Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 29 de novembro de 1999, prestou aprobación ás seguintes bases:

Bases que rexerán a provisión en propiedade polo sistema de promoción interna, por concurso-oposición, dunha praza de chofer, incluída na oferta pública de 1999.

1. Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade polo sistema de promoción interna por concurso-oposición, dunha praza de chófer, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase: persoal de oficios, pertencente ó grupo D, segundo o disposto no artigo 25 da Lei 30/1994.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial do Estado. Os anuncios sucesivos só se publicarán no primeiro dos boletíns citados e no taboleiro de edictos.

2. Condicións dos aspirantes.

Os aspirantes deberán reuni-los requisitos seguintes referidos á data na que remate o prazo de presentación de instancias:

a) Pertencer á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase: persoal de oficios deste concello, e te-la categoría de peón.

b) Ter unha antigüidade de, alomenos, dous anos na mencionada subescala.

c) Posuí-lo título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

d) Posuí-lo permiso de conducir clase C.

e) Carta de pagamento acreditativa de ter aboado o importe dos dereitos de exame ou xustificante do xiro postal ou telegráfico do seu aboamento, que se fixa en 2.500 pesetas.

3. Presentación de instancias.

As instancias nas que se solicite tomar parte no concurso-oposición polo sistema de promoción interna, nas que os aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, dirixiranse ó alcalde-presidente e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

4. Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos cos motivos da exclusión, e a designación do tribunal cualificador que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos da corporación, concedéndose un prazo de 10 días para emenda polos aspirantes excluídos, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da devandita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario, exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma cá anterior.

5. Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que conste o concurso-oposición, estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde-presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o do concello ou funcionario en quen delegue.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia, o enxeñeiro municipal, secretario do concello, o mecánico municipal, un representante da xunta de persoal, un concelleiro/a en representación de cada grupo político municipal.

A designación nominal dos membros do tribunal incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no BOP, así como no taboleiro de edictos da corporación, e contra os nomeados poderán os aspirantes facer uso do dereito de recusación cando concorran as circunstancias determinadas na lei.

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso, requirirase a asistencia do presidente e o secretario, ou persoas nas que deleguen.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorra neles algunha das circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantcs a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorra calquera desas circunstancias.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o coiden necesario ou conveniente. Os ditos asesores limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, de acordo coas cales colaborarán exclusivamente co respectivo tribunal.

6. Sistema de selección. Promoción interna: concurso-oposición.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada esta convocatoria no BOP, anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, a hora e o local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación persoal ós aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de terse recibido a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos do concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte. A orde de actuación dos opositores, nas probas que non sexan conxuntas, comezará pola letra « ». Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á realización do exercicio e, de seren

apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o aspirante interesado. Acreditarán a súa personalidade coa exhibición do DNI.

O procedemento de selección dos aspirantes consistirá nas seguintes fases:

Fase do concurso.

Non terá carácter eliminatorio e nela avaliarase:

a) Por servicios prestados ó Concello de Fene como peón: 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 4 puntos.

b) Por servicios prestados noutras administracións públicas, nas mesmas condicións sinaladas na alínea anterior: 0,05 puntos por mes, ata un máximo de 2 puntos.

c) Curso de iniciación da lingua galega: 1 punto.

d) Curso dc perfeccionamento da lingua galega: 2 puntos.

Puntuarase o de máis alto nivel caso de posuí-los dous e acreditarase mediante certificado expedido ou homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística ou Consellería de Educación.

c) Título de FP-1 rama de automoción: 1 punto.

f) Título de FP-2 rama de automoción: 2 puntos.

g) Cursos relacionados coa automoción:

-De 20 a 40 horas: 0,5 puntos por curso.

-De máis de 40 horas: 1 punto por curso.

Ata un máximo de 2 puntos nesta alínea.

A valoración dos méritos farase de conformidade coa documentación que acheguen os aspirantes ó presenta-la solicitude de admisión ás probas e, en todo caso, publicarase antes de dar comezo os exercicios da oposición, no taboleiro de edictos do concello e en ningún caso poderá ser aplicada co fin de supera-los exercicios da fase de oposición.

Fase de oposición.

Constará das seguintes probas, de carácter obrigatorio e eliminatorio:

Primeiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio constará, de dúas probas:

Proba a) De carácter práctico, consistirá en facer unha ou varias prácticas cos camións e vehículos especiais, así como os seus medios auxiliares, propiedade do concello. Esta proba puntuará cun máximo de 7 puntos.

Proba b) Escrita, consistirá en contestar un cuestionario tipo test de 30 preguntas con respostas alternativas sobre coñecementos básicos de mecánica, no tempo que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de 3 puntos.

Segundo exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en dúas probas:

a) Redacción en galego dun parte de carácter administrativo, segundo as condicións e o tempo que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de cinco puntos.

b) Consistirá en resolver dous problemas propostos polo tribunal sobre as catro regras aritméticas, no tempo que fixe igualmente o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de cinco puntos.

Terceiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en desenvolver por escrito, no tempo máximo dunha hora, un tema do programa que se xunta a estas bases (anexo I), que será elexido polos aspirantes entre catro sacados ó chou.

Os tres exercicios da oposición serán eliminatorios e cualificados ata un máximo de dez puntos cada un deles, sendo necesario acadar un mínimo de cinco puntos para superalos. O número de puntos que

poderá outorgar cada membro do tribunal será de 0 a 10 puntos e a cualificación de cada aspirante será o cociente de dividir polo número de compoñentes do tribunal a suma dos puntos.

A cualificación definitiva será o resultado da suma das puntuacións obtidas polos aspirantes en cada un dos exercicios da oposición, así como a puntuación obtida na fase do concurso, e será a que servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.

O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas.

7. Comezo das probas.

A data, hora e lugar de comezo do primeiro exercicio anunciarase con quince días de antelación, cando menos, no BOP, e non poderá comezar sen que transcorran dous meses como mínimo desde a publicación da convocatoria.

A data de realización dos demais exercicios publicarase unicamente no taboleiro de edictos do concello.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, sendo excluídos os que non comparezan, agás os casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á realización do exercicio e, de seren apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o aspirante interesado.

8. Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

Rematadas as probas e efectuadas as cualificacións, o tribunal publicará a lista de aprobados, que non poderá ser superior ó número de prazas convocadas, e elevará a dita relación xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación, a quen compete face-lo nomeamento correspondente.

O opositor proposto presentará na secrectaría do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base segunda, e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa.)

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa) do título de graduado escolar ou equivalente.

3. Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exercicio de funcións públicas, así como non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

4. Certificado de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función.

5. Fotocopia do permiso de conducir clase C (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa).

6. Os que tivesen a condición de funcionarios estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración á que pertenzan.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os opositores propostos que non presenten a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puideran incorrer por falsidade.

No prazo dun mes, contado desde a notificación do nomeamento, os aspirantes nomeados deberán tomar posesión do seu cargo, prestando xuramento ou promesa de conformidade co disposto no R.D. 707/1979, do 5 de abril, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.

9. Resolución de dúbidas.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición. En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio o R.D. 364/1995, do 19 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

10. Impugnación da convocatoría e dos seus actos.

A presente convocatoria e as súas bases poderán ser recorridas mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO I

Programa

1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Estructura e contido.

2. Dereitos fundamentáis e liberdades públicas.

3. A organización territorial do Estado español. Diferentes tipos de Administración: central, autonómica, local e institucional.

4. O Estatuto de autonomía de Galicia. O Parlamento de Galicia.

5. O Municipio. O termo municipal e a poboación.

6. A organización municipal e as competencias dos seus órganos.

7. A función pública local: a súa organización e réxime xurídico. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

8. Funcionarios públicos: situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

9. O municipio de Fene. Límites. Poboación. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación.

10. Localización dos lugares do concello de Fene. Localización dos edificios destinados a servicios públicos e funcións que se levan a cabo neles.

Estas bases permanecerán expostas ó público na secretaría do concello por espacio de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, para os efectos de reclamacións.

Fene, 30 de novembro de 1999.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde