Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente sancionador OU 137/99P por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do expediente sancionador que se instrúe, por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG 151, do 5 de agosto) e mais do seu reglamento aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (DOG 106, do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) dias hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Reatado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiráselles ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 189 do 9).

Ourense, 2 de novembro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 137/99P.

Denunciado: Manuel Fernández Vázquez.

DNI: 34.925.596.

Último enderezo coñecido: r/ Ramón Puga, 19 Ourense.

Feito probado: pescar ás 3 horas da madrugada, utilizando unha cana de cinco corpos e catro sedelas dormentes, tres con dous anzois.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 35.19º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: multa de 500.001 pesetas e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante dous anos.