Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 31 de decembro de 1999 Páx. 15.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores P-24/1999 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás pesoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución dictada pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 24 de novembro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-24/1999.

Denunciado: Luciano Gómez Abal.

Enderezo: Fornos nº 5, Caldas de Reis.

DNI: 35.466.626.

Feitos denunciados: pescar en época de veda, capturando un total de 22 troitas das cales 6 non alcanzaban a talla mínima autorizada. Feitos denunciados ás 20.20 horas do día 1 de marzo de 1999 no río Umia, lugar A Laxe-San Martiño de Laxe, do concello de Moraña.

Data do acordo da incoación: 26-4-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 4-11-1999.

Precepto infrinxido: 34.8º e 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 e 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 55.000 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar de se-lo caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de MAN no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.

Indemnización: 8.000 ptas.

Expediente: P-91/1999.

Denunciado: José Luis Pascual Montes.

Enderezo: Regoufe-Luou-Teo (A Coruña).

DNI: 35.286.278.

Feitos denunciados: tenza dunha troita de medida inferior á permitida (15 cm) devolvéndoa ó río. Feitos

denunciados ás 20.10 horas do día 16 de maio de 1999 no río Ulla, lugar de Pontevea, do concello de Teo.

Data do acordo da incoación: 29-6-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 16-9-1999.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 5.000 ptas.

Indemnización: 1.000 ptas.

Expediente: P-128/1999.

Denunciado: Emilio Gabián Domínguez.

Enderezo: Julián Estévez, 14-5º D, Vigo.

DNI: 50.935.593.

Feitos denunciados: pescar 5 troitas (unha de 10 cm; 3 de 16 cm e 1 de 13 cm) que non alcanzan as medidas regulamentarias. Feitos acontecidos ás 18.20 horas do día 4 de xuño de 1999, no río Pardellas ó seu paso por San Salvador de Prado, do concello de Covelo.

Data do acordo da incoación: 18-8-1999.

Alegacións á incoación: presenta escrito no seu descargo na data 21-9-1999.

Data da proposta de resolución: 13-10-1999.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 5.000 ptas.

Indemnización: 5.000 ptas.