Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 31 de decembro de 1999 Páx. 15.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOURENZÁ

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria do 22 de outubro de 1999, aprobou os pregos de condicións económico-administrativas e técnicas para a contratación por concurso público con trámite de urxencia da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Lourenzá, o que se expón ó público polo prazo de 8 días na secretaría do concello para efectos de exame e reclamacións, en horario de oficina.

Este anuncio é un resumo dos seus elementos esenciais.

De conformidade co disposto no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, anúnciase simultaneamente o prego de condicións do concurso e a contratación, se ben no suposto de formularse reclamacións se aprazará a contratación mentres non sexan resoltas polo Pleno.

Os pregos de condicións en extenso poden ser obtidos na secretaría do concello en horario de oficina.

1. Obxecto.

A adxudicación, formalización e desenvolvemento do contrato que ten por obxecto o traballo denominado «Revisión e adaptación das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Lourenzá».

2. Tipo de licitación.

8.000.000 de ptas., IVE incluído, que poderá ser modificado á baixa.

Este concurso ten un financiamento da COTOP con cargo ás seguintes anualidades:

Anualidade de 1999: 100.000 ptas. (601,01 euros).

Anualidade de 2000: 800.000 ptas. (4.808,10 euros).

Anualidade de 2001: 2.400.000 ptas. (14.424,29 euros).

Anualidade de 2002: 2.300.000 ptas. (13.823,28 euros).

Non obstante por aplicación do establecido na disposición adicional segunda da orde reguladora desta axuda, a Dirección Xeral de Urbanismo poderá realizar durante o prazo de vixencia da orde os reaxustes das anualidades orzamentarias que razoadamente considere oportunas, en función do cumprimento das fases e prazos que se establecen no programa de pagamentos desta resolución.

O Concello de Lourenzá achegará así mesmo 2.400.000 ptas., e faralle aboamento ó contratista das cantidades correspondentes unha vez que lle sexan ingresadas pola COTOP.

3. Condicións esixidas ós licitadores.

a) Te-lo carácter de persoa física ou xurídica. No caso de persoas físicas, reuni-las titulacións de arquitecto superior ou de enxeñeiro de camiños, e xustifica-la disposición de medios humanos e materiais dedicados de xeito permanente á realización de actividades que garden relación directa co obxecto do contrato.

As persoas xurídicas, ou, se é o caso, os empresarios individuais deberán xustificar que os seus estatutos e actividade habitual gardan tamén relación directa co obxecto do contrato.

b) Que o dono, director ou empregado, no caso de persoas xurídicas, non se atope sometido a algún réxime de incompatibilidade segundo as disposicións vixentes.

c) Cumprimento do disposto na Lei 13/1995, do 18 de maio, reguladora dos contratos de asistencia, así como das normas contidas no prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación de estudios e servicios aprobada polo MOP por Orde do 8 de marzo de 1972, que rexerá como supletoria.

d) Acredita-la experiencia en realización de traballos análogos ós que son obxecto do presente prego, que será xulgada polo órgano contratante.

e) As persoas estranxeiras deberán reuni-los requisitos sinalados no artigo 24 e concordantes do Regulamento de contratación do Estado e restantes normas de aplicación.

f) As agrupacións de empresarios que se constitúan temporalmente para o efecto quedarán obrigadas subsidiariamente coa Administración, someténdose ás prescricións establecidas na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

4. Prazo de entrega dos traballos.

O prazo total de execución do traballo obxecto do presente prego é dun ano.

Os prazos parciais establécense de conformidade coa división do prazo máximo en períodos sucesivos, de conformidade co cronograma incluído no prego de prescricións técnicas no que se sinala o fraccionamento dos traballos en fases e os distintos orzamentos parciais que supoñen porcentaxes do orzamento total.

O prazo máximo da execución non será superior a un ano salvo que concorran as circunstancias especiais a que se refire o artigo 5 do Real decreto 1005/1974.

Os traballos correspondentes a cada fase darán lugar a entregas parciais.

A data oficial de comezo dos traballos será a do día seguinte ó da sintura do documento do contrato.

5. Fianzas e garantías.

A fianza provisional será o 2% do orzamento de contrata.

A fianza definitiva será por importe do 4% do orzamento de adxudicación.

As ditas fianzas poderán constituírse en metálico, ou mediante aval bancario axustado ás normas contidas na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

6. Propostas, liquidación e adxudicación.

A forma de adxudicación adoptada para a contratación é a de concurso público, de acordo co disposto na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Os licitadores presentarán as propostas no rexistro xeral do concello en tres sobres cerrados, sinalados coas letras A, B, e C, figurando en cada un deles o nome do propoñente e do título de traballo obxecto do contrato.

O sobre A conterá a proposición económica que debe comprende-la oferta fundamentalmente esixida.

A dita proposta deberá formularse conforme o modelo oficial que se inserta ó final do presente prego e na que constará en letra e en cifra a cantidad na que o licitador se compromete á realización do traballo.

As proposicións non poderán modificar ningunha cláusula ou prescrición técnica dos pregos, na oferta fundamental.

No sobre B incluirase a documentación administrativa na que necesariamente figurarán os seguintes documentos:

a) Xustificante de ter constituída a fianza provisional na forma indicada.

b) Se o propoñente é unha sociedade, primeira copia ou testemuño da escritura social debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, certificado do acordo ó Consello de Administración autorizando a persoa que asina a proposición coas sinaturas legalizadas e lexitimadas, ou poder bastante a favor seu, inscrito no Rexistro Mercantil e certificados de que dispón de suficiente organización e medios técnicos para a realización do traballo.

c) No caso de ser empresario individual, primeira copia ou testemuño notarial do certificado de inscrición no Rexistro Mercantil, ou certificación de non serlle legalmente esixible. Así mesmo, documento acreditativo de personalidade do asinante, e certificado de que dispón dunha organización con elementos persoais e materiais afectos de modo permanente e idóneo para a realización do traballo obxecto do concurso.

d) Declaración xurada de ter plena capacidade de obras, e non atoparse comprendido en ningunha das circunstancias que sinala na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

e) Certificación de atoparse ó corrente da cotización de seguros sociais, de seguro de accidentes de traballo ou, se é o caso, de non serlle legalmente esixibles.

f) Certificación de atoparse ó corrente das obrigas tributarias.

O sobre C conterá as referencias técnicas, correspondendo:

1. Cantos documentos xustifiquen os medios de que dispón, titulación, relación de persoal técnico ó seu servicio permanente e traballos similares realizados polo licitador.

2. Programa de realización dos traballos, que conteña:

-Memoria, na que de acordo co establecido no prego de prescricións técnicas se expoña metodoloxía que se utilizará nos traballos cunha definición clara e precisa de todos e cada un dos que se compromete a realiza-lo licitador.

-Calendario completo para a súa execución que sexa compatible co prazo de execución establecido neste prego de acordo co cronograma incluído, se é o caso, no prego de prescricións técnicas.

-Descrición dos medios persoais e materiais que se propoña utilizar, indicando o que posúa en propiedade ou en arrendamento, describindo, se é o

caso, o tipo de ofertas técnicas que se compromete a ter na forma que sinale o prego de prescricións técnicas.

-Previsións dos importes parciais dos traballos en tantos por cento do importe total segundo o cronograma previsto.

-No caso de que o licitador prevexa a necesidade de concertar con terceiros parte dos traballos, deberá indica-lo nome destes, referencias e porcentaxes que estas subcontratas representan sobre a totalidade do orzamento.

-Aqueles concursantes que conten coa colaboración de profesionais, equipo técnico ou empresas especializadas, deberán acompañar, como complemento dos méritos persoais, unha relación dos seus colaboradores, con indicación do nome, título, especialidade e experiencia. Neste caso será necesario presentar un compromiso escrito de colaboración dos interesados, e a relación expresa da parte do traballo nas que colaborarán.

7. Presentación de proposicións.

a) As proposicións presentaranse durante o prazo de 13 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, contándose como data de inicio do dito prazo o da última publicación que se produza.

As proposicións entregadas en man serano desde as 10 ás 14 horas en días laborables.

b) O feito de presentar unha proposición para o concurso sitúa o propoñente na obriga de cumpri-lo contrato se lle fora adxudicado o concurso. O contrato perfeccionarase pola adxudicación definitiva, en virtude da cal o propoñente e o concello quedarán obrigados ó seu cumprimento.

O resto dos pregos tanto de condicións administrativas como técnicas poderán recollerse nas oficinas municipais en horario de 9 a 14 horas.

Lourenzá, 29 de novembro de 1999.

Vidal Martínez-Sierra López

Alcalde

ANEXO

Modelo de proposición

Don/Dona..., con DNI nº..., de profesión..., con domicilio en..., de..., en nome propio (ou en representación de..., como acredita con...), informado/a da convocatoria do concurso anunciado no Diario Oficial de Galicia nº..., de data..., e no BOP de Lugo nº..., de data..., toma parte nel, comprometéndose a realiza-lo traballo titulado «Revisión e adaptación das normas subsidiarias do Municipio de Lourenzá», no prezo de..., (letra e cifra), de acordo coas bases que rexen o dito concurso, que as acepta integramente. (Lugar, data e sinatura).