Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 22 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia laboral e de seguridade e hixiene no traballo.

Faise saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e os interesados poden formular contra ela recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Advírteselles que terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que se xuntaba á resolución de instancias, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte á notificación da presente resolución, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1999.

José Mª Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

EmpresaDomicilio

Localidade

Nº expedienteData resolución

dirección xeral

ou consellería

PreceptosSanción imposta

InfrinxidosSancionadores

Gacopsa, S.A.Vigo (Pontevedra)538/1998 (R.O.)

169/1998 (PO)

387/1998 (AI)

9 de abril de 1999Artigos 10 e 11 e os puntos 4.b), 11.a) da parte A e 3.a), 3.b) e 5.c) da parte C) do anexo IV do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, que establece disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción e no punto 9 parte A) do anexo I do R.D. 486/1997, do 14 de abril, de disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo en relación cos artigos 14 e 15 da Lei 31/1995Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais50.000 ptas.
Otilio y José Pardo, S.L.A Coruña149/1999 (R.O.)

519/1998 (CO)

1212/1998 (AI)

23 de abril de 1999Artigo 5.a) parte B anexo IV do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción. Artigo 2.b) da parte A e 3.a) da parte C do devandito anexo xunto co artigo 187 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970)Artigo 46.4º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais50.000 ptas.
Pinturas, Revestimientos y Morteros, S.L.Rianxo (A Coruña)259/1999 (R.O.)

618/1998 (CO)

1387/1998 (AD)

7 de xuño de 1999Artigos 206.2º e 3º, e 185 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970). Artigo 11, parte C, artigos 3 e 5 do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, e artigo 4 e anexo III, apartado 9 do R.D. 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde, en relación co artigo 14 e 17 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laboraisArtigo 47.16º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais250.100 ptas.
Tecsa Empresa Constructora, S.A.Lugo368/1999 (R.O.)

6/1999 (LU)

348/1998 (AI)

15 de xullo de 1999Artigos 10 e 11.1º a) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, de disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción en conexión co artigo 8 da parte C do anexo IV da mesma norma.Artigo 47.16º b) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais250.001 ptas.
Famoga, S.L.Vigo (Pontevedra)452/1999 (R.O.)

9/1999 (PO)

1923/1998 (AI)

13 de outubro de 1999Artigo 51.2º da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo (O.M. 9-3-1971)Artigo 47.16º a) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais250.001 ptas.