Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 31 de decembro de 1999 Páx. 15.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución recaída no expediente sancionador M-16/1999 por infracción da normativa en materia de montes.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a proposta de resolución dictada polo instructor no expediente que, por infracción ó Regulamento de montes, se está tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para examina-lo expediente e formular cantas alegacións considere pertinentes.

Lugo, 12 de novembro de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: M-16/99.

Denunciado: José Antonio Fernández Pérez.

Enderezo: Montaña de Agra, Oselle, Becerreá.

Feito denunciado: realizar un peche no monte en convenio Vilar, na parroquia de Oselle, concello de Becerreá, cunha superficie de 150 por 200 metros, cando estaba preparado para repoboar.

Data do acordo de incoación: 14-6-1999.

Precepto infrinxido: artigo 410 do Regulamento de montes.

Sanción: multa de 750.000 ptas.