Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 29 de novembro de 1999, prestou aprobación ás seguintes bases:

Bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición libre, de dúas prazas de peón vacantes no cadro deste concello e incluídas na oferta de emprego público de 1999.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.-É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, mediante concurso-oposición libre, de dúas prazas de peón, encadradas no grupo E, escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, e incluídas na oferta pública de emprego de 1999.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos só se publicarán no primeiro dos boletíns citados, e no taboleiro de edictos.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.-Os aspirantes para tomar parte na oposición libre deberán reuni-los requisitos seguintes, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

a) Ser de nacionalidade española.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade ou te-la idade que a convocatoria estableza como mínima antes de que finalice o prazo de presentación de instancias, e non excede-la idade establecida como máxima para o ingreso no corpo ou escala.

c) Posuí-lo certificado de escolaridade ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, polo menos, ata a data do nomeamento.

Terceira.-Presentación de instancias e dereitos de exame.-As instancias nas que se solicite tomar parte no concurso-oposición libre, nas que os aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, dirixiranse ó alcalde presidente e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Os dereitos de exame fíxanse na contía de 2.500 ptas. agás os solicitantes en paro, que estarán exentos logo de xustificación mediante certificación expedida pola oficina de emprego conforme non perciben ningún tipo de prestación e terán de xuntar coa instancia a carta de pagamento acreditativa de ter ingresada dita cantidade na Tesourería Municipal.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.-Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos cos motivos da exclusión, e a designación do tribunal cualificador que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos da corporación, concedéndose un prazo de 10 días para emenda polos aspirantes excluídos, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da devandita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma cá anterior.

Quinta.-Tribunal cualificador.-O tribunal que xulgará as probas de que conste o concurso-oposición, estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Secrctario: o do concello ou funcionario en quen delegue.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia.

O enxeñeiro municipal.

O secretario do concello.

Un representante da xunta de persoal.

O encargado da brigada de obras do concello.

Un concelleiro/a en representación de cada grupo político municipal.

O tribunal quedará integrado, ademáis, polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do presidente e o secretario, ou persoas nas que deleguen.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorra calquera desas circunstancias.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probas en que así coiden necesario ou conveniente. Os ditos asesores limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, de acordo coas cales exclusivamente colaborarán co respectivo tribunal.

A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no BOP, así como no taboleiro de edictos da corporación.

Sexta.-Sistema de selección e comezo e desenvolvemento dos exercicios: o sistema de selección é o concurso-oposición libre.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, hora e local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación persoal ós aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de terse recibido a notificación. A convocatoria para os seguintes exer

cicios será efectuada no taboleiro de edictos do concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a realización dun exercicio e o comezo do seguinte. A orde de actuación dos opositores, nas probas que non sexan conxuntas, escomenzará pola letra « ». Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de ser apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o aspirante interesado. Acreditarán a súa personalidade coa exhibición do DNI.

O procedemento de selección dos aspirantes consistirá nas seguintes fases:

Fase do concurso.

Non terá carácter eliminatorio e nela avaliarase:

a) Por servicios prestados ó Concello de Fene: 0,5 puntos por cada período completo de 6 meses, ata un máximo de 4 puntos.

b) Por servicios prestados noutros concellos: 0,25 puntos por cada período completo de 6 meses, ata un máximo de 2 puntos.

Estes méritos acreditaranse mediante certificado expedido pola entidade pública na que se prestasen os servicios.

c) Por coñecemeto da lingua galega: curso de iniciación: 1 punto.

A puntuación obtida nesta fase será publicada no taboleiro de edictos do concello e en ningún caso poderá ser aplicada co fin de supera-los exercicios da fase de oposición.

Fase da oposición:

A oposición comprenderá os seguintes exercicios:

Primeiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio constará de dúas probas:

Proba a). Consistirá nunha ou varias probas obxectivas de carácter manual, á libre elección do tribunal, entre os cometidos propios do oficio e no tempo que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de 10 puntos.

Segundo exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en dúas probas:

a) Redacción en galego, dun parte de carácter administrativo, segundo as condicións e o tempo que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de cinco puntos.

b) Consistirá en resolver dous problemas propostos polo tribunal sobre as catro regras aritméticas, no tempo que fixe igualmente o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de cinco puntos.

Terceiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en desenvolver por escrito, no tempo máximo dunha hora un tema do programa que se xunta ás presentes bases (anexo I), que será elixido polos aspirantes de entre catro sacados ó chou.

Os tres exercicios da oposición serán eliminatorios e cualificados ata un máximo de dez puntos cada un deles, sendo necesario acadar un mínimo de cinco puntos para superalos. O número de puntos que poderá outorgar cada membro do tribunal será de 0 a 10 puntos e a cualificación de cada aspirante será o cociente de dividir polo número de compoñentes do tribunal a suma dos puntos.

A cualificación definitiva será o resultado da suma das puntuacións obtidas polos aspirantes en cada un dos exercicios da oposición así como a puntuación obtida na fase do concurso, e será a que servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.

O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas.

Sétima.-Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

Rematadas as probas e efectuadas as cualificacións, o tribunal publicará a lista de aprobados, que non poderá ser superior ó número de prazas convocadas, e elevará a dita relación xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación a quen compete face-lo nomeamento correspondente.

O opositor proposto presentará na secretaría do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base segunda, e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa) do título de graduado escolar ou equivalente.

3. Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exercicio de funcións públicas, así como non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

4. Certificado de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función.

5. Os que tivesen a condición de funcionarios, estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración á que pertenza.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os opositores propostos que non presenten a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puideran incorrer por falsidade.

No prazo dun mes, contado desde a notificación do nomeamento, os aspirantes nomeados deberán tomar posesión do seu cargo, prestando xuramento ou promesa de conformidade co disposto no R.D. 707/1979, do 5 de abril, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.

Oitava.-Resolución de dúbidas.-O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición. En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio, o R.D. 364/1995, do 19 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional, Real decreto 896/1991, do 7 de xuño e demais normas aplicables.

Novena.-Impugnación da convocatoria e dos seus actos.-A presente convocatoria e as súas bases poderán ser recorridas mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO I

Programa

1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Estructura e contido.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

3. A organización territorial do Estado español. Diferentes tipos de Administración: central, autonómica, local e institucional.

4. O Estatuto de autonomía de Galicia. O Parlamento de Galicia.

5. O municipio. O termo municipal e a poboación.

6. A organización municipal e as competencias dos seus órganos.

7. A función pública local: a súa organización e réxime xurídico. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

8. Funcionarios públicos: situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

9. O municipio de Fene. Límites. Poboación. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación.

10. Localización dos lugares do concello de Fene. Localización dos edificios destinados a servicios públicos e funcións que se levan a cabo neles.

Estas bases permanecerán expostas ó público na secretaría do concello por espacio de quince días

hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, para os efectos de reclamacións.

Fene, 30 de novembro de 1999.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde