real decreto.

Artigo 30º.-Períodos de retención.

1. Os productores de vacas nutrices deberán manter na súa explotación, durante un mínimo de 6 meses consecutivos a partir do día seguinte á presentación da solicitude, un número total de animais primables alomenos igual a aquel polo que se solicitou prima e dos que o número de vacas nutrices sexa alomenos igual ó 80 % do número total de animais polo que se solicita a axuda e o número de xovencas non supere o 20 % do citado total.

2. Para ter dereito á prima especial o productor de vacún de carne deberá manter na súa explotación, para o engorde, durante dous meses como mínimo contados desde o día seguinte ó da presentación da solicitude, os animais incluídos nela.

3. Para ter dereito ás axudas de ovino-caprino os solicitantes deberán manter na súa explotación un número de animais que cumpran as condicións para a súa concesión igual, alomenos, a aquel polo que solicitaran a axuda correspondente durante un período mínimo de cen días, contados a partir do día seguinte ó de finalización do prazo para a presentación das solicitudes.

4. No que se refire ós productores de vacún que solicitan prima por sacrificio, deberán manter na súa explotación cada animal polo que solicitan prima durante un período de retención mínimo de 2 meses e sempre que este finalizara no prazo máximo dun mes antes do sacrificio. No caso de tenreiros sacrificados antes dos tres meses, o período de retención será dun mes.

5. Calquera diminución no número de animais polo que se solicitara a prima, que impida o seu mantemento na explotación nos períodos establecidos nos números 1, 2 e 3, deberá comunicarse por escrito ó Ilgga, no prazo máximo de dez días hábiles seguintes a partir do coñecemento de feito, con indicación das causas e a súa xustificación.

6. Nas explotacións de gando en réxime de trashumancia ou cando fora necesario traslada-los animais con dereito a prima a unha unidade de producción diferente da indicada na solicitude, o productor queda obrigado a notifica-lo citado traslado ó órgano ó que dirixiu a solicitude, antes da súa realización, mediante escrito razoado no que se expresen as causas que van dar lugar ó traslado, así como as datas en que se producirán os movementos, o número de animais que se van trasladar, coa súa identificación, o termo municipal e os predios ou lugares nos que se atoparán os animais, para os efectos de poder efectua-las preceptivas inspeccións.

Artigo 31º.-Documentación complementaria das solicitudes de primas gandeiras.

Ademais da solicitude específica do anexo 1 e da documentación indicada no número 4 do artigo 2º, os solicitantes de primas gandeiras achegarán a seguinte documentación:

a) Productores de vacas nutrices.

-Fotocopia da folla de saneamento gandeiro da campaña 1999, indicando nela con letras VN os animais que cumpran a condición de vacas nutrices, e XN nas xovencas coa mesma condición, asinada polo solicitante. No caso de animais non impresos na dita folla, xuntaranse as fotocopias dos documentos de idenficación de bovinos correspondentes a estes e relacionaranse a continuación na dita folla indicando número de identificación, data de nacemento e a indicación VN ou XN segundo se trate de vacas nutrices ou xovencas.

-Certificado oficial do control leiteiro, indicando o rendemento medio da súa explotación, se é o caso.

-Presentación, para o seu exame, do Libro de Explotación Gandeira actualizado, achegando, ademais, copias da portada e das páxinas onde figuren os animais polos que se solicita prima.

b) Productores de ovino e caprino.

-Copia da folla de saneamento gandeiro da campaña 1999, indicando os animais primables.

-Presentación, para o seu exame, do Libro de Explotación Gandeira de ovino-caprino, actualizado, achegando ademais copias da portada e das páxinas relativas ó censo actualizado de animais.

-Xustificantes, se é o caso, da incorporación de gando á explotación.

c) Productores de carne de vacún.

-Certificado oficial de control leiteiro indicando o rendemento medio da súa explotación, se é o caso.

-Presentación, para o seu exame, do libro de explotación actualizado, achegando ademais copia da portada e de cada unha das páxinas nas que figuren anotados touros e/ou bois polos que se solicita prima.

-Copia branca, orixinal, do documento administrativo de identificación de bovinos de cada un dos touros e/ou bois polos que solicite prima, no que os servicios competentes farán consta-la data de solicitude de prima, incorporando posteriormente unha fotocopia deles ó expediente, e devolvendo o orixinal ó productor, unha vez rematado o período de retención dos animais.

d) Os productores acollidos á prima por sacrificio.

-Presentación, para o seu exame, do Libro de Explotación Gandeira, achegando copia da portada e das páxinas nas que figuren as anotacións correspondentes ós bovinos polos que se solicita prima.

-Copia dos exemplares para o interesado dos documentos de identificación bovina dos animais polos que solicita prima.

-Certificados de sacrificio de acordo co artigo 22º desta orde.

-No caso de animais sacrificados noutro país da Unión Europea, copia do certificado sanitario internacional, no que consten os números de identificación individual dos animais.

-No caso de animais exportados vivos a un terceiro país, proba de saída do territorio aduaneiro da Unión Europea, mediante os correspondentes documentos aduaneiros (T5).

e) Productores acollidos ó pagamento por extensificación.

-Copia da portada e da folla do balance do Libro de Explotación Gandeira actualizado, onde figure o total de animais que deben tomarse en consideración no momento da solicitude.

-Declaración de carga gandeira no caso de acollerse ó réxime media de acordo co modelo do anexo 13 desta orde.

Capítulo IV

Controis

Artigo 32º.-Plan de controis.

1. No marco do Plan nacional de controis establecido polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) o Ilgga elaborará un plan rexional de controis administrativos e sobre o terreo das solicitudes de axudas superficies e de primas gandeiras.

2. Os ditos controis realizaranse polo Ilgga de xeito que se asegure a comprobación eficaz do cumprimento das condicións de concesión das axudas e primas establecidas na normativa comunitaria, nacional e nesta orde.

Artigo 33º.-Controis administrativos.

1. En virtude do número 2º do artigo 6 do Regulamento (CE) 1678/1998, da comisión, un dos elementos esenciais dos controis administrativos será a realización dos cruzamentos informáticos necesarios cos datos relativos ás parcelas e ós animais declarados, para garantir que non se efectúen pagamentos indebidos e, en particular, evita-la concesión de dobres axudas con cargo a unha superficie concreta ou por un animal determinado para o mesmo ano civil.

2. No caso concreto da prima especial ós productores de carne de vacún e da prima por vaca nutriz, os controis administrativos comprenderán a comprobación de que tódolos animais para os que se solicitan primas cumpren tódolos requisitos de concesión destas, empregando para isto os códigos identificativos dos animais.

Artigo 34º.-Controis sobre o terreo.

1. O Ilgga determinará, en cada caso, as solicitudes concretas que se van controlar sobre o terreo respectando, en todo caso, os criterios que se establezan no Plan nacional, conforme o previsto no artigo 27 do Real decreto 1893/1999, do 10 de decembro,

e no artigo 25 do Real decreto 1973/1999, do 23 de decembro.

2. Os controis faranse sen previo aviso. Non obstante, poderá avisarse anticipadamente ós titulares das explotacións cun prazo non superior ás corenta e oito horas.

3. O Ilgga realizará os controis sobre o terreo das solicitudes de superficies en tempo hábil, de xeito que permita efectua-las comprobacións regulamentarias das parcelas agrícolas obxecto das solicitudes de axuda.

4. No caso de liño téxtil, os controis anteriores complementaranse cos establecidos regulamentariamente.

Artigo 35º.-Penalizacións relativas ás solicitudes de axudas superficies.

1. De acordo co previsto no artigo 9 do Regulamento (CEE) 3887/1992, cando se comprobe que a superficie determinada efectivamente é superior á declarada, será a superficie declarada a que se teña en conta para o cálculo do importe da axuda, do factor de densidade gandeira da explotación e do pagamento por extensificación.

2. Cando se comprobe que a superficie declarada é superior á superficie determinada, o importe da axuda, o factor de densidade gandeira e o pagamento por extensificación calcularase a partir da superficie efectivamente determinada no control. Sen embargo, salvo en caso de forza maior, a superficie efectivamente determinada reducirase:

O dobre da diferencia comprobada, se esta fose superior ó 3% ou a 2 hectáreas e non superase o 20 % da superficie determinada.

No caso de que o excedente comprobado supere o 20 % da superficie determinada, non se concederá ningunha axuda ligada á superficie.

As citadas reduccións non se aplicarán se, para a determinación da superficie, o agricultor demostrase que se baseou, de xeito correcto, en datos oficiais do catastro.

3. Para efectos deste artigo, enténdese por superficie determinada aquela para a que tódalas condicións regulamentarias foran respectadas.

Para os mesmos efectos, tomaranse en consideración soamente e por separado as superficies forraxeiras para efectos de densidade gandeira, as superficies forraxeiras para efectos do pagamento por extensificación, as correspondentes á retirada de terras da producción e as relativas a distintos cultivos herbáceos ós que se aplique unha axuda diferente.

Artigo 36º.-Penalizacións relativas á solicitude de axuda animais.

1. De acordo co previsto no artigo 10 do Regulamento (CEE) 3887/1992, cando se comprobe que o número de animais declarados nunha solicitude, reducido, se é o caso, como consecuencia do esta

blecido nos puntos 3 e 4 deste artigo, é superior ó de animais presentes no control, o importe da axuda calcularase a partir do número de animais comprobado.

Se o control se realiza unha vez finalizado o período de retención, consideraranse animais presentes os que estean correctamente inscritos nos libros de rexistro da explotación.

Salvo en caso de forza maior e despois de aplica-lo disposto no número 3, ó importe unitario da prima descontaránselle as porcentaxes de penalización especificadas no número 1º do artigo 8 e o número 2º do artigo 10 do Regulamento (CEE) 3887/1992.

2. Para o cálculo da penalización, ós animais presentes no control sumaranse as baixas por causa natural ou por forza maior que foran comunicadas polo gandeiro. Sen embargo, os animais con dereito a prima só serán os presentes máis as baixas por causa de forza maior.

3. No caso de que, por circunstancias naturais da vida do rabaño, o productor non poida cumpri-lo compromiso de retención dos animais polos que solicitaran prima, manterase o dereito á prima polos animais realmente subvencionables que foran retidos durante o dito período, sempre que o productor o comunicara por escrito ó organo ante o que presentou a súa solicitude, no prazo de dez días hábiles seguintes á comprobación da diminución do número de animais.

4. Cando un productor non puidera respecta-la súa obriga de retención por motivos de forza maior, manterase o dereito a prima polo número de animais efectivamente subvencionables no momento de producirse os ditos motivos.

5. Para os efectos de aplicación deste artigo, os animais que poidan acollerse a primas diferentes teranse en conta por separado.

En ningún caso se concederán primas por un número de animais superior ó indicado na solicitude de axuda.

6. De acordo co indicado no artigo 35º, cando o excedente comprobado entre a superficie forraxeira declarada e a superficie forraxeira efectivamente determinada supere o 20% da superficie determinada, non se concederán, se é o caso, as primas ó sector vacún ligadas ás mencionadas solicitudes.

7. Cando, en aplicación do Real decreto 1373/1997, do 29 de agosto, se detecten en animais vacúns pertencentes a un productor, residuos de substancias prohibidas de acordo co establecido no Real decreto 1749/1998, do 31 de xullo, ou de substancias autorizadas no mesmo real decreto, pero utilizadas ilegalmente, este productor quedará excluído, durante o ano civil no que se efectúe a comprobación, do beneficio das axudas ás que se fai mención no capítulo III para productores de gando vacún.

8. O productor quedará, así mesmo, excluído durante o ano civil no que se efectúe a comprobación

do beneficio das citadas axudas, se se atopa no seu poder ou na súa explotación calquera substancia ou producto non autorizado en virtude do Real decreto 1373/1997, ou una substancia ou producto autorizado polo mencionado real decreto pero posuído de xeito ilegal.

9. No caso de que un productor reincida nalgunha das infraccións prevista nos números 7 e 8 deste artigo, no transcurso do mesmo ano ou durante o seguinte ano civil, prorrogarase a exclusión do beneficio das primas durante os dous anos seguintes a aquel en que se detectou a segunda infracción.

10. Calquera autoridade que, no exercicio das súas competencias, detecte algunha das anomalías establecidas nos números 7 e 8 en explotacións situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, deberá comunicarllo ó Ilgga.

Artigo 37º.-Penalizacións relativas á prima ovino e caprino, no que respecta ós productores a que fai referencia o artigo 26º.

1. No caso dos productores de ovino e caprino ós que fai referencia o número 3 do artigo 26º, cando a porcentaxe de superficie situada en zona desfavorecida determinada efectivamente sexa inferior ó 50%, non se aboará a axuda específica pagadoira ós productores en zona desfavorecida. Ademais, a prima por cabeza reducirase nunha porcentaxe equivalente á diferencia entre o 50% e a porcentaxe efectivamente determinada.

2. Non obstante o establecido no número anterior, no caso de falsa declaración intencionada ou debida a unha neglixencia grave:

-O productor en cuestión será excluído do beneficio do réxime da prima por ovino e caprino durante a campaña en cuestión e,

-En caso de falsa declaración intencionada, do beneficio do mesmo réxime de prima durante a campaña seguinte.

Artigo 38º.-Causas de forza maior.

1. Sen prexuízo dos supostos concretos que poidan ser tidos en conta para cada caso, o Ilgga poderá admitir como casos de forza maior os seguintes supostos:

a) O falecemento do productor.

b) Unha invalidez provisional ou permanente do productor, de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social.

c) A expropiación dunha parte da superficie agraria da explotación administrativa polo productor , sempre que tal circunstancia non fose previsible no momento da presentación da solicitude.

d) Unha catástrofe natural grave que afecte considerablemente á superficie agraria da explotación.

e) A destrucción accidental dos edificios do productor destinados á gandería bovina ou ovina e caprina.

f) Unha epizootia que afecte a todo ou parte do gando bovino ou ovino e caprino do productor.

2. A comunicación dos casos de forza maior e as probas correspondentes deberán facilitarse, por escrito, nun prazo de dez días hábiles a partir do momento no que o titular da explotación se atope en situación de facelo.

Artigo 39º.-Declaracións falsas nas solicitudes de axudas e primas.

Sen prexuízo das responsabilidades penais e administrativas que procedan, se se constatase unha declaración feita por neglixencia grave, o productor en cuestión quedará excluído do beneficio do réxime de axuda ou prima para o ano 2000, de acordo co previsto nos artigos 9 e 10 do Regulamento 3887/1992.

Se a declaración falsa fose feita deliberadamente no relativo ás superficies incluídas na súa solicitude, o productor quedará, ademais, excluído para o ano 2001 do beneficio de todo réxime de axuda a que se refiren o artigo 1º 1 desta orde, para unha superficie igual á que figuraba na dita solicitude. Se a mencionada declaración falsa afecta a aspectos relativos á solicitude animais, o productor quedará excluído do beneficio do mesmo réxime de axuda para o ano 2001. Para estes efectos, as diferentes primas gandeiras teranse en conta por separado.

Capítulo V

Da resolución e o pagamento

Artigo 40º.-Superficie para o cálculo dos pagamentos.

Para os efectos do pagamento das axudas por superficie establecidas no artigo 1 alíneas a) e b), teranse en conta as superficies declaradas ou as establecidas, en cada caso, polo Ilgga, segundo o exposto no artigo 35º desta orde. Por tanto, as superficies polas que se presenten solicitudes deberán ser reducidas nos casos que proceda, tendo en conta as disposicións referentes a:

a) Os índices comarcais de barbeito para as terras de cultivos herbáceos de secaño, definidas para a campaña 2000/2001.

b) A retirada do cultivo das terras que se benefician dos pagamentos compensatorios recollidos no Regulamento (CE) 1251/1999, do consello, a normativa específica do réxime de apoio ós productores de sementes oleaxinosas, liño téxtil e o uso de terras retiradas para a producción de materias primas con destino non alimentario.

c) A superficie básica rexional ou a superficie nacional de referencia para España, no que se refire ás oleaxinosas, de conformidade co Regulamento (CE) 1251/1999, do consello.

d) A retirada de terras, de conformidade co Regulamento (CE) 762/1994.

e) As relativas ós controis, establecidas nos Regulamentos (CEE) 3508/1992 e 3887/1992.

Artigo 41º.-Resolución das solicitudes.

1. Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo a que se refiren os artigos anteriores, así como comprobado para cada solicitante que se cumpren as condicións de concesión das axudas e primas, e comunicado polo FEGA o importe da eventual minoración que se vai aplicar ás superficies subvencionables e a contía da porcentaxe de reducción a aplicar no número de bovinos machos con dereito a prima por productor e o número de cabezas obxecto da prima por sacrificio, e demais información que resulte necesaria, o Ilgga establecerá para cada unha das solicitudes presentadas no seu ámbito as superficies e o número de animais con dereito a percibi-las axudas establecidas así como as superficies que poidan ser computadas para o cálculo do factor densidade gandeira da explotación e para o pagamento por extensificación da explotación.

Ó mesmo tempo, o dito instituto establecerá a relación das solicitudes de axuda que, polas causas previstas nos regulamentos de aplicación, especialmente os que se refiren á xestión e control integrados, perdan o dereito á obtención das axudas e primas.

2. Os servicios provinciais do Ilgga, despois de efectua-los controis administrativos e sobre o terreo pertinentes, elevarán a oportuna proposta, a través da delegación provincial, ó director do instituto, sobre as solicitudes presentadas, para que este dicte a correspondente resolución.

3. O prazo para dictar resolución será o mesmo que se fixa para os pagamentos no artigo seguinte.

Artigo 42º.-Pagamentos das axudas e primas.

1. O Ilgga realizará os trámites pertinentes para efectuar, nas datas que se indican, os seguintes pagamentos:

a) No período comprendido entre o 16 de novembro do ano 2000 e o 31 de xaneiro do ano 2001: os pagamentos por superficie correspondentes a cereais, oleaxinosas, proteaxinosas, liño non téxtil e retirada de terras, excepto no caso previsto na alínea c).

b) Nos sesenta días seguintes á publicación do seu importe definitivo: a axuda ás leguminosas gran.

c) Antes do 31 de marzo do ano 2001, o pagamento por superficie correspondente ás superficies de retirada utilizadas para a producción de cultivos con destino non alimentario.

d) Os anticipos, por un máximo do 60 % do importe da prima, correspondentes ás solicitudes da prima especial presentadas durante o primeiro semestre do ano, así como ás solicitudes de vacas nutrices e sacrificio, a partir do 16 do outubro do ano 2000, segundo o establecido no artigo 4 do Regulamento (CE) 2342/1999, da comisión.

e) Os pagamentos definitivos, descontados, se é o caso, os anticipos pagados, correspondentes ós gandeiros que manteñan vacas nutrices e ós productores de carne de bovino e sacrificio, así como os importes

complementarios por extensificación a aqueles cunha densidade gandeira inferior a 1,4 UGM/ha, (artigo 13 do Regulamento 1254/1999, do consello), efectuaranse como máximo ata o 30 de xuño do 2001.

f) A prima nacional complementaria ós productores de vacas nutrives como máximo ata o 30 de xuño do 2001.

g) Os anticipos semestrais, equivalentes cada un ó 30% da prima ovino e caprino considerada de acordo co previsto no Regulamento (CE) 1257/1999, do consello e, para os productores, en zonas desfavorecidas, a axuda específica prevista no artigo 1 do Regulamento (CEE) 1323/1990, unha vez finalizado o período de retención previsto no número 3 do artigo 30º desta orde e trala aprobación, pola Comisión Europea, dos importes unitarios.

h) As primas correspondentes ós productores de ovino e caprino e o saldo, no caso de que se pagaran anticipos, como máximo ata o 15 de outubro do 2001.

2. Os importes unitarios dos pagamentos compensatorios e axudas por superficie para a campaña de comercialización 2000/2001 serán os establecidos pola normativa comunitaria.

3. Os importes unitarios das primas gandeiras para o ano 2000 serán os seguintes:

a) Para a prima por vaca nutriz, 163 euros por vaca subvencionable, ó que se sumará a prima nacional complementaria prevista no artigo 6.5º do Regulamento (CE) 1254/1999, do consello de 24,15 euros.

b) Para a prima especial, 122 euros por boi e tramo e 160 euros por touro, coas reduccións correspondentes en aplicación do número 4º do artigo 4 do Regulamento (CE) 1254/1999.

c) Para os productores de carne de vacún e os que manteñan vacas nutrices nas explotacións nas que o factor de densidade sexa inferior a 1,4 UGM/ha, o importe complementario previsto no artigo 13 do Regulamento (CE) 1254/1999, do consello, de 100 euros por cabeza primada.

d) Para a prima en beneficio dos productores de ovino e caprino, os que estableza a Comisión Europea por ovella e cabra, tendo en conta que o importe da prima ás cabras será o 80% do correspondente ós productores de cordeiros pesados.

