De conformidade co disposto no artigo 59.4º e 60.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ós beneficiarios de vivendas de protección oficial, cos datos relacionados no anexo, as resolucións desta dirección xeral polas que se acorda a resolución de pleno dereito dos contratos das vivendas que lles foron adxudicadas e o seu lanzamento, recaídas no procedemento de desafiuzamento administrativo tramitado por falta de pagamento das rendas pactadas nos contratos de aluguer.
Os feitos indicados constitúen causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30 do R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial, e
nos artigos 138 e seguintes do regulamento, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.
O lanzamento das vivendas levarao a cabo o representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ó expediente, e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.
Advírteselles ós interesados, que de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó desta publicación.
Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido, Decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 8.3º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A resolución en firme dos contratos levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Contra as devanditas resolucións, que non son definitivas na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme o establecido nos artigos 107, 114 e 115 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1999.
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
construcción
resolución da resolución
Exped. de
Conta Adxudicatario Último domicilio coñecido Data da
Débeda na data
Ferrol (A Coruña)
Ferrol (A Coruña)
Ferrol (A Coruña)
Ferrol (A Coruña)
(Pontevedra)
(Pontevedra)
(Pontevedra)C1IV78 8 Amador Trillo Morado Rúa Enrique Granados, Bl. 41, Ptal. 2, 1-1º
4-11-1999 1.028.365 ptas.
C1IV78 32 Ramón Cortizas García Rúa Enrique Granados, Bl. 41, Ptal. 5, 2º D
26-10-1999 956.239 ptas.
C1IV78 33 Manuel Caride Beceiro Rúa Enrique Granados, Bl. 41, Ptal. 6, baixo 1
26-10-1999 1.158.618 ptas.
C1IV78 78 Santiago Fariña Carrasco Rúa Enrique Granados, Bl. 41, Ptal. 12, 1ºA
26-10-1999 632.097 ptas.
PO82080 191 Rafael Jiménez Pérez Rúa Luxemburgo, nº 12, 3º A
26-10-1999 1.544.508 ptas.
PO83060 80 Mª Carmen Couceiro Dios Rúa Bélxica, nº 7, 4º D
26-10-1999 794.712 ptas.
PO 83060 95 Mª Carmen López Bralo Rúa Bélxica, nº 9, 4º C
26-10-1999 1.129.978 ptas.