Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 31 de decembro de 1999 Páx. 15.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador P-209/1998 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 90/3110001181, de Caixa Galicia (2091), oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 24 de novembro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 209/1998.

Denunciado: Maximino García Míguez.

Enderezo: r/ Salvaterra, 1, Vigo.

DNI: 76.977.185.

Feitos denunciados: corta de vexetación de ribeira sen autorización (13 brotes de amieiros e 1 brote de salgueiros), no río Pexegueiro, no lugar do Coto, Cesantes, do concello de Redondela. Feitos denunciados ás 11 horas do día 7 de setembro de 1998.

Data do acordo da incoación: 28-1-1999.

Data do acordo da proposta: 8-6-1999.

Proposta: sancionar a Maximino García Míguez con multa de 50.001 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar de se-lo caso, a licencia de pesca no Servicio de Provincial de MAN no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme e indemnización de 7.578 ptas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: corta sen autorización.

Precepto infrinxido: 34.22º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar de se-lo caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de MAN no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.

Indemnización: 7.578 ptas.