Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 14.981

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A., código 3601742, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-10-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, con data do 29-9-1999. De conformiade co disposto o artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación as representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de novembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Rocas Europeas

de Construcción, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

Afectará a todo o persoal técnico, administrativo, subalterno e obreiro que preste servicios na empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A., sita nas Gándaras de Budiño e dedicada á actividade de elaboración de granito, coa exclusión daqueles incluí

dos na alínea C), punto 3º do artigo 1 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

Terá unha duración desde o 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 1999. A vixencia será a totalidade da súa duración.

Co fin de evita-lo baleiro normativo, denunciado o convenio e ata non se lograr acordo expreso, perderán vixencia as súas cláusulas obrigacionais, manténdose as normativas ata o asinamento do convenio que o substitúa.

Artigo 3º.-Procedemento de denuncia.

A denuncia na que se propoña a revisión deste convenio deberá ser presentada por calquera das partes deliberantes cunha anticipación mínima de 1 mes. Desta comunicación enviarase copia para efectos de rexistro á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria con facultades para interpreta-lo contido do convenio, a cal estará composta por tres vocais titulares e un suplente por cada unha das dúas representacións que tomaron parte na negociación do convenio. Unha e otra poderanse dotar de asesores.

Artigo 5º.-Axudas de custo.

As axudas de custo para o persoal obreiro establécense como segue:

Axuda de custo completa: 2.703 pesetas.

Media axuda de custo: 1.081 pesetas.

Artigo 6º.-Retribucións salariais.

Aplicarase un incremento económico do 2,5% sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, complementos salariais e extrasalariais.

No suposto de que o incremento anual do IPC o 31-12-1999 supere o 1,8%, efectuarase unha revisión económica para ese ano no exceso producido, que afectará os conceptos previstos no parágrafo anterior, para efectos de que sirva como base para as táboas salariais do convenio do ano 2000.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias aboaranse sobre o salario pactado no convenio para cada categoría profesional, máis a antigüidade, se é o caso.

Estas serán as seguintes:

Xullo, 30 días, pagadoira o día 15 de xullo.

Nadal, 30 días, pagadoira o día 20 de decembro.

Artigo 8º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias adaptaranse á lexislación vixente e aboaranse de acordo coa táboa do anexo II desde a data do asinamento deste convenio.

Artigo 9º.-Complemento de puntualidade e asistencia.

Establécese un complemento de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado por este convenio, de carácter diaro, que se fixa en 457 pesetas para o ano 1999.

A percepción deste complemento estará suxeita ás seguintes regras:

1. Entenderase por falta de puntualidade cando o traballador no momento de comeza-la xornada laboral non estea no seu posto de traballo e ata un máximo de 15 minutos.

2. No suposto anterior, o traballador perderá o 5 por cento do complemento de puntualidade e asistencia por cada un dos atrasos.

3. Se a incorporación do traballador se produce despois dos primeiros 15 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada laboral, perdéndose o 10 por cento do complemento cada vez que se produza a dita falta.

4. A falta de asistencia dunha xornada de traballo ocasionará a perda do 20 por cento do complemento.

5. As licencias establecidas neste convenio e Estatuto dos traballadores non serán consideradas como faltas de puntualidade e asistencia.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte, sexa cal for o medio empregado polo traballador para o seu desprazamento, complemento que se aboará por día de traballo efectivo.

Para o ano 1999, este establécese na cantidade de 568 pesetas. As sumas percibidas por este concepto non terán a consideración de salario para ningún efecto, polo cal non se computarán para o cálculo da antigüidade, gratificacións extraordinarias, etc.

Artigo 11º.-Xornada de traballo.

A xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo, tanto a xornada partida como a continuada, e en cómputo anual realizaranse 1.760 horas, segundo o establecido no artigo 71 do convenio xeral da construcción.

No referente ós festivos non recuperables, aplicarase o establecido no convenio provincial de mármores e pedras.

Todo o persoal afectado por este convenio estará suxeito a quenda de mañá, tarde ou noite, tanto a xornada partida como continuada e permitirase a mobilidade dos postos dentro do centro de traballo.

Para as máquinas que requiren traballo continuado establecerase o número de quendas necesarias para cubri-los sete días da semana.

Desde o 1 de xullo ó 1 de setembro establecerase xornada continuada para o persoal técnico e administrativo, garantíndose mediante quendas a xornada partida cada un dos servicios administrativos da empresa.

Artigo 12º.-Organización do traballo.

Na sección de teares establécese un sistema de organización do traballo consistente na definición dos seguintes equipos de traballo:

a) Equipos flexibles: encargaranse dos labores necesarios desde que se descargue o tear ata o deixar novamente cargado. Asígnanse 3 equipos de 4 persoas cada un. Dos 4 operarios que compoñen cada equipo, un descansa. Deste xeito, e mediante un sistema rotatorio de descansos, cada integrante do equipo ten garantidos 2 descansos fixos de 2 días cada 16 días, á parte dos que lle poidan corresponder en función das cadencias de carga e descarga dos teares.

b) Equipos normais: formados por un xefe de equipo e un axudante, atenderán o correcto funcionamento dos teares. En quendas de mañá, tarde e noite e mediante un calendario de rotacións entre 5 equipos conséguese ter cuberto este servicio tódolos días do mes. Os axudantes percibirán un complemento de posto de traballo equivalente á diferencia entre o seu salario e o establecido para a categoría de oficial de 3ª.

O importe do complemento establecido para cada un dos integrantes dos equipos descritos nas letras a) e b) anteriores fíxase en 33.825 pesetas mensuais para este ano.

Os operarios que atendan o tren de pulido percibirán un complemento de posto de traballo igual ó descrito na letra b) para os axudantes.

A empresa reitera o seu interese en establecer un complemento de calidade por seccións, complemento que só se poderá establecer cando se conte cos medios técnicos de control de calidade necesarios para valora-la evolución da calidade nas distintas fases do proceso productivo.

Artigo 13º.-Promoción no traballo.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou especial confianza serán de libre designación e revogación pola empresa.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, a empresa establecerá sistemas de carácter obxectivo, podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado función de superior categoría profesional.

e) Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, as cales deberán se-las adecuadas ó posto de traballo que se vai desempeñar.

Artigo 14º.-Cambio de xornada e quenda.

A empresa poderá, cando así o xustifiquen as necesidades de producción, asignar temporalmente calquera traballador a un posto de traballo distinto ó que vén desempeñando habitualmente, independentemente da xornada e quenda de traballo que o dito posto teña establecido, adaptándose ás xornadas e quendas que rixan na sección de destino. Estas asignacións serán rotativas e terán para cada traballador unha duración máxima de dous meses. Destas asignacións será informado o comité de empresa.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións anuais retribuídas será de trinta días naturais, calculadas a salario base do convenio máis complemento de asistencia e complemento de antigüidade, se é o caso.

Aboarase o importe das vacacións o día laborable anterior ó seu desfrute.

Artigo 16º.-Licencias.

O persoal afectado por este convenio terá dereito ás licencias establecidas no Estatuto dos traballadores, en canto sexan máis favorables para o traballador que as que aquí se establecen:

-Matrimonio do traballador/a: 15 días naturais.

-Matrimonio de fillos ou irmáns na provincia: 1 día natural.

-Matrimonio de fillos ou irmáns fóra da provincia: 2 días naturais.

-Enfermidade grave do cónxuxe (ou convivente) pais ou fillos na provincia: 6 días naturais.

-Enfermidade grave do cónxuxe (ou convivente) pais ou fillos fóra da provincia, 7 días naturais.

-Enfermidade grave de irmáns: 2 días naturais.

-Parto da esposa e/ou compañeira: 6 días naturais.

-Morte do cónxuxe e/ou convivente, pais e fillos: 4 días naturais.

-Morte de avós, netos, irmáns, pais políticos ou fillos políticos: 2 días naturais.

-Morte de irmáns políticos ou tíos: 1 día natural.

-Traslado de domicilio habitual dentro da provincia: 3 días naturais.

-Traslado de domicilio habitual fóra da provincia: 5 días naturais.

En tódolos casos será con notificación previa á empresa e xustificación fidedigna.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralle roupa de traballo ó persoal segundo se especifica para cada caso.

* Parque de bloques e teares:

1 funda ou traxe (4 meses).

1 camisa remeira (12 meses).

1 par de botas (6 meses).

* Mantemento:

1 funda ou traxe (4 meses).

1 camisa remeira (12 meses).

1 par de botas (6 meses).

* Resto persoal:

1 funda ou traxe (6 meses).

1 camisa remeira (12 meses).

1 par de botas (6 meses).

Artigo 18º.-Recoñecemento médico.

A empresa está obrigada a solicitar do centro de seguridade e hixiene de Pontevedra (Rande), ou dunha mutua patronal, un recoñecemento anual para os traballadores que presten os seus servicios nela, que será complementado cun segundo recoñecemento anual restrinxido á prevención de silicose.

Artigo 19º.-Baixa hospitalaria.

En caso de baixa hospitalaria, a empresa complementaralles ós traballadores afectados a prestación económica por ILT que, por enfermidade común ou accidental non laboral, aboa a Seguridade Social, ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización segundo detalle:

a) En canto dure a permanencia no centro hospitalario.

b) No caso de que, finalizada esta, se lle prescriba unha convalecencia domiciliaria, ampliarase a trinta (30) días máis.

c) Por ámbolos casos conxuntamente, a duración máxima deste dereito será de noventa (90) días.

As ditas circunstancias acreditaranse documentalmente.

Artigo 20º.-ILT por accidente de traballo ou enfermidade profesional.

En caso de ILT por accidente de traballo ou enfermidade profesional, a empresa complementará a prestación económica que aboará a Seguridade Social ou mutua patronal ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización, a partir dos 20 días e ata un máximo de 120 días.

Nos casos de ILT de longa duración e exceptuados aqueles casos nos que o accidente fose debido a incumprimento por parte do traballador das normas

de prevención, a empresa complementará a prestación desde o primeiro e ata un máximo de 150 días.

Artigo 21º.-Seguro de accidentes.

A empresa contratará unha póliza colectiva de accidentes de traballo para o seu persoal. A dita póliza garantirá como mínimo unha indemnización de:

-Caso de morte: 5.500.000 ptas.

-Invalidez total para traballo habitual: 5.500.000 ptas.

-Invalidez absoluta: 5.500.000 ptas.

Para os demais casos de invalidez, a indemnización será proporcional.

Artigo 22º.-Lexislación aplicable.

En todo o non previsto neste convenio, aplicarase o disposto no convenio colectivo xeral do sector da construcción e demais normas xerais de aplicación.

Artigo 23º.-Partes asinantes.

Este convenio é asinado por Francisco Carballo Meira, en representación da empresa e en representación dos traballadores do comité de empresa, formado por:

Jesús Alonso González.

Antonio Costas Iglesias.

José A. Aráujo Collazo.

Maximino Manuel Alonso Martínez.

O Porriño, 18 de xuño de 1999.

Táboa salarial ano 1999

Categoría profesionalSalarios

MensualDiario

Técnicos medios
Titulados grao medio188.403
Mestres industriais171.520

Administrativos
Xefe 1ª188.403
Xefe 2ª163.749
Oficial 1ª139.537
Oficial 2ª126.648
Auxiliar102.290
Aspirante65.197

Persoal técnico non titulado
Delineante superior163.749
Delineante 1ª139.537
Delineante 2ª126.648
Calcador102.290

Persoal técnico de organización
Técnico organización 1ª139.537
Técnico organización 2ª126.648
Auxiliar de organización102.290

Persoal técnico de fabricación
Encargado xeral184.426
Encargado de sección163.749
Contramestre144.665
Inspector de control128.760
Ordenanza113.242
Porteiro113.242
Almaceneiro113.242
Garda xurado113.242
Xefe de equipo4.571
Oficial 1ª4.412
Oficial 2ª4.246
Oficial 3ª4.082
Especialista3.879
Peón/operario de limpeza2.775

Táboa horas extras ano 1999

Categoría profesionalImporte ptas./hora

Técnicos medios
Mestres industriais1.408

Administrativos
Xefe 1ª1.472
Xefe 2ª1.329
Oficial 1ª1.230
Oficial 2ª1.152
Auxiliar1.086
Aspirante629

Persoal técnico non titulado
Delineante superior1.329
Delineante 1ª1.230
Delineante 2ª1.152
Calcador1.086

Persoal técnico de organización
Técnico organización 1ª1.230
Técnico organización 2ª1.152
Auxiliar de organización1.086

Persoal técnico de fabricación
Encargado de sección1.330
Contramestre1.204
Inspector de control1.140
Ordenanza1.107
Porteiro1.107
Almaceneiro1.107
Garda xurado1.107
Xefe de equipo1.174
Oficial 1ª1.160
Oficial 2ª1.140
Oficial 3ª1.119
Especialista1.113
Peón1.107
Operario de limpeza785