Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 2 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación dos expedientes sancionadores por infracción da Lei de pesca fluvial OU 111/99P e OU 221/99P.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (Diario Oficial de Galicia nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non se efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 2 de novembro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

-Expediente: OU 111/99P.-Denunciado: José Ramón Gómez-Ogando Conde.-DNI: 34.598.260.-Último enderezo coñecido: Reza, 13-1º (Ourense).-Feito denunciado: pescar cangrexos sen licencia de pesca, ás 2.50 horas da noite, empregando nasas.-Precepto infrinxido e sancionador: artigo 35.19º da Lei de pesca fluvial.-Sanción: multa de entre 500.001 e 5.000.000 de pesetas, e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano e un día a tres anos.-Instructora: Miriam Areal López.

ANEXO II

-Expediente: OU 221/99P.-Denunciado: José María Barreiro Fidalgo.-DNI: 34.696.398.-Último enderezo coñecido: Cazoá. Concello de Cualedro (Ourense).-Feito denunciado: pescar en época de veda.-Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.8º da Lei de pesca fluvial.-Sanción: multa de entre 50.001 e 500.000 pesetas, e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.-Instructora: Miriam Areal López.