Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1999, do Servicio de Estructuras Rurais de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de concentración parcelaria da zona de Carballedo-Rebordelo. (Cotobade-Pontevedra).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Carballedo-Rebordelo (Cotobade-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 193/1993, do 29 de xullo (DOG nº 157, do 17 de agosto), o seguinte:

Primeiro.-Con data do 22 de novembro de 1999 o director xeral de Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Carballedo-Rebordelo (Cotobade-Pontevedra), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público na Casa do Concello de Cotobade e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da zona e no taboleiro de anuncios da casa do concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. Os recorrentes poden presenta-los recursos no rexistro da Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria -sito na rúa Benito Corbal, 47, 4º, de Pontevedra, no rexistro xeral da consellería -sito no edificio administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos o por representación. No escrito de recurso deberán expresar un domicilio dentro do termo municipal para facérlle-las notificacións que procedan, e se é o caso,

a persoa residente nel a quen teñan que facerlle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxisen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación, ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia).

Pontevedra, 25 de novembro de 1999.

Miguel Ángel Pérez Dubois

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais de Pontevedra

Vº e prace

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra