Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.286

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 22 de decembro de 1999 pola que se establece a convocatoria pública para a participación na programación de cursos do plan autonómico de formación de formadores de formación profesional ocupacional do ano 2000, nas súas modalidades presencial e a distancia.

O artigo 3 do Decreto 424/1996, do 21 de novembro, polo que se regula o Plan Autonómico de Formación de Formadores de Formación Profesional Ocupacional, establece que a programación en cada provincia dos cursos incluídos no antedito plan será aprobada polos delegados provinciais da Consellería

de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude no último trimestre de cada ano, publicándose, no mes de decembro, mediante orde no Diario Oficial de Galicia.

Aprobada xa a programación de cursos de cada provincia, tanto os de formación básica (modalidades presencial e a distancia) como complementaria (cursos monográficos), procederase agora á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento daquel mandado regulamentario, e á apertura da convocatoria pública para a presentación das solicitudes para participar neles.

A programación de cursos de formación de formadores na súa modalidade a distancia programados pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude serve para dárlle-la oportunidade de realizalos a aqueles profesionais que se ven imposibilitados para asistir ós cursos de carácter presencial.

Por outra banda, como existe un número importante de profesionais que realizaron cursos de formación de formadores, metodoloxía didáctica ou calquera outro de contido semellante, impartidos polo Instituto Nacional de Emprego (Inem) dunha duración de 100 horas e, tendo en conta que o devandito decreto esixe que a formación básica se adquira a través dun curso de 150 horas lectivas de duración, para solucionar esta cuestión ofértase unha programación consistente nun curso específico de 50 horas de distancia, dirixido unicamente para este colectivo.

Consecuentemente con todo o anterior, consultados o Consello Galego de Formación Profesional e o Consello Galego de Relacións Laborais, en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1. A presente orde ten por obxecto o establecemento dos requisitos, condicións e criterios de selección dos alumnos ás accións formativas dos cursos de formación básica de metodoloxía didáctica, tanto na súa modalidade presencial como a distancia, e dos cursos de formación complementaria, así como determinar cáles son os cursos ofertados e os lugares de impartición das titorías permanentes e clases presenciais, que serán os publicados como anexo I a esta orde.

2. O plan autonómico de formación de formadores consiste nun conxunto de accións formativas tendentes a capacitar para programar, impartir e avaliar cursos de formación ocupacional ós diferentes profesionais que participan nos plans de formación ocupacional da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Estas poden ser básicas ou complementarias e, dentro da formación básica, regúlase a posibilidade de facer accións presenciais e a distancia.

3. Os cursos de formación básica terán unha duración de 150 horas; cando se trate de formación a distancia só 25 horas serán presenciais.

4. Prográmase tamén un curso específico a distancia de 50 horas para que aqueles profesionais que acrediten ter realizado algún curso de formación de formadores, metodoloxía didáctica ou calquera outro de contido semellante, calquera que sexa a súa denominación, impartido polo Instituto Nacional de Emprego, de 100 horas de duración, co fin de que poidan acada-la formación básica de 150 horas, sempre que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 4º da presente orde.

5. Dentro da formación complementaria impartiranse cursos monográficos de ata 40 horas para as persoas que superasen a formación básica e o seu obxectivo será profundar nos distintos módulos que conforman o contido dos cursos básicos, tendo a súa realización carácter voluntario.

Artigo 2º.-Convocatoria.

A convocatoria dos cursos de metodoloxía didáctica que se vai celebrar en cada provincia deberá difundirse mediante anuncio nun dos xornais de maior circulación dela a través da súa exposición nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais da consellería, das oficinas de emprego, nos centros de formación profesional ocupacional e nos centros colaboradores en materia de formación ocupacional. Os cursos monográficos deberán publicarse, ademais, en xornais de difusión autonómica.

A programación recollida no anexo I da presente orde poderá modificarse, á vista das solicitudes presentadas, por resolución dos respectivos/as delegados/as provinciais. Estas modificacións, como mínimo, deberán ser expostas nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais desta consellería.

Artigo 3º.-Solicitudes.

1. Os interesados en participar nestas accións formativas deberán presenta-la solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo II á presente orde, no rexistro das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude correspondente á provincia da súa residencia ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

2. No suposto de quereren participar en accións formativas de diferentes provincias, deberán presenta-la solicitude en cada unha delas, tendo en conta que poderán solicitar ata un máximo de catro cursos en toda a comunidade autónoma.

3. Coa solicitude deberá achegarse a documentación acreditativa dos requisitos sinalados no artigo seguinte. Os solicitantes de accións formativas básicas na súa modalidade a distancia disporán dun equipo informático, coas características sinaladas na propia solicitude.

4. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde.

Artigo 4º.-Requisitos e criterios de selección de alumnos.

1.1.a) Requisitos de titulación.

Estar en posesión da titulación académica esixida nos correspondentes programas validados polo Consello Xeral de Formación Profesional ou, en caso

de non existiren os anteditos programas, como mínimo, capacitación profesional suficiente, todo isto referido á ocupación relacionada coa especialidade que se vaia impartir.

1.1.b) Requisitos de experiencia profesional.

1. Te-la experiencia profesional esixida nos correspondentes programas validados polo Consello Xeral de Formación Profesional ou, en caso de non existiren os anteditos programas, tres anos de experiencia profesional na especialidade ou especialidades nas que o aspirante imparta ou vaia impartir cursos. Esta experiencia acreditarase mediante certificación oficial da vida laboral acompañada de copia do contrato ou de certificado de empresa que describa as tarefas realizadas, ou ben pertencer a algún dos catálogos de expertos vixentes ou que impartise algún curso do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (FIP) de 150 horas como mínimo.

2. Para poder acceder á programación de metodoloxía didáctica a distancia, ademais das condicións sinaladas no punto anterior, será requisito indispensable estar, no momento da presentación da solicitude, en situación de alta laboral acreditada mediante certificación de vida laboral.

3. O persoal das distintas administracións públicas só poderá participar nestas accións se dispón de compatibilidade para a impartición de cursos de formación ocupacional e autorización do órgano competente do seu centro de destino.

4. Para establece-la orde de prelación dos candidatos, valoraranse, por esta orde e con carácter excluínte, os seguintes aspectos:

a) Pertenza ó Católogo de Expertos da Xunta de Galicia.

b) A experiencia profesional durante os últimos dez anos na especialidade ou especialidades nas que o aspirante imparte ou pretenda impartir cursos, valorándose con tres puntos cada ano acreditado na forma prevista na alínea 1.1.b).

c) A impartición de cursos de formación ocupacional, valorándose por cada cincuenta horas impartidas un punto, sempre que o curso sexa do Plan FIP, acreditada a través de certificación do responsable das entidades impartidoras na que se faga consta-la denominación dos cursos, datas de impartición, número de horas impartidas e programación á que corresponde.

d) En caso de empate coa puntuación obtida nas alíneas b) e c) terán preferencia os aspirantes que teñan maior puntuación na alínea c).

5. Para a asistencia ós cursos monográficos será requisito imprescindible ter realizado o de metodoloxía didáctica de 150 horas e na selección dos asistentes terase en conta a experiencia profesional e a impartición de cursos de formación ocupacional, criterios sinalados nas alíneas b) e c) do punto anterior.

Artigo 5º.-Resolución.

A selección definitiva dos alumnos asistentes ós cursos realizarase por resolución do/a respectivo/a delegado/a provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude no prazo de seis meses contados desde o día seguinte ó da

publicación da presente orde, notificándoselles persoalmente ós interesados. Transcorrido o citado prazo sen que recaese resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.

Contra as resolucións dos delegados provinciais poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, non prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Formación e Colocación para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución da presente disposición.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO I

PROGRAMACIÓN CURSOS METODOLOXÍA DIDÁCTICA 2000

Modalidade: presencial.

Clave do

curso

Localidade

Datas

aproximadas

Horario

C-1FerrolMarzo-abrilMañás

C-2FerrolMaio-xuñoTardes

C-3FerrolOutubro-novembroTardes

C-4A CoruñaFebreiro-marzoTardes

C-5A CoruñaSetembro-outubroMañás

C-6A CoruñaNovembro-decembroMañás

C-7Santiago de CompostelaMarzo-abrilTardes

C-8Santiago de CompostelaMaio-xuñoTardes

C-9Santiago de CompostelaOutubro-novembroMañás

LU-1LugoMarzo-abrilMañás

LU-2LugoMarzo-abrilMañás

LU-3LugoMaio-xuñoMañás

LU-4LugoMaio-xuñoTardes

LU-5LugoOutubro-decembroTardes

OU-1OurenseFebreiro-abrilMañás

OU-2OurenseFebreiro-abrilTardes

OU-3OurenseMaio-xuñoMañás

OU-4OurenseMaio-xuñoTardes

OU-5OurenseXullo-outubroMañás

OU-6OurenseXullo-outubroTardes

OU-7OurenseNovembro-decembroMañás

OU-8OurenseNovembro-decembroTardes

PO-1VigoFebreiro-abrilMañás

PO-2VigoFebreiro-abrilTardes

PO-3VigoMaio-xuñoTardes

PO-4VigoSetembro-novembroMañás

PO-5VigoOutubro-decembroTardes

PO-6LalínMarzo-abrilTardes

PO-7Vilagarcía de ArousaMaio-xuñoTardes

PO-8Vilagarcía de ArousaOutubro-decembroTardes

PO-9PontevedraMarzo-abrilTardes

Clave do

curso

Localidade

Datas

aproximadas

Horario

PO-10PontevedraOutubro-decembroTardes

PO-11Val MiñorMaio-xuñoTardes

Modalidade: a distancia.

Cursos de 150 horas.

Clave do

curso

Centro de titorías e

clases presenciais

Localidade

C-D-1Centro de F.O. de FerrolFerrol

C-D-2Centro de F.O. de FerrolFerrol

C-D-3Centro de LabañouA Coruña

C-D-4Centro de LabañouA Coruña

C-D-5Centro de LabañouA Coruña

C-D-6Centro de LabañouA Coruña

C-D-7Centro de F.O. de SantiagoSantiago de Compostela

C-D-8Centro de F.O. de SantiagoSantiago de Compostela

C-D-9Centro de F.O. de SantiagoSantiago de Compostela

C-D-10Centro de F.O. de SantiagoSantiago de Compostela

LU-D-1Centro de F.O. de MontirónLugo

LU-D-2Centro de F.O. de MontirónLugo

LU-D-3Centro de F.O. de MontirónLugo

LU-D-4Centro de F.O. de ViveiroViveiro

OU-D-1Centro de F.O. Sta. Mª de EuropaOurense

OU-D-1Centro de F.O. Sta. Mª de EuropaOurense

OU-D-3Centro de F.O. Sta. Mª de EuropaOurense

OU-D-4Centro de F.O. Sta. Mª de EuropaOurense

OU-D-5Centro de F.O. Sta. Mª de EuropaOurense

OU-D-6Centro de F.O. Sta. Mª de EuropaOurense

PO-D-1Centro de F.O. de CoiaVigo

PO-D-2Centro de F.O. de CoiaVigo

PO-D-3Centro de F.O. de CoiaVigo

PO-D-4Centro de F.O. de CoiaVigo

Modalidade: a distancia.

Cursos de 50 horas.

Clave do

curso

Centro de titorías e

clases presenciais

Localidade

C-D-11Centro de F.O. de SantiagoSantiago de Compostela

Cursos monográficos.

Denominación

Clave do

curso

Localidade

Datas

aproximadas

Horario

e duración

AvaliaciónC-M-1A CoruñaFebreiroTardes/40 h

Edición vídeoC-M-2A CoruñaAbrilTardes/40 h

Educando a vozC-M-3A CoruñaSetembroTardes/40 h

Educando a vozC-M-4Santiago de

Compostela

MarzoTardes/40 h

Comunicación didácticaLU-M-1LugoXulloMañás/20 h

Informática aplicada ó ensinoLU-M-2LugoSetembroTardes/40 h

Comunicación didácticaPO-M-1VigoMaioMañás/20 h

Habilidades sociais e autoestimaPO-M-2VigoFebreiroMañás/20 h

Confección de material didáctico con Power PointPO-M-3VigoFebreiroTardes/20 h

Confección de carteis didácticos con Cosol DrawPO-M-4VigoMarzoTardes/30 h

Edición de vídeo didácticoPO-M-5VigoDecembroMañás/40 h

Vídeo e diaporamaPO-M-6VigoNovembroTardes/40 h