Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARTELLE

ANUNCIO.

Con data do 5 de novembro de 1999, foi aprobado polo Pleno do Concello o prego de cláusulas administrativas para a contratación do servicio de abastecemento de auga, o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso, polo trámite ordinario.

Obxecto do contrato de concesión: a explotación (xestión e prestación integral) do servicio de abastecemento de auga, inclúense tamén o mantemento das estacións de captación, depuración, impulsión, depósitos, etc., do servicio domiciliario de auga potable no termo municipal de Cartelle, así como as ampliacións e melloras futuras que se realicen durante a vixencia do contrato.

Fianza provisional: 200.000 pesetas.

Fianza definitiva: 5.000.000 de pesetas, incrementada anualmente segundo o IPC do período.

Proposicións: presentaranse no rexistro de entrada do concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do seguinte día hábil (agás sábado), a aquel en que remata o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Cartelle, teléfono: 988 49 11 11. Fax: 988 49 11 20.

Cartelle, 11 de novembro de 1999.

Mª Carmen Leyte Coello

Alcaldesa