Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 411 e 545/1999.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución; transcorrido aquel, contarán con novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que estimen oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 411/1999.

Acta Inf. nº 453/1999.

Empresa: Edimelve 28.06, S.L.

NIF/DNI: B-36.824.647.

Enderezo: Pi y Margall, 53, Vigo (Pontevedra).

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que figuran no expediente: acta de infracción, xustificante da recepción do 2-8-1999.

Proposta de sanción: 250.100 ptas.

Expediente nº: 545/1999.

Acta Inf. nº: 827/1999.

Empresa: Lan Bila Bulegoa ETT, S.L.

NIF/DNI: B-20.505.632.

Enderezo: Otaola Hiribidea, 3. Centro comercial Ipurua. Eibar (Guipúscoa).

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que figuran no expediente: acta de infracción, publicación no BOP do 18-8-1999 e no taboleiro de edictos do Concello de Eibar do 24-9-1999.

Proposta de sanción: 251.000 ptas.

A Coruña, 10 de novembro de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña