Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de novembro de 1999 pola que se lle notifica a Ramón Pillado Villarquide a resolución de pleno dereito do contrato de aluguer da súa vivenda (expediente LU80040, conta 1).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e realizados dous intentos consecutivos de notificación persoal conforme o disposto no punto 2 do citado artigo, notifícaselle a Ramón Pillado Villarquide a resolución do director xeral do IGVS do 13 de s etembro de 1999, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato de aluguer relativo á vivenda de protección oficial da que é adxudicatario, recaída en procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.

Contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999. do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo

Resolución.

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Ramón Pillado Villarquide, bene

ficiario da vivenda obxecto desta resolución, situada na urbanización Atalaya, bloque 1-1º dereita, en San Cibrao (Cervo-Lugo) correspondente ó:

Expediente LU80040, conta 1, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes:

Feitos.

1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia emite certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 838.650 ptas., a data do 2 de outubro de 1998.

2. Que requirido por carta certificada con xustificante de recepción, que se atopa incorporada ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades debidas a esa data, o dito requirimento non foi atendido.

3. Con data do 26-8-1999 a empresa recadadora certifica unha débeda acumulada de 934.153 ptas.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución deste expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución do contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e lanzamento da vivenda, que levará a cabo o representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado, que de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir

do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación, así como aboa-las cantidades pendentes de pagamento por cotas de comunidade de veciños poñéndose ó día nelas.

2. A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan. Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1999. Asdo.: José Antonio Redondo López, director xeral do IGVS».

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo