Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de novembro de 1999 pola que se lle notifica a Antonio García Sánchez a resolución acordada no expediente de desafiuzamento da vivenda do expediente C82050, conta 22.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Antonio García Sánchez, beneficiario da vivenda de protección oficial identificada como expediente C82050 conta 22, a resolución do director xeral do IGVS do 4 de novembro de 1999, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato de aluguer da vivenda que lle foi adxudicada e o lanzamento dela, por falta de pagamento.

Contra a citada resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da devandita resolución:

«Resolución:

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Antonio García Sánchez, beneficiario da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa Alcalde Pérez Ardá, portal 2, 2º Esq., Polígono de Elviña, 2ª fase da Coruña, correspondente ó:

Expediente C82050, conta 22, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas,

con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes feitos:

1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación das vivendas da Xunta de Galicia emitiu certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 884.322 ptas., con data do 10 de decembro de 1998.

2. Que requirido por carta certificada con xustificante de recepción, que se atopa incorporada ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades adebedadas nesa data, o dito requirimento non foi recibido, polo que foi notificado conforme o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

3. Con data do 19 de outubro de 1999, a empresa recadadora certifica unha débeda acumulada de 863.968 ptas.

Fundamentos de dereito

1. É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artículo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que será levado a cabo polo representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado, que de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda ca recarga

do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte no que teña lugar a notificación ou publicación.

2. A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan».

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo