Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan Xeral Municipal de Ordenación do Concello de Cabana de Bergantiños.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria e urxente, celebrada o día 9 de xuño de 1999, acordou prestar aprobación definitiva por maioría absoluta do número legal dos seus membros ó Plan Xeral Municipal de Ordenación.

O que se fai público para a súa executividade, cumprindo así co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sinalando que, contra este acto administrativo, que é definitivo na vía administrativa, de acordo co disposto no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co disposto no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas, na súa redacción da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro; ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdicción.

Se se opta pola interposición do recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 117.2º da referida Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º da Lei

30/1992; a partir dese momento poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme preceptúan os artigos 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Malia o anterior, poderán os interesados interpoñer calquera outro recurso que coiden por conveniente.

Cabana de Bergantiños, 10 de novembro de 1999.

Xosé Ramón Lema Mira

Alcalde-presidente en funcións