Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 14.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo da empresa Galigrain, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colecivo da empresa Galigrain, S.A. (código 1503352) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-11-1999, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo delegado de persoal, o día 18-10-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de novembro de 1999.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión que tivo lugar o 18 de outubro de 1999

Pola empresa:

Carlos González Fernández.

Polos traballadores:

Jesús M. Pampín Cea.

Na Coruña, ás 17 horas do día 18 de outubro, reúnense as persoas arriba relacionadas, para continuaren coa negociación do incremento salarial para 1999 do convenio colectivo da empresa Galigrain, S.A.

Aberta a sesión e tras analiza-las propostas expostas na reunión do 19 de xuño, adóptanse os acordos seguintes:

1. Acórdase un incremento salarial para o ano 1999 dun 2,2% con efecto retroactivo ó 1 de xaneiro de 1999 sobre os seguintes conceptos, dos que a seguir se expresan os importes resultantes:

-Táboa salarial e antigüidade: segundo anexo que se xunta.

-Horas extras normais: 1.381 pesetas/hora.

-Horas extras nocturnas: 1.533 pesetas/hora.

-Horas extras sábado mañá: 2.248 pesetas/hora.

-Complemento de adega: 307 pesetas/hora.

-Complemento de transporte: 7.154 pesetas/mes.

-Complemento dispoñibilidade: 408.800 pesetas/ano.

2. Créase unha nova hora extra, que comprende as realizadas desde as 14 horas dos sábados ata as 8 horas dos luns, ó prezo de 3.000 pesetas/hora, incluídos festivos.

3. Incremento para o ano 2000 e cláusula de revisión salarial.

Para o ano 2000 establécese un incremento do 2% sobre a táboa salarial vixente o 31 de decembro de 1999. No caso de que o IPC do ano 1999, que se publica no mes de febreiro do ano 2000, sexa superior ó 2%, efectuarase unha revisión salarial pola diferencia entre o IPC e a dita porcentaxe.

Ademais, en canto ás queixas formuladas na reunión do 19 de xuño, coméntase que a roupa de traballo está toda entregada, as revisións médicas anuais foron pasadas no mes de agosto, e coméntase tamén a proposta do igualatorio médico, a cal, por instancia da parte social, se decide non tomar en conta.

E, sendo as 18.30 horas da data, levántase a sesión, asinando esta acta os arriba sinalados.

Táboa salarial ano 1999

Grupos e categoríasSalario mensual

I. Grupo profesional de titulados
Titulado superior177.168
Titulado medio grupo A158.414
Titulado medio grupo B147.764

II. Grupo profesional de administrativos
Xefe de sección177.168
Xefe de negociado158.414
Oficial administrativo139.881
Auxiliar administrativo106.848

III. Grupo profesional de servicios operativos
Capataz xeral177.168
Capataz de operacións153.812
Xefe de mantemento147.170
Xefe de taller131.219
Encargado xeral120.377
Oficial de operacións109.922

IV. Grupo profesional de servicios varios
Carreteiro/operador de pa119.591
Almaceneiro115.726
Controlador115.726
Oficial de 1ª115.726
Operador de guindastre109.922
Conductor de camión109.922
Oficial de 2ª109.922
Peón106.133
Persoal de limpeza93.335

V. Grupo profesional de subalternos
Conserxe93.335
Cobrador93.335
Ordenanza93.335
Porteiro93.335
Vixilante93.335
Recepcionista93.335