Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 18 de novembro de 1999, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación de varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (6/1999 e sete máis).

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítanse os expedientes de clasificación dos montes coas características que a seguir se indican:

Expediente número 6/1999.

Denominación: montes de Donís.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Donís.

Parroquia: Donís.

Concello: Cervantes.

Superficie: 110 hectáreas.

Estremas:

Norte: termos de Castelo, O Pando, O Mazo e Moreira. Leste: termo de Piornedo. Sur: termos de Xantes e Vilarello. Oeste: Vilar e Cabana Xaraz.

Descrición do perímetro:

Polo norte segue o curso do río Ser augas arriba dividindo cos montes de Castelo, O Pando, O Mazo e Moreira. Polo leste divide co termo de Piornedo polos predios particulares deste. Polo sur divide con Xantes e Vilarello, polo río de Piornedo e polo oeste

divide con Vilar e Cabana Xaraz polo río de Robledo ata a súa confluencia co río Ser.

Expediente número 7/1999.

Denominación: montes de Piornedo.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Piornedo.

Parroquia: Donís.

Concello: Cervantes.

Superficie: 710 hectáreas.

Estremas:

Norte: co río Ser, dividindo co termo de Moreira. Leste: provincia de León. Sur: provincia de León, e monte de Xantes e Vilarello. Oeste: monte de Xantes e Vilarello, e montes e termo de Donís.

Descrición do perímetro:

Polo norte dividindo termo con Moreira, segue o curso do río Ser augas arriba ata chegar á mouteira do límite coa provincia de León. Polo leste segue esta mouteira ata subir a Penalonga e o Mostellar, e polo sur ata o Pico da Lanza, onde xa empeza a lindar co monte de Xantes e Vilarello. Polo oeste segue con este último na dirección sur-norte baixando por todo o teso que divide augas por Campa del Tormantes, Campa de Agulleiro, Pena de Pandeliños, Cotarón, Pena de Castro e Campa de Pumares, xa no río de Ponte de Bous. De aquí atravesa os predios particulares na dirección noreste dividindo termo con Donís, ata chegar ó río Ser.

Dentro do perímetro así descrito quedan comprendidos tódolos predios particulares e termo de Piornedo, incluso o mesmo núcleo urbano.

Expediente número 8/1999.

Denominación: montes de Fonteferreira.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Fonteferreira.

Parroquia: O Cebreiro.

Concello: Pedrafita do Cebreiro.

Superficie: 47 hectáreas.

Estremas:

Norte: monte de Foxos. Leste: monte de Barxamaior. Sur: monte da Lagúa de Táboas, termo e monte da Moeda, e termo de Coterces. Oeste: río Navia que divide co termo de Mata.

Descrición do perímetro:

O perímetro de todo o termo veciñal, comprendendo as dúas parcelas de monte, os predios particulares e a mesma aldea, pode describirse empezando polo extremo oeste na Pena de Lóriga, no río Navia, onde concorren con este termo os de Coterces, Modreiro e A Mata. Segue con este último polo río abaixo ata o punto da confluencia co regato de Boicela, aquí apártase do río na dirección oeste-leste subindo a media ladeira facendo límite co monte

de Foxos ata a lomba de Aquel Cabo; por esta sobe na dirección suroeste, dividindo co monte de Barxamaior ata Molinares e despois seguindo de norte a sur o camiño do Cebreiro ata Fonte do Carballo, xa limitando co monte da Lagúa de Táboas; con este vai de leste a oeste ata subir a Chao dos Carozos; aquí empeza a limitar co monte de Moeda, co que baixa de sur a norte a Valigote de Negredo e faldreando de leste a oeste chega a Fonte de Fontais, onde xa limita co termo de Coterces, co que baixa cara ó oeste ata o río Navia por Pena de Lóriga, onde se comezou.

Expediente número 9/1999.

Denominación: montes de Moeda.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Moeda.

Parroquia: O Cebreiro.

Concello: Pedrafita do Cebreiro.

Superficie: 28 hectáreas.

Estremas:

Norte: termo de Fonteferreira. Leste: termo e monte da Lagúa de Táboas. Sur: monte e termos de Liñares e Coterces. Oeste: termos de Liñares e Coterces.

Descrición do perímetro:

O perímetro de todo o termo veciñal, comprendendo as dúas parcelas de monte, os predios particulares e a mesma aldea, pode describirse empezando no extremo noroeste en Fonte de Fontais, onde concorren con este termo os de Coterces e Fonteferreira; con este último vai faldreando de oeste a leste ata Valigote de Negredo e de aquí de norte a sur subindo a Chao dos Carozos. Aquí empeza a limitar coa Lagúa de Táboas, coa que segue cara ó suroeste baixando por Pena de Moeda ata Outeiro, xa limitando con predios particulares do regueiro de Pradelo; sobe por este cara ó leste entre predios particulares e despois polo regueiro de Parede na dirección norte-sur sobe a Fonte Cabeira, xa moi preto da estrada de Sarria a Pedrafita. En Fonte Cabeira empeza a limitar co monte de Liñares e Coterces, primeiro na dirección noroeste llaneando ata Chao do Seixo e despois baixando por unha lomba na dirección sur-norte seguindo o camiño de Liñares a Coterces ata Travesa entre predios particulares, de onde

sobe por Cerrecín ata Fonte de Fontais, onde se comezou.

Expediente número 10/1999.

Denominación: monte de Brimbeira.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Brimbeira.

Parroquia: Liñares.

Concello: Pedrafita do Cebreiro.

Superficie: 24 hectáreas.

Estremas:

Norte: monte de Teixoeiras e Vilarín do Monte. Leste: termos e montes de Coterces e Liñares. Sur: termos e montes de Liñares e Coterces. Oeste: monte de Hospital.

Descrición do perímetro:

O perímetro de todo o termo veciñal, comprendendo o monte, predios particulares e a mesma aldea, pode describirse comezando polo extremo norte en Chao de Brimbeira, onde concorren con este monte os de Teixoeiras e Vilarín do Monte, e Coterces e Liñares; con este último baixa na dirección sureste por unha lomba ata o regueiro de Arroxos e despois por este arriba na dirección suroeste ata subir ó Campo de San Roque, xa na estrada de Sarria a Pedrafita, onde concorren con este monte, ademais do citado de Liñares e Coterces, o de Veiga de Forcas e o de Hospital. Con este último segue na dirección noroeste subindo polo máis alto do Campo de San Roque e baixando á Pena de Saltacarros, onde xa empeza a limitar co monte de Teixoeiras e Vilarín do Monte, co que segue en liña recta na dirección nordés subindo a Chao de Brimbeira, onde se comezou.

Expediente número 11/1999.

Denominación: montes de Lousada.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Lousada.

Parroquia: Lousada.

Concello: Pedrafita do Cebreiro.

Superficie: 143 hectáreas.

Estremas:

Norte: termo de Seixo. Leste: monte de Pacios. Sur: río Lor, dividindo co monte de Chan da Pena. Oeste: termo municipal do Courel.

Descrición do perímetro:

O perímetro de todo o termo veciñal, comprendendo estes montes, os predios particulares e a mesma aldea, pode describirse empezando polo norte, onde este monte e termo dividen co termo de Seixo, pola Matrema subindo a Chao de Outeiro. Aquí empeza a limitar co monte de Pacios, co que segue na dirección sudeste por Fonte do Outeiro, sendeiro de Carba, baixando a Beluqueira e polo regato das Cabanas abaixo chega ó río Lor. Polo sur segue o río Lor abaixo dividindo co monte de Chan da Pena ata chegar ás Labradas, xa no límite co termo municipal do Courel. Polo oeste segue esta Mouteira ata chegar fronte á Matrema, onde se comezou.

No perímetro así descrito para este termo veciñal de Lousada non queda incluído o monte Carbas que

estes veciños din ter en mancomunidade cos de Pacios, xa que estes xustificaron ter inscrita ó seu favor parte deste monte.

Expediente número 12/1999.

Denominación: montes de Seixo.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Seixo.

Parroquia: Pacios.

Concello: Pedrafita do Cebreiro.

Superficie: 180 hectáreas.

Estremas:

Norte: monte de Pallarvello e Porfía. Leste: monte e termo de Pacios. Sur: termo de Lousada. Oeste: termo municipal do Courel. Oeste: termo municipal do Courel e monte de Louzarela.

Descrición do perímetro:

O perímetro de todo o termo veciñal, comprendendo os montes, os predios particulares e a mesma aldea, pode describirse comezando polo extremo noroeste na Veiga do Navallo, onde concorren con este monte o termo municipal do Courel e o monte de Louzarela. Con este último divide de sur a norte nun pequeno treito subindo a Penelo da Roxa, aquí empeza a limitar co monte de Pallarvello e A Porfía, co que segue na dirección sueste subindo pola lomba de Escandado ata Pozo da Legua; aquí comeza a limitar co monte de Pacios, co que segue primeiro na dirección sueste baixando a Fondo do Val da Braña e despois de norte a sur por Fonte do Pradairo baixa ó regueiro de Fondestela, xa entre predios particulares, onde toma a dirección leste-oeste subindo a Chao de Outeiro; aquí empeza a limitar co termo de Lousada, co que parte por entre predios de leste-oeste pola Matrema ata chegar ó límite co concello do Courel. Polo oeste segue a mouteira entre concellos, na dirección noroeste por Pena de Vales e

Pena Longa ata chegar a Veiga do Navallo, onde se comezou.

Expediente número 14/1999.

Denominación: monte Serra do Moncaio.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Fornelas.

Concello: A Pobra de Brollón.

Superficie: 61 hectáreas.

Estremas e perímetros:

Norte: predios particulares da parroquia de Fornelas. Leste: predios particulares da parroquia de Fornelas e monte comunal da parroquia de Cereixa. Sur: monte Serra Pequena, Moncaio e Cornado nº elenco 2715773 pertencente á comunidade de Rei

gada e conveniado o 24 de xuño de 1991 coa Xunta de Galicia. Límite de termo municipal entre A Pobra de Brollón e Monforte de Lemos, e monte comunal da parroquia de Reigada. Oeste: monte comunal da parroquia da Parte, e límite de termo municipal entre A Pobra de Brollón e Monforte de Lemos.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o 15 de xuño de 1999 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por este edicto faise pública a iniciación dos expedientes indicados co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir nos expedientes iniciados e formularen perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 18 de novembro de 1999.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo