Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 14.979

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta asinada pola comisión negociadora do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Mugardos para a modificación do convenio colectivo.

Visto o texto da acta asinada o día 20 de setembro de 1999 pola comisión negociadora do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Mugardos, integrada polos representantes do concello e do delegado de persoal e aprobado polo Pleno do Concello realizado o día 24 de setembro de 1999, mediante o que se acorda a modificación do convenio colectivo (código convenio 1503262) e a posterior rectificación da táboa salarial para a corrección de erros acordada pola acta da comisión negociadora do día 25 de outubro de 1999 e aprobada polo Pleno do día 29 de outubro de 1999, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de

Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente

nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de novembro de 1999.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da sesión realizada pola comisión negociadora do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Mugardos (A Coruña) para o ano 1999, o día 20 de setembro de 1999, ás 16.30 horas

Reunidos no salón de sesións da casa do Concello de Mugardos, ás 16.30 horas do día 20 de setembro de 1999, dunha parte, os representantes do concello: Xosé Fernández Barcia, Manuel Fariña Doval, Juan Toimil Iglesias, Encarna Sánchez Roel e Pilar Díaz Otero.

Doutra parte, os delegados do persoal: Juan A. Fernández Coira e Mª Carmen Fariña Saavedra.

Acordan modifica-lo convenio colectivo actualmente vixente, publicado no BOP nº 31, do 7 de febreiro de 1997, nos termos seguintes:

Dar nova redacción ós artigos 1.1º, 6.1.1º e 7.2.4º e disposición xeral terceira, que quedarán redactados do modo seguinte:

Artigo 1.1º.-Ámbito de aplicación persoal.

Este convenio será de aplicación a todo o persoal laboral, fixo ou interino, que ocupe praza no cadro de persoal do Concello de Mugardos.

Quedan excluídos do ámbito de aplicación deste convenio:

a) O persoal que sexa contratado para execución de plans de fomento do emprego, formación de parados/as, programas de servicios sociais ou similares,

en desenvolvemento de convenio ou con cargo a subvencións nas que interveña outra entidade, xa sexa da Administración central, autonómica, local ou institucional.

b) O persoal que realice traballos de colaboración social.

Artigo 6.1.1º.-Condicións xerais.

O concello consignará, para o ano 1999, 500.000 ptas. para sufraga-los gastos dos seus traballadores, e beneficiarios destes, destinados a axudas de carácter social.

Artigo 7.2.4º.-Provisión de postos de traballo.

Crearanse dúas prazas de peón de servicios múltiples e cubriranse as vacacións do persoal mediante substitucións.

Disposición xeral

Terceira.-No caso de despedimento improcedente, o traballador poderá optar entre incorporarse ó seu posto de traballo ou ser indemnizado polo concello.

Esta disposición só lles será aplicable a traballadores que, trala superación do correspondente proceso selectivo, ocupen posto de traballo de carácter fixo.

Modifícase a táboa salarial segundo figura no anexo I.

E sendo as 17.15 horas do día sinalado ó principio, levántase a sesión, estendéndose esta acta, que asinan os membros da comisión negociadora do convenio colectivo.

Mugardos, 25 de outubro de 1999.

Polo concello:

Xosé Fernández Barcia

Juan Toimil Iglesias

Pilar Díaz Otero

Manuel Fariña Doval

Encarna Sánchez Roel

Polos traballadores:

Juan Fernández Coira

Mª del Carmen Fariña Saavedra

ANEXO I

Táboa salarial do persoal laboral do Concello de Mugardos para o ano 1999

CategoríaS. baseNivelC. destinoC. específicoC. Product.Salario mesExtra vacaciónsTotal anoNº postos

Limpador a tempo parcial 4 horas40.10023.47119.1781.67684.42582.7491.176.9222

Limpador a tempo parcial 6 horas60.15035.20628.7652.513126.634124.1211.765.3373

Limpador a tempo completo74.6301443.68235.6913.118157.121154.0032.190.3401

Conserxe escolas municipais74.6301443.68235.6913.118157.121154.0032.190.3402

Conserxe-limpador pavillón74.6301443.68235.69123.906177.909154.0032.419.0081

Peón de reparacións74.6301443.68235.6913.118157.121154.0032.190.3401

Peón servicio recollida lixo74.6301443.68235.69144.693198.696154.0032.647.6652

Oficial de 2ª de limpeza e reparacións81.7491650.11539.2853.118174.267171.1492.430.3842

CategoríaS. baseNivelC. destinoC. específicoC. Product.Salario mesExtra vacaciónsTotal anoNº postos

Oficial de 2ª recollida lixo81.7491650.11539.28544.693215.842171.1492.887.7091

Oficial de 2ª encargado de augas81.7491650.11539.28523.906195.055171.1492.659.0521

Oficial de 1ª servicios múltiples81.7491856.54537.9463.118179.358176.2402.501.6581

Auxiliar biblioteca e O.I.X.81.7491856.54537.94613.512189.752176.2402.615.9921

Aparelladora134.1202062.98083.3453.118283.563280.4453.960.5281

Asistente social134.1202062.98054.05417.671268.825251.1543.710.5371