Para os productores en zonas desfavorecida, tal como define o punto 3 e) do artigo 5º, e de acordo co previsto no Regulamento (CEE) 1323/1990 os importes antes mencionados complementaranse mediante unha axuda específica de 6,641 euros por ovella para os productores de cordeiros pesados e de 4,589 euros por cabra.

e) Prima por sacrificio de gando bovino:

En aplicación do artigo 11.4º do Regulamento 1254/1999 concederanse as seguintes primas por sacrificio de gando bovino:

-Touros, bois, vacas e xovencas a partir de 8 meses de idade, 27 euros por animal.

-Tenreiros, coas reduccións correspondentes en aplicación do artigo 4.4º do Regulamento (CE) 1254/1999, de máis de 1 mes e menos de 7 meses de idade e co seu peso en canal inferior a 160 kg, 17 euros.

Artigo 43º.-Recursos administrativos.

Ós procedementos previstos nesta orde seralles de aplicación o sistema de recursos administrativos establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 44º.-Reintegro de anticipos e pagamentos indebidos.

1. Procederá o reintegro total ou parcial das axudas reguladas nesta orde, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

2. Cando os productores deban devolve-los anticipos recibidos ou calquera outro pagamento percibido indebidamente, deberán reembolsa-los seus importes xunto cos xuros correspondentes ó tempo transcorrido entre o pagamento e o dito reembolso. Calcularanse de acordo co tipo de xuros de demora establecido na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado.

3. Non obstante, cando o pagamento indebido fose realizado por erro imputable á Administración competente, non se aplicará xuro ningún.

Artigo 45º.-Obriga de facilitar información.

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lles poidan esixi-los órganos correspondentes do Ilgga, os beneficiarios das axudas previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar toda información que lles sexa requirida polos órganos dependentes do organismo pagador, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lle sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Disposicións adicionais

Primeira.-Para a concesión destas axudas existe crédito axeitado e suficiente, con cargo ós orzamentos xerais desta Comunidade Autónoma para 2000, nas seguintes aplicacións de orzamentos de gastos do Ilgga.

09.50.614A.779-Ordenación, reestructuración, fomento e mellora da producción agraria. Axudas comunitarias a productores derivadas da nova PAC: 1.500 millóns de pesetas.

09.50.712A.779-Fomento do sector gandeiro, axudas comunitarias a productores derivadas da nova PAC: 2.127 millóns de pesetas.

Segunda.-Na aplicación desta orde terase en conta as normas básicas contidas no Real decreto 1893/1999, do 10 de decembro, sobre pagamentos por superficie a determinados productores agrícolas e no Real decreto 1973/1999, do 23 de decembro, sobre determinadas axudas comunitarias en gandería.

Terceira.-As axencias de Extensión Agraria responsabilizaranse da tramitación das axudas referidas ás explotacións agrarias situadas no seu ámbito de actuación.

Cuarta.-Sen prexuízo do previsto nos artigos 36º a 37º e 39º desta orde, seralles de aplicación ós beneficiarios das axudas reguladas nela, o réxime de infraccións e sancións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, conforme a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

Disposición transitoria

As solicitudes formuladas ó abeiro da normativa autonómica, nacional e comunitaria reguladora das axudas a productores de determinados cultivos herbáceos e das primas en beneficio dos productores de carne de ovino e caprino, dos productores de vacún e dos que manteñen vacas nutrices en campaña anteriores, ás que non se lles concedeu a subvención solicitada, teranse en conta nesta convocatoria. A tramitación dos expedientes continuará no trámite no que se atopaban ó final do exercicio anterior.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, no ámbito das súas competencias, para dicta-las instruccións precisas para o desenvolvemento e execución desta orde, así como para modificar, por medio de resolución publicada no DOG, os prazos de presentación das solicitudes ou calquera outra condición ou requisito dos establecidos nesta orde, cando teñan a súa orixe nas modificacións producidas na normativa estatal ou comunitarias reguladoras das axudas previstas nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria