Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de novembro de 1999 pola que se lle notifica a Jérónimo Pardillo González a resolución acordada no expediente de desafiuzamento 18/1999 da provincia da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, de 15 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Jerónimo Pardillo González, beneficiario da vivenda de protección oficial sita na rúa Pedro Carvajal, bloque 18, portal 1-5º Esq., en Ferrol (A Coruña), identificada como expediente C2CD68 conta 1450, a resolución do director xeral do IGVS, do 27 de outubro de 1999, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato de acceso diferido da vivenda que lle foi adxudicada, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo tramitado por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do arrendatario.

Contra a citada resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da devandita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo non ocupación 18/1999.

Resolución:

Vistas as actuacións practicadas no expediente de desafiuzamento 18/1999, con base nos seguintes feitos:

1. Con data do 25 de febreiro de 1999, como consecuencia da solicitude de regularización presentada

ó abeiro do Decreto 123/1998, do 16 de abril, por Roberto Varela Rodríguez, dictouse acordo de iniciación de expediente de desafiuzamento contra Jerónimo Pardillo González por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de protección oficial da que é titular, identificada como expediente C2CD68, conta número 1450.

2. Por resultar descoñecido o domicilio do agora expedientado, con data do 5 de abril de 1999 foi publicado o dito acordo no DOG e no taboleiro de edictos do correspondente concello, conforme o establecido polo artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non foron presentadas alegacións a esta.

3. Con data do 9 de xullo de 1999, a instructora do expediente emitiu proposta de resolución de desafiuzamento que foi publicada no DOG do 25 de agosto de 1999 e no taboleiro de edictos do concello, unha vez intentada a notificación conforme o artigo 59 da Lei 30/1992. Non foron presentadas alegacións a esta.

Fundamentos de dereito

1. É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en virtude das facultades previstas na Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do instituto, e no Decreto 70/1997, de estructura orgánica do organismo antedito, modificado polo Decreto 258/1999.

2. Os feitos probados constitúen causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, texto refundido da lexislación de VPO, e no artigo 138.6º do regulamento, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, e 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato de acceso diferido da vivenda identificada como expediente C2CD68, conta número 1450, da que é titular Jerónimo Pardillo González, por non destinala a domicilio habitual e permanente.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada conforme os artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante o conselleiro de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción da súa notificación.

Notifíqueselles a presente resolución ós interesados con expresión dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro».

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo