Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 31 de decembro de 1999 Páx. 15.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, con trámite de urxencia e como expediente anticipado de gasto, do servicio de limpeza nos centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Con

sellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, con trámite de urxencia e como expediente anticipado de gasto, para a contratación do servicio de limpeza nos centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

-Obxecto: contratación do servicio de limpeza nos centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

-Orzamento de contrata: quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas.), IVE e outros impostos incluídos.

-Prazo de execución: segundo o prego de prescricións técnicas.

-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de características técnicas que rexerán neste concurso poderán recollerse no Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, así como nas delegacións territoriais desta consellería en días hábiles das 9 ás 14 horas.

-Presentación de proposicións e prazo: as proposicións poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais desta consellería, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase no mesmo día un telegrama ou fax á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, no que se lle comunique a presentación da oferta.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en San Caetano, ás 11 horas do segundo día hábil contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado, a apertura terá lugar o luns seguinte á mesma hora.

-Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1999.

P.D. (17-12-1997)

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación